Alizée
| Alizée | |
|---|---|
| Nome completo | Alizée Jacotey |
| Alias | |
| Naceu | 21 de agosto de 1984 (27 anos) |
| Orixe | Ajaccio, Córsega |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Alizée é unha cantante francesa, nacida en Ajaccio, Córsega, o 21 de agosto de 1984. Deuse a coñecer ao público no ano 2000, grazas ao programa Graines de Star no canal M6, onde concorreu coa canción de Axelle Red: Ma prière.
Índice |
[editar] Biografía
Seus pais, amigos de Mylène Farmer e Laurent Boutonnat, figuras da música pop francesa, fixéranlles chegar a gravación do concurso coa esperanza de que lles chamase a atención. Ambos artistas quedaron impresionados pola voz da xove,e decidiron apadriñala, inculcando a Alizée (con apenas 16 anos) todo o que era necesario para sobrevivir no mundo do star system. Déronlle un estilo: o estilo lolita. Vestírona, fixeron as súas coreografías, compuxeron a música e escribiron as letras das suas cancións. Entretanto, despois dunha ausencia de tres anos, a cantante (agora nai dunha nena) tornou independente do dúo de artistas Mylène/Boutonant, e existen rumores en Francia de que un single novo sairá no 2007 como anticipación do novo álbum, a ser editado tamén no 2007. A definición do estilo musical deste traballo aínda é descoñecido, pero talvez migre para o pop rock, sendo o seu marido, Jeremy Chatelain, o autor da maior parte da música, que conta con oito letras de Jean Fauque.
[editar] O Primeiro Álbum
O seu primeiro single, Moi Lolita (Eu, Lolita), saíu em novembro de 2000 e foi un éxito inmediato, o que precipitou a produción do seu primeiro álbum: Gourmandises (Guloseimas). Este vendeu en dous anos máis de 4 millóns de copias, obtendo incluso varios premios, coma os NRJ Music Awards, os World Music Award e os M6 Awards, entre outros premios europeos, confirmando as expectativas daqueles que creran nela.
O seu éxito é tan grande, que as súas cancións son coñecidas máis alá das fronteiras dos países francófonos, encabezando as listas de éxitos musicais na Italia, España, Alemaña, Reino Unido, Polonia, Holanda e Rusia, manténdose frecuentemente no número 1 de vendas durante varias semanas.
[editar] O Segundo Álbum
Repetindo a súa fórmula, o segundo disco, Mes courants électriques (As miñas correntes eléctricas), foi producido por Mylène Farmer e Laurent Boutonnat, saíndo á venda a 18 de Marzo de 2003 en Francia, e do cal se extrae o primeiro single: J'en ai marre (Estou farta).
En 2003 causou sensación na prensa ao casar en Las Vegas con Jérémy Châtelain, ex-integrante do programa Star Academy (reality show do canal TF1), a quen coñeceu o 25 de Marzo de 2003.
[editar] Discografía
[editar] Álbums
- Gourmandises (2000)
- "Moi... Lolita" — 4'16
- "Lui ou toi" — 4'15
- "L'Alizé" — 4'15
- "J.B.G." — 3'55
- "Mon Maquis" — 5'40
- "Parler tout bas" — 4'35
- "Veni Vedi Vici" — 4'20
- "Abracadabra" — 4'00
- "Gourmandises" — 4'10
- "À quoi rêve une jeune fille" — 4'05
- Mes courants électriques (2003)
- "J'en ai marre!"
- "I'm Fed Up!" ("J'en ai Marre!" — English version)
- "À Contre-courant"
- "Toc de mac"
- "Amélie m'a dit"
- "Amelie" ("Amélie m'a dit" — English version)
- "C'est trop tard"
- "Tempête"
- "J'ai pas vingt ans!"
- "I'm Not Twenty!" ("J'ai pas vingt ans!" — English version)
- "Hey! Amigo!"
- "Youpidou"
- "Youpidoo" (English version)
- "Couer déjà pris"
- Alizée en concert (2004)
[editar] Singles
- "Moi...Lolita"
- "L'Alizé"
- "Parler tout bas"
- "Gourmandises"
- "J'en ai marre!"
- "J'ai pas 20 ans"
- "À contre-courant"
[editar] DVDs
- Alizée en concert (concert DVD)
[editar] Premios
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- (en francés)'(en inglés)'(en castelán)Site Oficial
- French Blog
- Fanpage