Centro de entretemento de Khan Shatyr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro de entretemento de Khan Shatyr
Edificio
CustoUS$400 000 000
LocalizaciónAstana, Casaquistán
Coordenadas51°07′56″N 71°24′14″L / 51.132222222222, 71.403888888889Coordenadas: 51°07′56″N 71°24′14″L / 51.132222222222, 71.403888888889
Construción
Iniciodecembro de 2006
Rematexullo de 2010
Dimensións
Altura máxima150 m
Superficie por planta100 000 m2
Equipo
Arquitecto(s)Foster and Partners
Enxeñeiro estruturalBuro Happold
editar datos en Wikidata ]

O Centro de entretemento de Khan Shatyr é un edificio transparente da cidade de Astana, a capital de Casaquistán. O proxecto arquitectónico deuno a coñecer o Presidente de Casaquitán Nursultan Nazarbayev o 9 de decembro de 2006 e inaugurouse en xullo de 2010. Foi deseñado polo arquitecto británico e Premio Pritzker Norman Foster.[1]

A tradución literal de Khan Shatyr sería "a tenda do Khan" en referencia á tenda que un gobernante nómade casaco empregaba durante as súas campañas e a estrutura do propio edificio estaría inspirada neste tipo de tenda. Con 150m de altura, ten unha base elíptica de 200 m que cobre unha área de 100 000m m2.[2] Debaixo da carpa, ten unha área maior que 10 estadios de fútbol, cun parque interno a escala urbana, con zona comercial e de entretemento con prazas e rúas, un río, un minigolf e un resort de praia interior.

Este é o segundo edificio de Foster na capital centroasiatica, despois do Palacio da Paz e a Reconciliación[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Viva, Arquitectura. "Norman Foster en Kazajistán: Centro Khan Shatyr". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2016. 
  2. "Foster and Partners page on the project". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2009. Consultado o 05 de agosto de 2014. 
  3. "Palacio de la Paz y la Reconciliación | Foster + Partners". www.fosterandpartners.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]