Anisia Miranda
Anisia Miranda, nada en Ciego de Ávila (Cuba) o 30 de decembro de 1932, e finada en Gres o 22 de outubro de 2009, foi unha escritora cubano-galega en lingua galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
De pais ourensáns, estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1952 trasladouse cos pais a Bos Aires, onde rematou Xornalismo e coñeceu o escritor galego Xosé Neira Vilas, co que casou en 1957. Na Arxentina comezou un importante vínculo coa cultura galega, recibindo clases de galegos no exilio como Rafael Dieste ou Ramón de Valenzuela. Así mesmo, nesa época comezou a verquer os primeiros textos de poetas americanos ao galego.
En 1961 regresou a Cuba, onde colaborou con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e conduciu un programa de radio, sen deixar de escribir, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil.
Desde 1992 vicepresidía a fundación do seu home, a Fundación Xosé Neira Vilas.
[editar] Obra en galego
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- Pardela amiga.
- Os contos do Compay Grilo.
- A primeira aventura.
- A casa dos títeres.
- A volta do Compay Grilo.
- Mitos e lendas da vella Grecia, 1983, Edicións do Castro.
[editar] Obras con Xosé Neira Vilas
- Cantarolas, Xerais.
[editar] Obras colectivas
- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.