Ducado de Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ducado de Suárez é un título nobiliario español, que vai acompañado da honra de Grandeza de España. Na actualidade este título está vacante á espera de que se formalicen os dereitos sucesorios.

Historia[editar | editar a fonte]

O título creouno o 25 de febreiro de 1981 o rei Xoán Carlos I co propósito de outorgarllo a Adolfo Suárez, que daquela acababa de dimitir como presidente do Goberno de España (posto que ocupara entre 1976 e 1981). A tradición de outorgar títulos nobiliarios aos ex-presidentes de goberno comezouna Xoán Carlos I con Carlos Arias Navarro, e seguiuna por Adolfo Suárez e Leopoldo Calvo Sotelo.

O primeiro herdeiro do título foi o fillo varón máis vello de Adolfo Suárez, Adolfo Suárez Illana. Pero unha modificación lexislativa impulsada polo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero mudou a preeminencia dos homes en favor dun trato igualitario. A herdeira pasou a ser, pois, Alejandra Romero Suárez, filla da primoxénita, Amparo Romero Suárez[1], finada en 2004.

Grandes armas do I duque de Suárez.

Titulares[editar | editar a fonte]

Creación por Xoán Carlos I
Titular Período
I Adolfo Suárez 1981 - 2014
II Vacante 2014

Notas[editar | editar a fonte]