Hipólito Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 A Coruña, España |
Morte | 21 de marzo de 1980 (72/73 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Herminia González |
Fillos | Adolfo Suárez |
Parentes | Adolfo Suárez Illana (en) (neto) Sonsoles Suárez (pt) (neta (pt) ) María Amparo Suárez Illana (en) (neta (pt) ) Laura Suárez Illana (en) (neta (pt) ) Francisco Javier Suárez Illana (en) (neto) Alejandra Romero Suárez (en) (great-granddaughter (en) ) |
Hipólito Suárez Guerra, nado na Coruña en xullo de 1907[1] e finado en Madrid o 21 de marzo de 1980[2], foi un procurador galego represaliado pola súa militancia republicana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Hipólito Suárez, que vivía na rúa Real da Coruña. Aprobou os exames de procurador en 1935.[3] Era amigo de Claudio Sánchez Albornoz, e tiña coñecidas simpatías republicanas. Foi destinado á praza de secretario do xulgado de Cebreros (Ávila). Alí casou en 1936, e alí tamén o sorprendeu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 co que se iniciou a Guerra Civil española. Agochouse pero foi descuberto e encarcerado. Xulgado, escapou da pena de morte grazas á intercesión de Severiano Martínez Anido, xeneral nacional ferrolán e ministro de Franco.[4]
Durante a posguerra acudía regularmente á Coruña a pasar os veráns.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Herminia González Pardo e foi pai de Adolfo Suárez, que acabou sendo presidente do goberno de España entre 1976 e 1981.
Está soterrado no cemiterio de San Amaro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mediterráneo, 22-3-1980, 1 e 12.
- ↑ Funeral del padre de Adolfo Suárez
- ↑ "Exámenes para procuradores en la Audiencia" en El Pueblo Gallego, 26-5-1935, p. 10.
- ↑ La profunda huella coruñesa