Andoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Andoa
Boletus edulis EtgHollande 041031 091.jpg
Clasificación científica
Reino: Fungos
División: Basidiomycota
Clase: Basidiomycetes
Orde: Agaricomycetes
Familia: Boletaceae
Xénero: Boletus
Nome científico
Boletus edulis
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A andoa (Boletus edulis) é o nome en dun cogomelo comestible. Pode atoparse moi frecuentemente en bosques de piñeiros. É un cogomelo que pode alcanzar dimensións notables; polo xeral o chapeu pode medir de 7 a 20 cm de diámetro e o pé adquirir a mesma altura. Adoita confundirse con Tylopilus felleus ou con Boletus badius.

Altamente apreciado, a andoa é comercializada fresca no outono, no centro e sur de Europa, pero tamén se comercializa seco por todo o mundo.

Índice

[editar] Etimoloxía

Do latín edulis, «comestible», aínda que derivado do grego.

[editar] Determinación e características

A forma deste cogomelo é moi característica, quizais similar á dun tapón de cava. Unha das características máis rechamantes deste cogomelo á hora de determinala é a cor entre marrón e negro do seu chapeu; posúe unha coloración inicialmente branca, que adquire pouco a pouco un aspecto máis escuro, case entre o marrón-negro. O himenio está unido ó pé; é desde o chapeu de cor branca.

[editar] Usos Gastronómicos

Cesto de andoas.

Este cogomelo é unha das máis apreciadas polo seu sabor e textura. O nome latino do cogomelo indica esta característica: en latín edulis significa comestible. Adoita empregarse tanto cociñada como en conservas (en vinagre ou aceite). A carne deste cogomelo é branca (tirando cara a marrón) e compacta, tanto no chapeu como no pé, aínda que os exemplares máis vellos adoitan mostrar unha carne máis branda. Non adoita despedir cheiros particulares e ten un sabor ben definido: doce como o das abelás.

[editar] Posibles confusións

Pódese confundir co B. reticulatus, pero este non ten a marxe esbrancuxada, a súa cor é uniforme, e a cutícula mate, seca e finamente reticulada. Tamén é un excelente comestible.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas