Fecundidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fecundidade é a realización efectiva da fertilidade, é dicir, a abundancia da reprodución biolóxica. Como concepto demográfico mídese polo número medio de fillos por muller, ou índice de fecundidade. Pode aplicarse tamén a calquera especie biolóxica ou ata á terra mesma.

Características[editar | editar a fonte]

É característica do Antigo Réxime demográfico unha fecundidade moi alta, por encima de catro fillos por muller, e o mesmo ocorreu durante a Transición demográfica, e actualmente nos países menos desenvolvidos, que non a completaron.

O réxime demográfico moderno redúcea ata a cifra que equilibra as xeracións (dous fillos por muller), conseguindo unha pirámide de poboación estable, ou ata por baixo desa cifra, co que as pirámides de poboación convértense en regresivas.

España pasou de cifras de tres fillos por muller a finais do franquismo ata 1,2 fillos por muller a finais do século XX. Nos primeiros anos do século XXI vén producindo unha recuperación da fecundidade, debido máis ó comportamento natalista dos inmigrantes que ás políticas de protección á familia. Non obstante, non se acadan as cifras que permitirían a substitución de xeracións.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.