House (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de música house

O house é un xénero de música electrónica no marco do dance aparecido a mediados dos anos oitenta na cidade estadounidense de Chicago, a mans do músico, produtor e discjockey Frankie Knuckles. A orixe do nome do xénero procede da discoteca The Warehouse na que Knuckles exercía como D.J. residente.

O house naceu coma unha fusión de electro, funk, soul e música disco, fortemente influenciado por conxuntos vangardistas da época coma Kraftwerk e outras correntes electrónicas procedentes de Europa.