Pavillón Príncipe Felipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encontro de baloncesto no Pavillón Príncipe Felipe.

O Pavillón Príncipe Felipe é un recinto multiusos cuberto da cidade de Zaragoza, adicado a eventos deportivos e concertos, con capacidade para acoller a 11.000 persoas sentadas nas bancadas. O pavillón foi inaugurado en 1990, e nel xogan como locais os equipos Basket Zaragoza da ACB, e Balonmano Aragón da ASOBAL. Ata o ano 2007 tamén tiña a súa localía neste pavillón o equipo Sala 10 Zaragoza da LNFS, que actualmente xoga no pavillón Siglo XXI.

Eventos deportivos[editar | editar a fonte]

Baloncesto
Balonmán
Fútbol Sala

Concertos[editar | editar a fonte]

O Pavillón Príncipe Felipe é un recinto moi empregado para facer eventos culturais en forma de concertos. Oasis, Maná, Mark Knopfler, Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Amaral, Rod Stewart, El Canto del Loco e The Who son algúns dos artitas e bandas que teñen actuado nestas instalacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]