J'en ai marre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nome J'en ai marre
Artista Alizée
Álbum Mescourants électriques
Lanzamento febreiro de 2003
Xénero Pop
Duración 03:45
Discográfica Polydor
Produtor Laurent Boutonnat
Escritor Mylène Farmer
Director Laurent Boutonnat
Sinxelo anterior "Gourmandises"
(2001)
Sinxelo posterior "J'ai pas vingt ans"
(2003)

J´en ai marre (en galego: Estou farta!) foi o primeiro sinxelo do álbum Mes Courants Électriques de Alizée, o cal destacou nas listas de vendas francesas, nas que chegou ao cuarto lugar. Vendéronse máis de 200.000 copias, polo que obtivo o disco de ouro. Porén, non tivo tanto éxito como outros sinxelos do álbum anterior, Gourmandises. A canción tivo éxito e por iso os deseñadores do xogo World of Warcraft utilizaron parte da coreografía para o baile dunha das razas, chamada Elfas da noite.

Vídeo[editar | editar a fonte]

No vídeo vese como Alizée non pode saír dos seus límites, atrapada en paredes de vidro. Ela goza coa auga. Logo rompe o vidro, co significado de que xa non se deixa manipular.

J'en ai marre contou cunha versión internacional en inglés titulada "I'm Fed Up!". No Xapón chamouse "Mon bain de mousse".

Versión 2008[editar | editar a fonte]

No ano 2008 Alizée sacou unha versión nova desta canción, que se cantou por primeira vez o 18 de maio. Esta versión foi a utilizada durante o Psychédélices Tour en Rusia e México.

Formatos[editar | editar a fonte]

CD sinxelo en francés[editar | editar a fonte]

  1. J'en ai marre 4:35
  2. J'en ai marre (Instrumental Mix) 5:05

CD maxisingle en francés[editar | editar a fonte]

  1. J'en ai marre (versión single) 4:35
  2. J'en ai marre (Soft Skin Club Mix) 7:40
  3. J'en ai marre (Bubbly Club Remix) 7:50
  4. J'en ai marre (My Goldfish is Under me Remix) 3:40

Sixelo en vinilo de 12" en francés[editar | editar a fonte]

Cara A:

  1. J'en ai marre (Soft Skin Club Mix) 7:40

Cara B:

  1. J'en ai marre (Bubbly Club Remix) 7:50
  2. J'en ai marre (My Goldfish is Under me Remix) 3:40

Listas de éxitos e vendas[editar | editar a fonte]