Cebreros
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cebreros é unha localidade da provincia de Ávila, en Castela e León.
Localización e características [editar]
Ten unha poboación de 3.501 habitantes (2009). Esta localidade limita ao norte cos municipios de El Hoyo de Pinares, San Bartolomé de Pinares, El Tiemblo, Robledo de Chavela, e ao leste con San Martín de Valdeiglesias. Cebreros é famoso na región polos seus carnavales e o seu viño.
