Canela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canela
Cinnamomum verum1.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Laurales
Xénero: Lauraceae
Nome científico
Cinnamomun verum
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A árbore da canela (Cinnamomum zeylanicum ou Cinnamomum verum) é unha árbore de folla perenne, duns 10-15 m, procedente da Sri Lanka (antiga Ceilán). Aprovéitase como especia a súa codia interna desecada, extraída pelando as pólas e se emprega en rama ou moída (en po).

Índice

[editar] Etimoloxía

O nome da canela deriva do vocablo grego kínamon

[editar] Localización

Na actualidade cultívase ademais da Sri Lanka, na India, no sur da China, Madagascar e no Brasil.

[editar] Emprego

Moída emprégase nas sobremesas, pasteis, doces, etc.; e en rama emprégase para adornar e sazonar algúns pratos. Non obstante, o seu uso máis estendido está no famoso de canela, producido ao ferver as pólas da canela en auga ata obter a infusión, engadindo azucre.

O uso do té de canela, está moi extendido en México e nas zonas de influencia mexicana, como o sur dos Estados Unidos e América Central, chegando a competir con outras bebidas quentes, como o café e o chocolate. Cómpre resaltar que o té se prepara coa variedade de Sri Lanka.

Tamén é un ingrediente de moitas salsas, curri e outros pratos de oriente, onde se empregan as variedades de Sri Lanka e China, ademais do po e as follas do caneleiro.

[editar] Beneficios medicinais

A canela é empregada dende a antigüidade na España rural para inducir o sono ós nenos, tanto en infusións como fumado. Foi un relaxante que empregaban as nais rurais para durmir ós nenos á hora de ir traballar ao campo. Tamén foi común o seu uso nas mulleres cando tiñan retrasos na menstruación.

Outros dos beneficios medicinais que proporciona a canela é que cando existen abrasións na lingua por comer ou tomar cousas quentes, a barra de canela serve para sedar a dor e cicatrizar as papilas gustativas.

[editar] Ligazóns externas

Ficha da canela en Infojardín.com (en castelán)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas