Partido Nacional Escocés
| Scottish National Party (SNP) Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba |
|
|---|---|
| Partido político de Escocia | |
| Líder | Ian Hudghton (Presidente) Duncan Ross (Secretario Xeral) |
| Fundación | 1934 |
| Sede | Rúa McDonald #107 Edimburgo EH7 4NW |
| Ideoloxía | Independentismo, Socialdemocracia |
| Filiación internacional | Alianza Libre Europea |
| Páxina web | www.snp.org |
O Partido Nacional Escocés (inglés Scottish National Party, gaélico escocés Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba) (SNP) é un partido político escocés de carácter nacionalista e socialdemócrata, fundado en 1934 coa fusión doutros grupos, e que é cordenado por Alex Salmond e dirixido por Ian Hudghton (presidente) e Duncan Ross (secretario nacional). É membro da Alianza Libre Europea.
Son partidarios da autonomía escocesa como primeiro paso cara a independencia dentro da Unión Europea, aínda que con reservas, e de manter un estado do benestar co repartimento dos beneficios do petroleo. Non teñen unha postura clara a favor das linguas minoritarias, como o gaélico ou o escots, aínda que empregan o lema gaélico Alba heatha snein o reo (Independencia e futuro de Escocia).
O Partido Nacional Escocés venceu nas eleccións ao Parlamento escocés do 3 de maio de 2007, onde obtivo 47 escanos.
Índice |