Pablo Infante
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Pablo Infante Muñoz | ||
| Nacemento | 20 de marzo de 1980 (33 anos) | ||
| Lugar | Burgos, España | ||
| Altura | 1,68 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Mirandés | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Real Burgos | |||
| Vadillo | |||
| Racing Lermeño | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1999–2002 | Racing Lermeño | ||
| 2002–2003 | Río Vena | ||
| 2003–2005 | Arandina | ||
| 2005– | Mirandés | 237 | (110) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 22 de xaneiro de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Pablo Infante Muñoz, nado en Burgos o 20 de marzo de 1980, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o CD Mirandés da Segunda División de España.
Traxectoria [editar]
A tempada 2011-12 estivo chea de éxitos tanto para el coma para o seu equipo. O CD Mirandés proclamouse campión do seu grupo da Segunda División B e conseguiu o ascenso á Segunda División tras derrotar no play-off ao Atlético Baleares. Ademais, o equipo foi quen de alcanzar as semifinais da Copa do Rei, onde foi finalmente derrotado polo Athletic de Bilbao, e Pablo Infante erixiuse como máximo goleador da competición cun total de sete dianas.