Radio Televisión Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Radio-Televisión Española»)
Logo de RTVE.

A Corporación Radio Televisión Española, S.A.[1] ou RTVE (ata 2006, Ente Público Radio Televisión Española) é unha sociedade mercantil estatal que organiza a xestión indirecta do servizo público de radio e televisión española.

No exercicio da súa función de servizo público, a Corporación RTVE deberá, entre outras cousas:

  1. Promover o coñecemento e difusión dos principios constitucionais e os valores cívicos.
  2. Garantir a información obxectiva, veraz e plural.
  3. Facilitar o debate democrático e a libre expresión de opinións.
  4. Promover a cohesión territorial, a pluralidade e a diversidade lingüística e cultural de España.
  5. Ofrecer acceso aos distintos xéneros de programación e aos acontecementos institucionais, sociais, culturais e deportivos, dirixidos a todos os sectores da audiencia, prestando atención a aqueles temas de especial interese público.
  6. Ter por obxectivo atender á máis ampla audiencia, asegurando a máxima continuidade e cobertura xeográfica e social, co compromiso de ofrecer calidade, diversidade, innovación e esixencia ética.

O seu funcionamento, desde xaneiro do 2010, é pagado mediante unha partida dos Orzamentos Xerais do Estado, que cobre o 50% dos gastos, mentres que a outra metade provén dun imposto extra do 0,9% ás compañías telefónicas, o 3% dos ingresos das televisións privadas abertas e o 1,5% das televisións de pago.

Canles[editar | editar a fonte]

A Corporación Radio Televisión Española ten diversas canles dedicadas a diferentes temas e xéneros, que están agrupadas segundo o medio de difusión e as empresas que aglutina. Actualmente conta con seis canles de televisión e cinco canles de radio.

Televisión[editar | editar a fonte]

En televisión, Televisión Española agrupa para a emisión dentro de territorio español dúas canles xeneralistas e outras catro temáticas, das cales unha é en alta definición. Todas as cadeas pódense ver por TDT, plataformas de satélite ou cable. As canles son:

La 1 La 2 Clan Teledeporte 24h La 1 UHD

Radio[editar | editar a fonte]

En radio, Radio Nacional de España conta con cinco emisoras, das cales catro abarcan o territorio nacional e unha é exclusiva para Cataluña.

Radio Nacional Radio Clásica Radio 3 Ràdio 4 Radio 5

Internet[editar | editar a fonte]

En rtve.es únense os dous grupos de televisión e radio. Dentro do sitio pódese escoitar as canles de Radio Nacional de España en directo, ver os programas emitidos a última semana en Televisión Española, ler os blogs dos profesionais da corporación, consultar as noticias e ver diversos acontecementos en directo, así como o Canal 24 Horas. Está xestionada pola división de Medios Interactivos de RTVE.

Servizos para o exterior[editar | editar a fonte]

Para a emisión ao estranxeiro, Radio Televisión Española posúe dúas canles extras:

TVE Internacional Radio Exterior de España Star TVE HD Clan Internacional

A polémica pola xestión[editar | editar a fonte]

O día 11 de xuño de 2006, aprobouse no Congreso dos Deputados, a nova Lei de Radio Televisión Pública na cal o grupo pasa a ser unha corporación. A partir de agora o ente público pasará a estar xestionado pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), e esta reforma implicará o despedimento de 4357 empregados.[Cómpre referencia]

En 22 anos, a xestión de RTVE non custou nin un céntimo ao contribuínte, pero o déficit acumulado tivo que ser pagado con subscricións que a banca privada asumiu coa garantía do Estado.[Cómpre referencia]

España é o único país da UE que non paga un imposto para subvencionar a radio e televisión pública.[Cómpre referencia]

Imaxe corporativa[editar | editar a fonte]

Galicia[editar | editar a fonte]

RTVE en Galicia mantén un Centro Territorial en San Marcos, no concello de Santiago de Compostela para a produción de informativos e outros programas de ámbito galego e en galego para TVE, RNE e REE. Existiu durante uns poucos anos unha emisora denominada Radio Catro, integramente en galego[Cómpre referencia].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome comercial e publicitario da sociedade. Para máis información, véxase a páxina web oficial e a páxina en Facebook da corporación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]