Armin Laschet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArmin Laschet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Aquisgrán, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Membro do Bundestag
26 de outubro de 2021 –
Lexislatura: 20th German Bundestag (en) Traducir

Circunscrición electoral: Q109290586 Traducir

Leader of the Christian Democratic Union (en) Traducir
22 de xaneiro de 2021 –
← Annegret Kramp-Karrenbauer
Commissioner for Franco-German Cooperation (en) Traducir
1 de xaneiro de 2019 – 2021
Member of the Bundesrat of Germany (en) Traducir

30 de xuño de 2017 – 26 de outubro de 2021
Minister-President of North Rhine-Westphalia (en) Traducir
27 de xuño de 2017 – 25 de outubro de 2021
← Hannelore Kraft (pt) TraducirHendrik Wüst (pt) Traducir →
Member of the Landtag of North Rhine-Westphalia (en) Traducir
9 de xuño de 2010 –
Member of the Bundesrat of Germany (en) Traducir

9 de marzo de 2010 – 15 de xullo de 2010
Eurodeputado

20 de xullo de 2004 – 29 de xuño de 2005

Circunscrición electoral: Alemanha (pt) Traducir

Eurodeputado

20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: Alemanha (pt) Traducir

Membro do Bundestag
10 de novembro de 1994 – 26 de outubro de 1998
Lexislatura: 13th German Bundestag (en) Traducir

Concelleiro Aquisgrán
1989 – 2004 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPius gymnasium Aachen (en) Traducir (–1981)
Universidade de Múnic
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Düsseldorf
Bonn
Bruxelas
Estrasburgo
Aquisgrán Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Aachen (pt) Traducir (valor descoñecido–2015)
Rita Süssmuth Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Demócrata Cristiá de Alemaña (1979–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
20212021 CDU/CSU Facemask Scandal (en) Traducir
12 de febreiro de 2017Eleição presidencial da Alemanha de 2017 (pt) Traducir
3 de outubro de 2013Q105756728 Traducir
18 de marzo de 2012Eleição presidencial da Alemanha de 2012 (pt) Traducir
30 de xuño de 2010Eleição presidencial na Alemanha em 2010 (pt) Traducir
23 de maio de 2009Eleições presidenciais na Alemanha em 2009 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSusanne Laschet (1985–)
FillosJohannes Laschet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiMarcella Laschet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webarmin-laschet.de Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3428438 Facebook: ArminLaschet Twitter: ArminLaschet Instagram: armin_laschet Editar o valor em Wikidata

Armin Laschet, nado o 18 de febreiro de 1961 en Aquisgrán (Renania do Norte-Westfalia, Alemaña), é un xornalista e político alemán membro da Unión Demócrata Cristiá de Alemaña (CDU).

Militante da CDU dende os 18 anos, estudou Dereito antes de converterse en xornalista. Foi elixido, en 1989, concelleiro municipal da súa cidade natal, Aquisgrán.

Converteuse en deputado federal no Bundestag en 1994 mais non foi reelixido en 1998. Foi membro do Parlamento Europeo entre 1999 e xuño de 2005, ano en que foi nomeado ministro de Renania do Norte-Westfalia.

Elixido en 2012 presidente da Unión Demócrata Cristiá de Renania do Norte-Westfalia logou unha vitoria inesperada nas eleccións rexionais de 2017. Grazas a isto foi investido ministro-presidente de Renania do Norte-Westfalia.

En xaneiro de 2021 foi electo presidente federal da CDU, sendo escollido tres meses despois como o candidato CDU/CSU á chancelería para as eleccións federais de setembro de 2021. Nelas, a CDU foi superada polo SPD e perdeu o goberno logo de 16 anos. Armin Laschet deixou a presidencia do partido en 2022.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade[editar | editar a fonte]

A familia de Armin Laschet é orixinaria de Valonia (Bélxica) e de relixión católica. O avó, Hubert Laschet (1899-1984), nado de Haine-Saint-Pierre,[1] actualmente na cidade de La Louvière (provincia de Hainaut), mudouse cara a 1920 a Aquisgrán logo de morar en Hergenrath (actual provincia de Liexa), unha aldea próxima a Aquisgrán pero que fora anexionada a Bélxica en aplicación do Tratado de Versalles.[2] Alí casou con Hubertina Wetzels (1900-1979), nada en Aquisgrán, pero cuxos pais procedían de Welkenraedt, un municipio de fala alemá da provincia de Liexa, en Bélxica.[3]

A súa nai, nada Marcella Frings (1933-2013), era ama de casa,[4] e o seu pai Heinrich ou Heinz Laschet (nacido en 1934) foi un capataz de minas en Alsdorf, logo director dunha escola primaria.

Armin Laschet uniuse á CDU con 18 anos, en 1979. Dous anos despois aprobou con éxito o bacharelato en Aquisgrán. Logo matriculouse na Universidade Ludwig-Maximilians de Múnic para estudar dereito. Continuou os seus estudos na Universidade de Bonn.[5]

En 1985, casou con Susanne Malangré, amiga dende que coincidiran durante a infancia no coro parroquial, e membro dunha relevante familia da burguesía industrial de Aquisgrán, tamén de orixe valoa.[6][7]

En 1986 foi correspondente en Bonn (entón capital federal) da radio muniquesa Charivari 95.5 e tamén traballou para a canle de televisión bávara BR Fernsehen.[8] Aínda que en 1987 superou o primeiro exame para ser avogado, suspendeu o segundo, polo que continuou profesionalmente no exercicio do xornalismo.[9][10] Entre 1991 e 1994 nomeárono redactor xefe do diario católico, KirchenZeitung Aachen e, entre 1995 e 1999, director da editorial Einhard Verlag, tamén vencellada á bispado de Aquisgrán.[11]

Inicios na política[editar | editar a fonte]

Compatibilizando co xornalismo, traballa con Rita Süssmuth, presidenta do Bundestag, entre 1987 e 1994. En 1989 gañou o seu primeiro mandato electoral, como concelleiro de Aquisgrán. Con 28 anos anos foi o membro máis novo do corporación municipal.

En 1994 foi o candidato nas eleccións federais no distrito Aquisgrán I pola CDU. Resultou escollido co con 46,2% de votos emitidos, por diante da socialdemócrata Ulla Schmidt por volta dun 5 300 votos.[12] Mantívose no cargo ata 1998, cando non logrou revalidar o posto sendo derrotado pola anterior por máis de 6 500 votos.[13]

Ascenso político[editar | editar a fonte]

Obtivo un escano no Parlamento Europeo nas eleccións do 13 de xuño de 1999, polo que renunciou ás súas funcións profesionais. Durante o seu primeiro quinquenio en Estrasburgo, foi membro do comité de orzamentos, do de asuntos exteriores así como da delegación parlamentaria UE-Romanía e UE-Estonia.[14] Volveu resultar electo en 2004 formando parte do comité de asuntos exteriores e da delegación parlamentaria da UE e as repúblicas do Cáucaso.[15]

Renuncia á acta de eurodeputado en xuño de 2005 para ser o ministro de Xeracións, Familias, Mulleres e Integración, sendo logo o de Asuntos federais, Europa e Comunicación de Renania do Norte-Westfalia. Deste xeito, con 44 anos forma parte do executivo da coalición entre a CDU e a FDP (Partido Liberal Democrático) do ministro-presidente demócrata-cristián Jürgen Rüttgers. Co gallo das eleccións lexislativas rexionais do 9 de maio de 2010, é elixido membro do Landtag, o lexislativo do estado federado. Con todo, nesas eleccións a CDU e o SPD quedaron nunha situación de empate, non sendo quen, os democristiáns, de formar goberno.[16] Ruttgers dimitiu á fronte da CDU do estado federado e aínda que Laschet intentou ser escollido como novo líder, finalmente impúxose Norbert Röttgen, ministro federal de Medio Ambiente.[17]

A contundente derrota do partido nas eleccións anticipadas de 2012, cando a CDU perdeu máis dun 8% do voto quedando a case 13 puntos dos socialdemócrtas, provocou a dimisión de Röttgen e Laschet é elixido líder da CDU en Renania do Norte-Westfalia.[18] Deste xeito, en decembro de 2012, foi nomeado un dos vicepresidentes federais da Unión Demócrata Cristiá, baixo a presidencia de Angela Merkel.

Armin Laschet con Ursula von Layen na Conferencia do partido da CDU de Alemaña, o 14 de decembro de 2015, en Karlsruhe

Ministro-presidente de Renania do Norte-Westfalia[editar | editar a fonte]

Eleccións lexislativas de 2017[editar | editar a fonte]

Para as eleccións do 14 de maio de 2017, lidera a campaña da CDU contra o ministro-presidente de Renancia do Norte-Westfalia, a socialdemócrata Hannelore Kraft. Mentres as enquisas anunciaban unha vitoria para o SPD, as intencións de voto trocaron na última semana de campaña. Así, os comicios foron gañados pola CDU co 32,96% dos votos emitidos e 72 deputados dos 199 do Landtag, o que significaba 147 500 votos e 1,7% por diante do SPD.[19]

Un pacto entre a CDU e o FDP lograría 100 deputados, xusto no limiar preciso para a maioría absoluta, polo que apenas cinco días despois das eleccións, Laschet e Christian Lindner, líder do Partido Liberal Democrático (FDP) iniciaron negociacións. As discusións centraranse principalmente na educación, economía e seguridade pública.[20] As partes chegaron a un acordo o 13 de xuño, o que lle permitiu a Laschet presentarse á investidura.[21]

Investidura e goberno[editar | editar a fonte]

0 27 de xuño de 2017, o Landtag de Renania do Norte-Westfalia designou a Armin Laschet como ministro-presidente grazas ao voto favorable de 100 deputados fronte os 80 que votaron en contra.[22] Como xefe do goberno do Estado forma un executivo integrado por 13 ministros da coaliación "negra-amarela" que o sostiña.[23]

Despois de que Angela Merkel anunciase o 29 de outubro de 2018 que non volería a presentarse á presidencia da CDU, cítase o nome de Laschet entre os seus potenciais sucesores, xunto coa secretario xeral Annegret Kramp-Karrenbauer e o ministro federal de Sanidade, Jens Spahn.[24] Con todo, en febreiro de 2020, Annegret Kramp-Karrenbauer, discutida a nivel interno logo dunha serie de derrotas electorais en diferentes estados, anunciou que deixaría a presidencia do partido e a posibilidade de ser a candidata á chancelaría federal.

Presidente federal da CDU[editar | editar a fonte]

O 16 de xaneiro de 2021, Armin Laschet, que representaba a continuidade coas políticas de Angela Merkel, é elixido presidente da CDU alemá fronte a Friedrich Merz, ex deputado e empresario, representante da á dereita do partido, e Norbert Röttgen, presidente do Comité de Asuntos Exteriores Asuntos do Bundestag.[25][26]

Preséntase como un "europeo convencido, fervoroso defensor das políticas de acollida e integración de Angela Merkel", o que lle valeu o alcume "Armin o turco".[27] Dentro do partido, Laschet foi un dos poucos en apoiala plenamente logo da súa decisión de acoller a centos de miles de migrantes en 2015. Cara ás eleccións federais, Laschet tivo que facer fronte á gran popularidade do ministro-presidente de Baviera e xefe da CSU, Markus Söder, considerado segundo as enquisas como un mellor candidato á Chancelaría Federal.[28]

Finalmente, o 20 de abril de 2021, foi elixido como o candidato común da CDU/CSU á chancelaría nas eleccións federais do 26 de setembro: durante unha reunión do comité executivo da CDU, recolle 77,5% dos votos emitidos a favor, é dicir, o apoio de 67% de membros do comité tendo en conta as abstencións.[29]

Pretende seguir a continuidade da chanceler Angela Merkel, en particular en cuestións de ortodoxia orzamentaria. Oponse así á introdución dun imposto sobre a riqueza, propón abolir o imposto de solidariedade e reducilo en 30% a 25% de imposto máximo sobre os beneficios das empresas. Tamén se comprometeu á redución da débeda das administracións públicas como unha das prioridades do seu programa económico.[30]

Se ben ata a primavera de 2021, Os Verdes lideraban as enquisas para as eleccións federais,[31] a aposta centrista de Laschet permitiu trocar esta situación e que a CDU recuperara a primeira posición á fronte dos inquéritos. Mais, as catastróficas inundacións de xullo de 2021 en Renania-Palatinado e Renania do Norte-Westfalia, axitaron o panorama político alemán. Ademais, nunha homenaxe ás vítimas, as cámaras retrataron a Armin Laschet rindo durante o discurso do presidente federal Frank-Walter Steinmeier. Malia a que se disculpou despois, Laschet foi moi criticado por este xesto.[32][33]

A súa campaña ficou afectada por ese feito e nas semanas seguintes foi incapaz de frear o avance dos socialdemócratas dirixidos por Olaf Scholz.[34] Se ben as enquisas mostraban que o SPD partía da terceira posición, en poucas semanas adiantou a Os Verdes.[35] A progresión socialdemócrata non parou e, a finais de agosto, conseguía igualar e superar á CDU/CSU.[36][37] Os dous primeiros debates electorais televisados non lle serviron a Laschet para relanzar a súa candidatura pois en ambos Scholz foi quen de impoñerse.[38][39]

O día das eleccións, o 26 de setembro de 2021, Laschet protagonizou unha das anécdotas da xornada pois, contravindo por erro as normas electorais, amosou o seu voto en público por dobrar inadecuadamente a papeleta.[40] O escrutinio mostrou que a CDU/CSU conseguira un 24.1% dos votos, 8,9% menos que cinco anos antes, véndose superada a coalición polo SPD de Olaf Scholz.[41] Na súa valoración, Laschet non descartou formar un executivo se conseguía apoios, pois consideraba que o SPD non lograra un "mandato claro" para gobernar.[42] Malia a súa confianza na chamada "Coalición Xamaica", é dicir, de democristiáns, verdes e liberais, a principios de outubro comunicou que estaría disposto a deixar a dirección da CDU e fomentar a súa renovación.[43]

Finalmente, o 22 de xaneiro de 2022, a CDU escolleu como presidente federal do partido, e sucesor de Laschet, a Friedrich Merz con case o 95% dos votos dos delegados.[44]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La famille d’Armin Laschet, probable futur chancelier d’Allemagne, est originaire... de Haine-St-Pierre". sudinfo.be (en francés). 2021-01-16. Consultado o 2021-09-18. 
  2. "Armin Laschet, nieuwe Duitse CDU-leider, heeft Belgische roots: “Hij heeft nog altijd een nauwe band met ons land”". www.nieuwsblad.be (en neerlandés). Consultado o 2021-09-18. 
  3. Bernhard Willems, "Die früheren Grundherren des Bereiches von Eupen", Ostbelgische Chronik, Band. 2, 1949
  4. Doolia. "Marcella Laschet, gestorben am 28.04.2013 (Traueranzeige/Todesanzeige auf Doolia.de)". Doolia.de (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  5. "Armin Laschet: CDU-Aufstieg, Frau Susanne und Vermögen". praxistipps.focus.de (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  6. "The wannabe Merkels". POLITICO (en inglés). 2020-02-25. Consultado o 2021-09-18. 
  7. Müllender, Bernd (2021-08-02). "Der junge Armin Laschet: Gyros statt Glamour". Die Tageszeitung: taz (en alemán). ISSN 0931-9085. Consultado o 2021-09-18. 
  8. "Ehemaliger Charivari-Korrespondent Armin Laschet gewinnt NRW Wahl". www.charivari.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-18. 
  9. "Armin Laschet: CDU-Aufstieg, Frau Susanne und Vermögen". praxistipps.focus.de (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  10. "Armin Laschet im Porträt: Katholisch, liberal, rheinisch". BR24 (en alemán). 2021-09-15. Consultado o 2021-09-18. 
  11. Germany, Kirche und Leben, Münster. "Laschet neuer CDU-Chef – Katholik, Jurist, Kirchenzeitungs-Journalist". www.kirche-und-leben.de (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  12. "Endgültiges Ergebnis der Wahl zum 13. Deutschen Bundestag am 16. Oktober 1994 im Nordrhein Westfalen" (PDF). landtag.nrw.de. Consultado o 18-09-2021. 
  13. "BUNDESTAGSWAHL 1998 Endgültige Ergebnisse in Nordrhein-Westfalen" (PDF). Archived from the original on 06 de outubro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  14. "5th parliamentary term: Armin LASCHET". europarl.europa.eu. 
  15. "6th parliamentary term: Armin LASCHET". europarl.europa.eu. 
  16. Nordhrein-Westfalen, Landtag. "Landtag NRW: 15. Wahlperiode 2010 bis 2012". www.landtag.nrw.de (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  17. "Deutscher Bundestag - Dr. Norbert Röttgen". Deutscher Bundestag (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  18. "Parteitag in Krefeld: NRW-CDU wählt Laschet zum neuen Vorsitzenden". www.handelsblatt.com (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 2021-09-18. 
  19. Nordhrein-Westfalen, Landtag. "Landtag NRW: 17. Wahlperiode seit 2017". www.landtag.nrw.de (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  20. "Machtwechsel in NRW: CDU und FDP verhandeln über Koalition". Kölner Stadt-Anzeiger (en alemán). 2017-05-19. Consultado o 2021-09-18. 
  21. "Nordrhein-Westfalen: Schwarz-gelber Koalitionsvertrag steht". FAZ.NET (en alemán). ISSN 0174-4909. Consultado o 2021-09-18. 
  22. "Laschet ist neuer Regierungschef in NRW". Die Zeit. 27-6-2017. Consultado o 18-09-2021. 
  23. ONLINE, RP (2017-06-29). "Armin Laschet stellt Kabinett vor: Das sind die Minister der schwarz-gelben Koalition in NRW". RP ONLINE (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  24. "Merkel annonce son retrait de la vie politique pour 2021". LEFIGARO (en francés). Consultado o 2021-09-18. 
  25. Diario, Nós. "O centrista Armin Laschet elixido presidente da CDU alemá". Nós Diario. Consultado o 2021-09-18. 
  26. "CDU wählt Laschet zum Parteichef". www.zdf.de (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  27. "Qui est Armin Laschet, candidat de la CDU à la succession d'Angela Merkel ?". LExpress.fr (en francés). 2021-01-16. Consultado o 2021-09-18. 
  28. Staff, Reuters (2020-03-19). "Bavaria head more popular than Merkel in midst of coronavirus crisis". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-09-18. 
  29. Berlin, Derek Scally in. "Armin Laschet clinches nomination to run for German chancellor". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2021-09-18. 
  30. "En Allemagne, Armin Laschet se pose en héritier naturel d’Angela Merkel". Le Monde.fr (en francés). 2021-06-22. Consultado o 2021-09-18. 
  31. Diario, Nós. "'Superwahljahr': Alemaña pensa en Verde". Nós Diario. Consultado o 2021-09-18. 
  32. "Laschet lacht - und bemüht sich um Schadensbegrenzung". www1.wdr.de (en alemán). 2021-07-19. Consultado o 2021-09-18. 
  33. "Die sieben Patzer des Armin Laschet". www.tagesspiegel.de (en alemán). Consultado o 2021-09-18. 
  34. "Incerteza na recta final das eleccións alemás". Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o 2021-10-11. 
  35. "Allemagne : fort d'une nouvelle popularité, le SPD Olaf Scholz se rêve en chancelier". Les Echos (en francés). 2021-08-16. Consultado o 2021-09-18. 
  36. Diario, Nós. "A última sondaxe en Alemaña sitúa o SPD perto de asaltar a Chancelaría". Nós Diario. Consultado o 2021-09-18. 
  37. "German SPD surpasses conservatives for first time in 15 years, poll shows". POLITICO (en inglés). 2021-08-24. Consultado o 2021-09-18. 
  38. "Sociais-democratas "ganham" a partido de Merkel no debate pré-eleições". euronews (en portugués). 2021-08-30. Consultado o 2021-09-18. 
  39. "Another debate win for Scholz puts German chancellery in reach". POLITICO (en inglés). 2021-09-13. Consultado o 2021-09-18. 
  40. "German election: Armin Laschet commits blunder at the ballot box". euronews (en inglés). 2021-09-26. Consultado o 2021-09-27. 
  41. "Bundestagswahl 2021". tagesschau.de (en alemán). Consultado o 2021-09-27. 
  42. NACHRICHTEN, n-tv. "Laschet bestreitet klaren Regierungsauftrag für SPD". n-tv.de (en alemán). Consultado o 2021-09-27. 
  43. "Germany's Armin Laschet ready to leave as CDU head after election loss". euronews (en inglés). 2021-10-07. Consultado o 2021-10-07. 
  44. Gathmann, Florian (2022-01-22). "In seiner Hand: CDU unter dem neuen Vorsitzenden Merz". Der Spiegel (en alemán). ISSN 2195-1349. Consultado o 2022-01-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]