Aeroporto de Londres-Luton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°52′29″N 0°22′6″W / 51.87472°N 0.36833°W / 51.87472; -0.36833

Aeroporto de Londres–Luton
London Luton Airport

Luton airport.jpg

IATA: LTN – ICAO: EGGW
Sumario
Tipo Público
Propietario Luton Borough Council - Abertis
Operador London Luton Airport Operations Ltd
Cidade/Illa Londres, Reino Unido
Localización Luton, Bedfordshire
Elevación (msnm) 526 pés / 160 metros
Coordenadas 51°52′29″N 0°22′6″W / 51.87472°N 0.36833°W / 51.87472; -0.36833
Web london-luton.co.uk
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
08/26 7.087 2.160 asfalto
Estatísticas (2013)
Número de pasaxeiros 9.697.944
Movem. de aeronaves 95.763

O Aeroporto de Londres–Luton (IATA: LTNOACI: EGGW) (anteriormente coñecido como Aeroporto Internacional de Luton) é un aeroporto internacional situado a 2,8 km ao leste do centro de Luton, no condado de Bedfordshire, Inglaterra e a 56,5 km do centro de Londres. O aeroporto está a 3,2 km da saída 10a da Motorway M1. Trátase do cuarto maior aeroporto que serve á zona de Londres despois de Heathrow, Gatwick e Stansted, e é un dos seis aeroportos internacionais de Londre, xunto co da Cidade de Londres e Southend.

En 2013, pouco menos de 9,7 millóns de pasaxeiros pasaron polo aeroporto, facendo de Luton o sexto aeroporto máis ocupado do Reino Unido. O aeroporto serve como base a EasyJet, Monarch, Thomson Airways e Ryanair. A gran maioría de rutas ofrecidas son dentro de Europa, aínda que hai algúns voos chárter e regulares cara a destinos no norte de África e Asia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]