Vanessa Paradis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vanessa Paradis

Vanessa Chantal Paradis, nada en Saint-Maur-deas-Fossés, Val-de-Marne, o 22 de decembro de 1972, é unha cantante e actriz de cinema francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi descuberta no programa de televisión L'École des fans en 1980. Vanessa Paradis gravou o seu primeiro sinxelo chamado La Magie des surprises-parties en 1985. Aínda que non foi un grande éxito, preparou o terreo para a canción coa cal se fixo internacionalmente coñecida, "Joe le Taxi" en 1987, editada cando tiña só 14 anos. Permaneceu no número 1 en Francia durante 14 semanas. Foi sacada do seu primeiro álbum Marilyn et John).

En 1991, Paradis promocionou unha nova fragrancia para Chanel, chamada Coco. No anuncio, aparece vestida de negro e con plumas, representando un paxaro bambeándose nunha gaiola, aproveitando a súa similitude naqueles tempos, coa caricatura de "piolín" (tweety).

En 1992, xa con 19 anos e traballando en Estados Unidos co músico de rock Lenny Kravitz, que foi o seu noivo por un tempo, Paradis comezou a traballar no seu novo disco cantado en inglés, idioma no que xa se desenvolvía ben. Escrito e producido polo propio Kravitz, o álbum, titulado simplemente Vanessa Paradis, alcanzou o nº1 en Francia. Un dos sinxelos do disco foi Be my baby, que foi nº5 de vendas neste mesmo país.

Vanessa Paradis participou en numerosas películas, as máis coñecidas son La fille sur le pont de Patrice Leconte (1999), un romance en branco e negro coprotagonizado por Daniel Auteuil, e Mon Ange (2004).

No ano 2000, gravou un disco chamado Bliss, que dedicou á súa filla (o seu fillo aínda non nacera) e á súa parella, Johnny Depp. Foi tamén un éxito en Francia.

No 2004, Chanel elixiuna novamente para promocionar a súa nova liña de bolsos de man The New Mademoiselle.

No terreo musical gravou un novo disco, Divinidylle, que saíu á venda en setembro do 2007. O primeiro sinxelo co mesmo nome foi un éxito na radio francesa en xuño do 2007.

Familia[editar | editar a fonte]

Desde o ano 1998, Paradis mantén unha relación co actor estadounidense Johnny Depp. Coñecéronse na sala dun hotel en París cando el filmaba alí a película La novena puerta (1999).

A parella non casou aínda, malia que varios rumores dunha voda correron durante estes últimos anos. Teñen unha filla, Lily - Rose Melody Depp (nacida o 27 de maio de 1999) e un fillo, Jack John Christopher Depp III (nacido o 9 de abril do 2002). A parella divide o seu tempo entre Hollywood, unha casa ao sur de Francia e unha illa nas Bahamas, e tamén teñen apartamentos en París e en Manhattan.

Johnny Depp dirixiu o novo vídeo da canción "L'incendie" da súa esposa, clip de tres minutos no que Paradis baila no escenario dun teatro mentres é observada por un estraño home con chapeu, supostamente Depp, cuxa cara nunca se mostra. O soporte do micrófono estala en chamas e o chan incéndiase con cada un dos seus pasos, atopándose ambos ao final e desaparecendo nunha brillante explosión de lume.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • M & J (1988)Francia #13
  • Variations Sur Le Même T'aime (1990) Francia #6
  • Vanessa Paradis (1992) Francia #1 (Reino Unido #45)
  • Vanessa Paradis Live (1994) Francia #7
  • Bliss (2000) Francia #1
  • Vanessa Paradis live au Zenith (2001) Francia #19
  • Divinidylle (2007), Francia #1

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Joe Le Taxi" (#1, 1987)
  • "Manolo Manolete" (#10, 1988)
  • "Marilyn & John" (#4, 1988)
  • "Maxou" (#13, 1988)
  • "Coupe Coupe" (#20, 1989)
  • "Tandem" (#22, 1990)
  • "Dis Lui Toi Que Je T'aime" (#41, 1990)
  • "Be My Baby" (#5, 1992)
  • "Sunday Mondays" (#41, 1992)
  • "Commando" (2000)
  • "Pourtant" (2000)
  • "Que fait la vie?" (2000)
  • "Divine Idylle" (2007)
  • "Dès que j'te vois" (2007)
  • "L'incendie" (2008)
  • "Les Piles"(verán de 2008) (en dúo con Matthieu Chédid)
  • "Joe le taxi"(inverno do 2008) (directo)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vanessa Paradis Modificar a ligazón no Wikidata