Alianza Libre Europea
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Alianza Libre Europea (ALE) | |
|---|---|
| Partido político da Unión Europea | |
| Líder | Nelly Maes (Presidenta) Bernat Joan i Marí (Secretario Xeral) |
| Fundación | 1981 |
| Sede | Rue de Woeringenstraat 19-21 1000 Bruxelas (Bélxica) |
| Ideoloxía | Nacionalismo Socialdemocracia |
| Representación | 4 escanos (de 732) no Parlamento Europeo |
| Filiación internacional | Alianza Libre Europea - Os Verdes Europeos |
| Mocidades | EFA Youth |
| Páxina web | www.e-f-a.org |
A Alianza Libre Europea é unha agrupación de diversos partidos políticos en Europa que busca unha independencia política, ou algunha forma de devolución ou autonomía para o seu país ou rexión.
O grupo ten cinco membros no Parlamento Europeo (MEPs):
- Jillian Evans, Plaid Cymru, Gales
- Ian Hudghton, Partido Nacional Escocés, Escocia
- Mikel Irujo Amezaga, Eusko Alkartasuna, Euskal Herria
- Alyn Smith, Partido Nacional Escocés, Escocia
- Tatjana Ždanoka, Polos Dereitos Humanos nunha Letonia Unida (Par Cilveka Tiesibam Vienota Latvija), Letonia
A MEP Ždanoka é unha afiliada individual ó grupo ALE no Parlamento Europeo. O seu partido non é membro de ALE. A Alianza Libre Europea está nun grupo cos verdes no Parlamento Europeo: Alianza Libre Europea - Os Verdes.
[editar] Partidos membros
Escocia: Partido Nacional Escocés
Gales: Plaid Cymru
Cornualles: Mebyon Kernow
Andalucía: Partido Andalucista
País Vasco: Eusko Alkartasuna
Cataluña: Esquerra Republicana de Catalunya
Aragón: Chunta Aragonesista
Galicia: Bloque Nacionalista Galego
Moravia: Moravané
Silesia: Ruch Autonomii Śląska
Frisia: Fryske Nasjonale Partij
Lituania: Partido Popular Polaco - Lituano
Val de Aosta: Union Valdôtaine
Sardeña : Partido Sardo da Acción
Occitania: Partido Occitano
Tirol do Sur: Unión por Tirol do Sur
Italia: Slovenska Skupnost (Partido italiano que avoga pola unión da minoría esloveno-italiana con Eslovenia)
Véneto: Liga Fronte Veneto
Emilia Romaña : Liberdade Emiliana - Nación Emilia
Grecia: Partido Arco da Vella (Partido grego da comunidade macedonia de Grecia)
Cataluña: Unidade Catalana (Da Cataluña Norte)
Alsacia: Unión do Pobo Alsaciano
Bretaña: Unión Democrática Bretoa
Córsega: Partido da Nación Corsa
Savoia: Liga Savoiana
Savoia: Movemento da Rexión Savoia
Åland: Futuro de Åland
Flandres: Spirit
Comunidade Xermanófona de Bélxica
- Partido dos Xermanofalantes de Bélxica (Da comunidade falante de alemán en Bélxica)
Austria: Enotna Lista (Partido da Comunidade eslovena de Austria)