Chinche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chincha")

O hemiptero (orde Hemiptera), chinche, chincha ou percebella é unha gran orde que comprende máis de 65.000 especies coñecidas, distribuídas por todo o mundo. O seu nome vén do feito de teren as ás anteriores (hemiélitros) divididas nunha metade basal dura e unha metad distal membranosa.

A maioría ten catro ás ó chegar a adultos. Estes son chamados hemiélitros, porque a metade basal (hemi) é dura (elitron) e o resto da á é membranosa, con varias veas.

As chinches teñen aparato bucal picador chuchador. Aliméntanse de líquidos (zume das plantas, sangue doutros insectos e tamén de vertebrados) que extraen dun vaso condutor (vasos sanguíneos, etc.) ou de dentro da cavidade do corpo dos insectos que predan.


Para ser adultos pasan antes polos estados de ovo e ata cinco estadios ninfais. Teñen unha metamorfose gradual ou paurometabola. Existen chinches que se alimentan de plantas verdes (fitófagos), outros que se alimentan doutros insectos (predadores) e uns poucos que parasitan vertebrados (hematófagos).

Os fitófagos poden ser unha praga para a agricultura. Os predadores axudan ós agricultores a combateren outras pragas (control biolóxico). Os hematófagos son importantes para a saúde pública porque trasmiten patóxenos.

En América Central e América do Sur os Triatominae (Triatoma, Rhodnius, Panstrongylus) son importantes vectores da enfermidade de Chagas-Mazza ou tripanosomiase americana. Combátense os andazos mediante tarefas de mellora das construcións, o uso de insecticidas, o illamento e o tratamento rápido das persoas enfermas.


Índice

Galería de imaxes [editar]

Véxase o artigo principal en Galería de imaxes de chinches de Galicia
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Posta e eclosión de ovos de Palomena prasina [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Outros artigos [editar]