Alforfa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A alforfa (Trigonella foenum-graecum) é unha planta fabácea.
Medra salvaxe dende o Mediterráneo oriental ata China, aínda que se cultiva en todo o mundo como penso, ademais de ser un ingrediente importante da cociña da India e Tailandia, ademais de ser utilizada para aumentar o leite materno.
As súas follas son veludas, as flores brancas e o froito é unha vaíña longa con sementes amarelas, duras e de aroma agradable.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa botánica que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |