Manuel Fernández Muñiz
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Manuel Fernández Muñiz | ||
| Nacemento | 9 de maio de 1986 (27 anos) | ||
| Lugar | Xixón, España | ||
| Altura | 1,82 m. | ||
| Posición | Porteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Alcorcón | ||
| Número | 1 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Sporting de Gijón | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2004–2006 | Sporting B | 26 | (0) |
| 2005–2007 | Sporting de Gijón | 2 | (0) |
| 2007–2009 | Deportivo B | 42 | (0) |
| 2009–2011 | Deportivo da Coruña | 9 | (0) |
| 2011–2012 | Recreativo | 35 | (0) |
| 2012– | Alcorcón | 0 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2002 | España sub-16 | 3 | (0) |
| 2002 | España sub-17 | 1 | (0) |
| 2004 | España sub-19 | 2 | (0) |
| 2005 | España sub-20 | 1 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 12 de xullo de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Manuel Fernández Muñiz, máis coñecido como Manu, nado en Xixón o 9 de marzo de 1986, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o AD Alcorcón.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formado na canteira do Sporting de Gijón, debutou co primeiro equipo en Segunda División na tempada 2005–06. En 2007 é contratado polo Deportivo da Coruña, onde pasa a maior parte do tempo no filial coruñés.
Na tempada 2009–10, despois da marcha de Gustavo Munúa ao Málaga CF, Manu foi promocionado como segundo porteiro, detrás de Dani Aranzubia. O 23 de marzo de 2010, e precisamente contra o Sporting de Gijón, fixo o seu debut no minuto 10, tras unha expulsión a Aranzubia.
Debido a unha lesión de Aranzubia no verán de 2010, Manu foi o porteiro titular nos 6 primeiros partidos da tempada 2010–11, conseguindo tres empates, dúas derrotas e unha victoria.
O 27 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo Recreativo de Huelva.[1]
Estatísticas [editar]
| Club | Tempada | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Total | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Part. | G.E. | Part. | G.E. | Part. | G.E. | Part. | G.E. | Coef. | ||
| Deportivo da Coruña | 2009 – 2010 | 3 | 7 | 6 | 6 | - | - | 9 | 13 | 1,44 |
| Total | 3 | 7 | 6 | 6 | 0 | 0 | 9 | 13 | 1,44 | |