Midlands do Oeste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de West Midlands

Os Midlands do Oeste (en inglés, West Midlands) é unha das nove rexións de Inglaterra. Comprende os condados das Midlands Occidentais, Herefordshire, Shropshire, Staffordshire, Warwickshire e Worcestershire. Non hai que confundir a rexión de West Midlands co seu condado integrante de West Midlands. Segundo o censo do 2001 conta cunha poboación de 5.267.337 habitantes distribuídos nunha área de 13.004 quilómetros cadrados, sendo a principal cidade da rexión Birmingham. Outras cidades de importancia son Coventry, Stoke-on-Trent, Wolverhampton, Dudley, Walsall, Telford, West Bromwich e Sutton Coldfield.