Alfredo Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfredo Bojalil Gil, tamén coñecido artisticamente como El Güero Gil (o Louro), nado en Teziutlán, Puebla, o 5 de agosto de 1915 e finado en México D.F. o 10 de outubro de 1999, foi o creador e fundador principal do trío Los Panchos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tocaba o requinto e facía a terceira voz dende a formación do grupo en 1944 até 1981. O requinto, foi creado por el ante a necesidade de reforzar as introducións e as pasaxes sen voz das cancións; afinado unha cuarta máis alta que a guitarra normal. Aseméllase a unha guitarra pequena pero cun son máis agudo, dando un excelente efecto e son musical ás interpretacións.

Éxitos da súa autoría[editar | editar a fonte]

  • Hija de la mala vida
  • Basura
  • Tu ausencia
  • Solo
  • Cien mujeres
  • Castígame, Dios
  • No trates de mentir
  • Ni que si, ni quizás, ni que no
  • Un siglo de ausencia
  • Ya es muy tarde
  • Lodo