Pittsburgh Penguins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pittsburgh Penguins
Fundación1967
Cidade Pittsburgh,
Pennsylvania
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioConsol Energy Center
(18.387 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónMetropolitan
Campionatos4
Propietario(s) Mario Lemieux
Ron Burkle
Director Jim Rutherford
Adestrador Mike Sullivan
Afiliado(s)Wilkes-Barre/Scranton Penguins (AHL)
Wheeling Nailers (ECHL)
CoresNegro, branco, ouro Pittsburgh[1]
                 
Na rede
http://penguins.nhl.com/
Facebook: penguins Twitter: penguins Instagram: penguins Pinterest: pghpenguins Souncloud: agreatdayforhockeytalk Editar o valor em Wikidata

Os Pittsburgh Penguins son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pittsburgh, Pennsylvania (Estados Unidos). Os Pinguins compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrados na Metropolitan Division da Conferencia Leste. Dende o 2010 o equipo xoga os seus partidos como local no Consol Energy Center, logo de ter xogado a maior parte da súa historia no Mellon Arena . O equipo gañou a Stanley Cup en catro ocasións, a última delas en 2016, ademais de gañar unha vez o Presidents' Trophy, cinco o Prince of Wales Trophy e finalizar oito veces como campión da súa división.

Os Penguins creáronse en 1967 como equipo de expansión, tomando parte na NHL na tempada 1967-68 xunto con outros cinco novos equipos: Minnesota North Stars, Los Angeles Kings, California Seals, Philadelphia Flyers e St. Louis Blues. Dende a súa primeira tempada (1967-68), os Penguins teñen disputado cinco veces a final da Stanley Cup, conseguindo o campionato en tres desas ocasión (1991, 1992, 2009). Os seus rivais históricos son os seus veciños Philadelphia Flyers, aos que se enfrontaron en seis ocasións nos play-offs, cun resultado de catro eliminatorias a favor dos Flyers por dúas para os Pens.

En torno a setecentos xogadores diferentes teñen vestido as cores dos Penguins dende os inicios do equipo,[2] aínda que tan só 10 xogadores forman parte do Hockey Hall of Fame. Este é o caso de: Mario Lemieux (xogador con máis partidos xogados, goles, asistencias e puntos da historia do equipo), que dende 1999 é un dos propietarios do equipo.[3] O cadro de xogadores actual está adestrado por Mike Sullivan e está capitaneado polo canadense Sidney Crosby.

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes de Pittsburgh na NHL[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pittsburgh Pirates (NHL).

A presenza da cidade de Pittsburgh na National Hockey League remóntase a mediados dos anos 1920, cando na terceira expansión da liga na templada 1925-26 incorporáronse os segundos equipos estadounidenses na competición,[nota 1] os Pittsburgh Pirates e os New York Americans. As orixes dos Pirates remóntanse a 1915, cando Roy Schooley fundou un equipo afeccionado na cidade chamado Pittsburgh Yellow Jackets[4] e que competiu na United States Amateur Hockey Association (USAHA) dende a súa creación. Logo de gañar a USAHA en 1924 e 1925,[5] os Yellow Jackets foron vendidos a James F. Callahan, que quería inscribir ao equipo nunha liga profesional, sendo incluídos finalmente na National Hockey League baixo o nome de Pirates.[6]

O primeiro partido da NHL disputado en Pittsburgh tivo lugar o 26 de novembro de 1925, cando o equipo, dirixido por Odie Cleghorn aos Boston Bruins por dous goles a un, e dúas semanas despois derrotaron en Montreal aos Canadiens no que sería o derradeiro partido do mítico porteiro dos Habs Georges Vézina.[6][7] Esa primeira tempada clasificáronse para os play-offs, con todo os Pirates perderon a eliminatoria fronte aos Maroons en dous partidos (3-1 e 3-3).[8] Os Pirates xogarían catro tempadas máis en Pittsburgh, aínda que só se clasificarían unha vez máis para os play-offs na tempada templada 1927-28,[7] perdendo de novo na primeira rolda fronte aos New York Rangers (6-4 no cómputo global).[9] A andaina dos Pirates chegou o seu fin logo da tempada templada 1929-30, cando moi afectados pola Gran Depresión, os propietarios da franquía trasladárona a Filadelfia, mudando o seu nome polo de Philadelphia Quakers,[6] que finalmente só chegarían a completar unha tempada na cidade.[10]

Rivalidades[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rivalidades da NHL.

Philadelphia Flyers[editar | editar a fonte]

A rivalidade Philadelphia Flyers–Pittsburgh Penguins, tamén coñecida como The Battle of Pennsylvania,[11] comezou en 1967, cando ambos equipos foron introducidos na expansión da NHL coñecida como "Next Six". A rivalidade existe tanto polo aliñamento de ambos equipos na mesma división, como pola súa situación xeográfica, xa que os dous equipos hogan no Estado de Pennsylvania. Os Flyers lideran o rexistro de enfrontamentos con 144 vitorias, 96 derrotas, 30 empates, 30 empates e 7 derrotas na prolongación ata oo final da tempada 2015-16.[12] Con todo, os Penguins eliminaron os Flyers nos play-offs en 2008 e 2009, e foron eliminados no 2012 polo equipo de Filadelfia. Tres anos despois, os Flyers gañaron o sexto enfrontamento nos play-offs entre os dous equipos para avanzar ás semifinais de conferencia.[11] En total, ambos equipos enfrontáronse en seis ocasións nos play-offs, con catro vitorias dos Flyers (Finais da Patrick Division en 1989, 4–3; Cuartos de Final da Conferencia Leste en 1997, 4–1; Semifinais da Conferencia Leste en 2000, 4–2; e os Cuartos de Final da Conferencia Leste en 2012, 4–2) e os Penguins gañaron dúas series (Finais da Conferencia Leste en 2008, 4–1; e Cuartos de Final da Conferencia Leste en 2009, 4–2).

Washington Capitals[editar | editar a fonte]

Liorta durante o primeiro partido dos play-offs de 2009 entre Penguins e Capitals.

Os Penguins e os Capitals encontráronse un total de nove veces nos play-offs, cun resultado moi favorable para a franquía de Pittsburgh, que conseguiu superar aos de Washington, D.C. en oito ocasións, perdendo tan só nas series de 1994. Os Penguins eliminaron os Capitals no seu camiño á conquista das súas catro Stanley Cups, tendo que chegar ao sétimo e decisivo partido nos play-offs de 1992, 1995 e 2009.[13] Durante anos esta rivalidade foi vista como un duelo entre as dúas grandes estrelas de ambos equipos, Sidney Crosby (Penguins) e Alexander Ovechkin (Capitals), un duelo que tivo o seu momento culminante durante as semifinais da Conferencia Leste en 2009, cando sendos hat tricks no segundo partido abriron a serie.[14] Os duelos nos play-offs entre Capitals e Penguins coa rivalidade entre Ovechkin-Crosby tiveron a súa segunda entraga en 2016, finalizando cunha nova vitoria para os Penguins en seis partidos.[15][16]

Esta rivalidade presentouse no cuarto Winter Classic, xogado o 1 de xaneiro de 2001 no Heinz Field de Pittsburgh ante 68.111 espectadores, e no que os Capitals gañaron 3-1 .[17] A revista deportiva Sports Illustrated incluíu a rivalidade entre os dous equipos na súa lista das 10 mellores rivalidades da NHL, situándoa no 8º posto da lista.[14]

Identidade do equipo[editar | editar a fonte]

Logotipo e equipación[editar | editar a fonte]

Photo du maillot noir des Penguins.
Camisola para os partidos como visitante introducida en 1993.

Como todos os equipos da NHL, os Penguins empregaron diferentes camisolas e logotipos dende a súa creación. A primeira camisola dos Penguins era de cor branco, azul claro e azul escuro simplemente coa palabra PITTSBURGH escrita en diagonal. A camisola como local era predominantemente branca, mentres que na camisola visitante había predominio do azul escuro. Na parte inferior e nas mangas, o uniforme local posuía dúas finas bandas de cor azul escuro, mentres que no uniforme visitante as bandas eran brancas. O primeiro logotipo da franquía presentaba un pingüín con bufanda patinando e un círculo negro ao seu redor. No círculo, estaba escrito en branco na parte superior PITTSBURGH e na inferior PENGUINS. O logotipo en cuestión non está presente na camisola do equipo.[18]

Estas primeiras cores das camisolas veñen de Riley, o primeiro presidente da franquía, oriúndo de Toronto e seareiro dos Toronto Argonauts de fútbol canadense, cuxa camisola ten as mesmas cores. A idea de escribir o nome da cidade en diagonal foi proposta por George Sullivan, primeiro adestrador do equipo, en referencia ás camisolas do seu antigo equipo, os New York Rangers.[19] Ao ano seguinte o logo da franquía mudou, perdendo o pingüín a bufanda que tiña orixinalmente. As camisolas non mudan as súas cores, mais as bandas finas desaparecen en favor dunha banda ancha de cor azul ou branca. Na tempada 1970-71, a camisola branca converteuse na camisola local e os Penguins convértense nunha das primeiras franquías da NHL en introducir o nome dos xogadores sobre o número da parte posterior, algo que só se fixo nas camisetas do equipo como local.[18]

A principios da tempada 1972-73, o círculo do logo desapareceu e o tamaño do pingüín aumenta na camisola. O resto da camisola é esencialmente igual, aínda que as cores engádense nas mangas.[18] O 30 de xaneiro de 1980, os Penguins mudaron totalmente as cores e adoptaron as cores dourada e negra nas camisolas por primeira vez na súa historia. Os cores foron adoptadas co fin de unificar aos diferentes equipos deportivos da cidade de Pittsburgh e conseguir así atraer a máis seareiros á "Cidade dos Campións". De feito, os Pirates (béisbol) gañaron en 1979 a National League e os Steelers (fútbol americano) gañaron a Super Bowl o 20 de xaneiro de 1980. Os Boston Bruins consideran que o negro e o amarelo son as súas cores, polo que polo que reclamaron fronte á NHL, con todo os Penguins argumentaron que estas eran as cores empregadas polo antigo equipo de Pittsburgh (os Pittsburgh Pirates) na dédada de 1920.[18]

Mario Lemieux co logo introducido en 1993.

A parte das cores, os uniformes mantivéronse esencialmente iguais co cambio do azul escuro polo negro e do azul claro pola cor dourada. Entre 1981 e 1985, o equipo vestiu alternativamente os novos e os vellos uniformes nos partidos como local.[18]

En [[Tempada 1992-1993 da NHL| 1993, o logotipo dos Penguins modernizouse e os uniformes cambiaron. Así, o pingüín que patinaba doulle paso a unha cabeza de pingüín máis grande, e o uniforme visitante diferénciase totalmente do local. Este último, aínda predominantemente branco, conta coa cabeza do pingüín, mentres que as camisolas visitantes negras indica na súa parte dianteira en letras maiúsculas a palabra PITTSBURGH.[20] Durante a tempada 1995-96, os Penguins foron un dos cinco equipos da liga que decidiron levar unha terceira camisola para as ocasións especiais. Esta camisola era predominantemente negra coa cabeza do pingüín e bandas que continuaban o logotipo. Esta terceira camisola substituíu na tempada 1997-98 á camisola negra visitante.[20]

Para a 1999-00, os Penguins introduciron unha nova terceira camisola co antigo logotipo dos inicios do pingüín que patinaba sen o círculo. En 2002, esta terceira camisola foi adoptada como uniforme permanente do equipo. Na tempada 2007-08, a NHL decidiu mudar as camisolas de trinta equipos a raíz dun acordo co provedor Reebok. Nesta ocasión, a camisola dos Penguins mudou igualmente; mesmo se era xa un ano que Reebok era a marca do equipo; abandonouse o logotipo de 1993. En 2008, durante o partido xogado no exterior o día 1 de xaneiro, o equipo vestiu unha camisola branca e azul, réplica da camisola da tempada 1968-1969. Esta camisola converteuse oficialmente no terceiro uniforme do equipo.[20][21]

Mascota[editar | editar a fonte]

Iceburgh mascota dos Penguins.

Coma moitos equipos profesionais norteamericanos, od Penguins tiveron diferentes mascotas ao longo da súa historia. A primeira mascota data da segunda tempada dos Pens. Foi un pingüín real nado en Ecuador e chamado Pete. Fixo a súa primeira aparición durante un partido fronte aos Boston Bruins o 21 de febreiro de 1968.[22]. Pete morue un mes despois a causa dunha pneumonía porque o persoal do Civic Arena pensou que tería calor e polo tanto fixo que non arrefriara.[23] Pouco tempo despois, un novo pingüín fixo a súa aparición e foi chamado ‘Re-Pete’.[23]. Esta nova mascota sobreviviu ata a tempada 1971-1972.[22]

Dende o comezo da tempada 1993-1994, Iceburgh é o encargado de animar as pausas dos partidos celebrados no pavillon dos Penguins. Baixo o nome de Icey, a mascota fixo unha aparición en Sudden Death, o filme de 1995 con Jean-Claude Van Damme.[22]

Medios de comunicación[editar | editar a fonte]

Pavillóns[editar | editar a fonte]

Dende 2010, os Pittsburgh Penguins xogan os seus partidos como local no Consol Energy Center, se ben dende a creación da franquía e ata ese ano o equipo disputou os seus partidos como local no Mellon Arena, onde os Pens gañaron as tres Stanley Cups que posúen. Dende a primeira tempada da franquía, o equipo de Pittsburgh empregou os dous pavillóns para os seus partidos como local nos seguintes períodos:

Pavillóns empregados polos Pittsburgh Penguins
Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada Capacidade[nota 2]
Mellon Arena 1967-1968 2009-2010 16.940
Consol Energy Center 2010-2011 Actualmente en uso 18.387

Mellon Arena[editar | editar a fonte]

O Mellon Arena, alcumado o iglú.

Entre 1967 e 2010, os Penguins xogaron os seus partidos como locais no Mellon Arena, chamado Pittsburgh Civic Arena de 1961 a 1999. Debido á súa forma, o Mellon Arena foi alcumado o iglú e acollía nos seus inicios a 12.000 espectadores. Logo de varias melloras, o pavillón podía dar cabida en 2010 a 16.958 espectodores, mais daquela xa se encontraba vello e en mal estado – este convertérase no pavillón máis vello empregado na NHL.[24]

O pavillón posuía unha cúpula que se podía abrir por completo e permitía disputar partidos ao aire libre. Con todo, nunca se chegou a disputar ningún partido ao aire libre e en 1995, a instalación dun marcador impediu a posibilidade de abrir a cúpula no futura.[24] En 1990 disputouse n oMellon Arena o 41º partido das estrelas da NHL. Mario Lemieux e Paul Coffey, xogadores dos Penguins, foron seleccionados para o equipo inicial da conferencia Wales. Lemieux finalizou como mellor xogador o partido ante o seu público, anotando catro goles e igualando ao mesmo tempo o récord de goles anotados nun partido das estrelas – récord que posuía ata a data Wayne Gretzky.[25]

Ao principio da tempada 2006-07, os Penguins estaban a procurar solucións para construír un novo pavillón máis barato e moderno. O 13 de marzo de 2007, o gobernador de Pennsylvania, Ed Rendell, o alcalde de Pittsburgh, Luke Ravenstahl, e os dirixentes da franquía anunciaron que os Penguins manteríanse na cidade canto menos 30 anos máis co proxecto de construción dun novo pavillón no mesmo barrio que o Mellon Arena.[26].

O derradeiro partido da historia dos Penguins no Mellon Arena foi xogado contra os Montreal Canadiens no sétimo partido da segunda rolda dos play-offs da tempada 2009-10. Os Penguins, que defendían o título de campións da Stanley Cup, foron eliminados ao perder ese partido por 5 goles a 2. Os Canadiens foron igualmente os primeiros adversarios da historia dos Penguins no Mellon Arena e tamén obtiveron a vitoria.[24]

Interior do Mellon Arena
Datos de asistencia ao Mellon Arena[27]
Tempada Capacidade Liga regular Play-offs
PX Total Med PX Total Med
1967-1968 12.580 37 274.049 7.407 Non clasificado
1968-1969 12.580 38 228.285 6.008 Non clasificado
1969-1970 12.580 38 265.936 6.998 5 53.592 10.718
1970-1971 12.580 39 377.182 9.671 Non clasificado
1971-1972 12.580 39 375.711 9.634 2 25.515 12.758
1972-1973 12.866 39 436.601 11.195 Non clasificado
1973-1974 13.431 39 396.197 10.159 Non clasificado
1974-1975 13.404 40 448.977 11.224 5 66.833 13.367
1975-1976 16.402 40 458.198 11.455 1 13.626 13.626
1976-1977 16.404 40 401.580 10.040 2 25.961 12.984
1977-1978 16.033 40 421.933 10.548 Non clasificado
1978-1979 16.033 40 457.209 11.430 3 45.702 15.234
1979-1980 16.033 40 425.156 10.653 2 26.901 13.451
1980-1981 16.033 40 413.407 10.335 2 26.688 13.344
1981-1982 16.033 40 451.965 11.299 2 25.457 12.729
1982-1983 16.033 40 336.300 8.408 Non clasificado
1983-1984 16.033 40 273.550 6.839 Non clasificado
1984-1985 16.033 40 400.711 10.018 Non clasificado
1985-1986 16.033 40 503.020 12.576 Non clasificado
1986-1987 16.033 40 598.614 14.965 Non clasificado
1987-1988 16.168 40 606.638 15.166 Non clasificado
1988-1989 16.025 40 629.345 15.734 6 96.150 16.025
1989-1990 16.015 40 640.700 16.018 Non clasificado
1990-1991 16.164 40 637.072 15.927 13 210.132 16.164
1991-1992 16.164 40 639.736 15.993 10 161.640 16.164
1992-1993 16.164 41 660.290 16.105 8 129.312 16.164
1993-1994 17.537 41 685.589 16.714 3 46.412 15.471
1994-1995 17.181 24 386.599 16.108 7 114.894 16.413
1995-1996 17.181 41 665.790 16.239 10 171.597 17.159
1996-1997 17.181 41 684.346 16.691 2 34.710 17.355
1997-1998 16.958 41 617.815 15.069 3 48.437 16.146
1998-1999 16.958 41 607.822 14.825 6 99.787 16.631
1999-2000 16.958 41 636.199 15.517 5 84.924 16.984
2000-2001 16.958 40 655.926 16.398 8 137.184 17.148
2001-2002 16.958 41 641.641 15.650 Non clasificado
2002-2003 16.958 41 604.749 14.749 Non clasificado
2003-2004 16.958 41 486.961 11.877 Non clasificado
2004-2005 16.940 Tempada cancelada Tempada cancelada
2005-2006 16.940 41 647.975 15.804 Non clasificado
2006-2007 16.940 41 673.395 16.424 2 34.264 17.132
2007-2008 16.940 41 700.137 17.076 11 188.452 17.132
2008-2009 16.940 40' 682.298 17.058 11 188.452 17.132
2009-2010 16.940 41 700.211 17.078 7 119.224 17.132

Consol Energy Center[editar | editar a fonte]

O Consol Energy Center en construción en maio de 2009.

O novo pavillón dos Penguins custou 290 millóns de dólares e foi cofinanciado por varias partes incluídos dos Pittsburgh Penguins. O 22 de marzo de 2008, realizouse a demolición do antigo hospital St. Francis Central. Esta demolición formou parte dun grupo de demolicións que se realizaron na localización do futuro pavillón dos Penguins. En decembro de 2008, o pavillón foi chamado oficialmente Consol Energy Center a causa da compra dos dereitos por parte da compañía CONSOL Energy por 21 anos.[28]

Mosaico en homenaxe a Mario Lemieux no Consol Energy Center.

O novo pavillón pode acoller a 18.087 espectadores con 267 palcos de luxo e espazos adicados aos xogadores estrela da historia da franquía.[29] Deste xeito, con motivo da finalización da construción, o equipo revelou unha listaxe dos 15 mellores xogadores da historia da franquía, segundo o voto dos seareiros e tamén de directivos e xornalistas. Hai un espazo interactivo adicado a estes xogadores nunha das salas do Consol Energy Center, amais de lembrar os mellores momentos dos Penguins e os títulos conseguidos na historia da franquía.[30] O día do seu aniversario, o 5 de outubro de 2010, Mario Lemieux revelou un mosaico realizado con 21.000 fotografícas de seareiros e traballadores da construción do pavillón. este mosaico representa unha montaxe de seis fotografías de Lemieux entre o seu debut e a consecución da Stanley Cup en 2009. Cada un dos seareiros doou 66 dólares para que a súa fotografía aparecera no mosaico, e eses fondos foron destinados á Mario Lemieux Foundation. Os obreiros e persoas que traballaron na construción do complexo teñen todos a súa fotografía formando o bordo da imaxe.[31]

O primeiro encontro oficial da NHL disputado no Consol Energy Center tivo lugar na tempada 2010-11, o 7 de outubro de 2010, nun partido no que os Penguins enfrontáronse aos Philadelphia Flyers, caendo derrotados por 3 goles a 2. Con todo, o primeiro partido dos Penguins no novo pavillón foi un partido preparatorio fronte aos Detroit Red Wings o 7 de outubro de 2010, no que os locais gañaron 5-1.[32]

Datos de asistencia ao Consol Energy Center[27]
Tempada Capacidade Liga regular Play-offs
PX Total Med PX Total Med
2010-2011 18.087 40 729.628 18.241 4 73.939 18.485
2011-2012 18.387 41 761.224 18.567 3 55.819 18.606
2012-2013 18.387 24 447.560 18.648 8 149.041 18.630
2013-2014 18.387 41 763.334 18.618 7 130.411 18.630
2014-2015 18.387 41 763.319 18.618 2 37.264 18.632

Equipos afiliados[editar | editar a fonte]

Brad Thiessen en 2012 coa camiseta dos Wilkes-Barre/Scranton Penguins.

Dende o debut dos Penguins, as franquías da NHL están asociadas a franquías de ligas menores. Estas franquías constitúen un viveiro para os equipos da NHL e son frecuentemente chamados equipo-escola. A seguinte lista mostra os equipos que estiveron asociados aos Pinguins dende a súa formación en 1967:[33]

Equipos afiliados dos Pittsburgh Penguins
Período Equipo Liga
1967-1968 Baltimore Clippers AHL
1968-1969 Amarillo Wranglers [nota 3] CHL
1969-1970 Baltimore Clippers AHL
1970-1971 Clippers de Baltimore
Amarillo Wranglers
AHL
CHL
1971 a 1975 Fort Wayne Komets
Hershey Bears
IHL
AHL
1974-1975 Johnstown Jets NAHL
1975 a 1977 Hershey Bears AHL
1977 a 1979 Binghampton Dusters
Grand Rapids Owls
AHL
IHL
1980-1981 Binghamton Dusters AHL
1981-1982 Erie Blades
Muskegon Mohawks[nota 4]
AHL
IHL
1982-1983 Baltimore Skipjacks AHL
1987 a 1990 Muskegon Lumberjacks IHL
1990 a 1992 Knowville Cherokees ECHL
1992 a 1997 Cleveland Lumberjacks IHL
1993-1994 Louisville Ice Hawks ECHL
1995-1996 Hampton Roads Admirals ECHL
1996 a 1998 Johnstown Chiefs ECHL
1997 a 1999 Syracuse Crunch[nota 5] AHL
1999- Wilkes-Barre/Scranton Penguins
Wheeling Nailers
AHL
ECHL

Personalidades[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Modelo:Cadro Pittsburgh Penguins

Capitáns do equipo[editar | editar a fonte]

Crosby co C de capitán en decembro de 2007.

Ab McDonald foi o primeiro capitán na historia do equipo durante a súa primeira tempada. o 31 de maio de 2007, Sidney Crosby foi nomeado capitán do equipo, título que quedara vacante logo do retiro de Mario Lemieux o 25 de xaneiro de 2006. Crosby converteuse no capitán permanente[nota 6] da historia dos Penguins e tamén da NHL.[34]

Capitáns na historia dos Penguins[35]
Nome(s) Período
Ab McDonald 1967-1968
Earl Ingarfield 1968-1969
Ningún capitán 1969 a 1973
Ron Schock 1973 a 1977
Jean Pronovost 1977-1978
Orest Kindrachuk 1978 a 1981
Randy Carlyle 1981 a 1984
Mike Bullard 1984 a 1986
Mike Bullard e Terry Ruskowski 1986-1987
Dan Frawley e Mario Lemieux 1987-1988
Mario Lemieux 1988 a 1994
Ron Francis 1994-1995
Mario Lemieux 1995 a 1997
Ron Francis 1997-1998
Jaromír Jágr 1998 a 2000
Jaromír Jágr 2000-2001
Mario Lemieux 2001 a xaneiro de 2006
Ningún capitán Xaneiro de 2006 a 2007
Sidney Crosby Dende 2007

Eleccións na primeira rolda do draft[editar | editar a fonte]

Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Ao longo da súa historia, os Penguins escolleron tres veces en primeira posición, seleccionando a Mario Lemieux (1984), Marc-André Fleury (2003), e Sidney Crosby (2005). A continuación móstranse as eleccións na primeira rolda do draft da NHL dos Pittsburgh Penguins:[36]

1967 a 1985
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga)
1967 Steve Rexe Belleville Seniors
1968 Garry Swain Niagara Falls Flyers (OHA)
1969 Ningunha elección na primeira rolda
1970 Greg Polis Estevan Bruins (WHL)
1971 Ningunha elección na primeira rolda
1972 Ningunha elección na primeira rolda
1973 Blaine Stoughton Flin Flon Bombers (WHL)
1974 Pierre Larouche Sorel Éperviers (LHJMQ)
1975 Gordon Laxton 15º New Westminster Bruins (WHL)
1976 Blair Chapman Saskatoon Blades (WHL)
1977 Ningunha elección na primeira rolda
1978 Ningunha elección na primeira rolda
1979 Ningunha elección na primeira rolda
1980 Mike Bullard Brantford Alexanders (AHO)
1981 Ningunha elección na primeira rolda
1982 Rich Sutter 10º Lethbridge Broncos (WHL)
1983 Bob Errey Peterborough Petes (OHL)
1984 Mario Lemieux Laval Voisins (LHJMQ)
1985 Craig Simpson Michigan Wolverines (NCAA)
1986 Zarley Zalapski Equipo Nacional do Canadá
1987 Chris Joseph Seattle Thunderbirds (WHL)
1988 Darrin Shannon Windsor Spitfires (OHL)
1989 Jamie Heward 16º Regina Pats (WHL)
1990 Jaromír Jágr Poldi SONP Kladno (1. liga)
1991 Markus Näslund 16º MODO Hockey (Elitserien)
1992 Martin Straka 16º HC Škoda Plzeň (1. liga)
Dende 1982
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga)
1993 Stefan Bergkvist 26º Leksands IF (Elitserien)
1994 Chris Wells 24º Seattle Thunderbirds (WHL)
1995 Alekseï Morozov 24º Krylia Sovetov (Superliga)
1996 Craig Hillier 23º Ottawa 67's (OHL)
1997 Robert Döme 17º Las Vegas Thunder (IHL)
1998 Milan Kraft 23º HC Keramika Plzeň (Extraliga)
1999 Konstantin Koltsov 18º Severstal Cherepovets (Superliga)
2000 Brooks Orpik 18º Boston College Eagles (NCAA)
2001 Colby Armstrong 21º Red Deer Rebels (WHL)
2002 Ryan Whitney Boston Terriers (NCAA)
2003 Marc-André Fleury Cape Breton Screaming Eagles (LHJMQ)
2004 Ievgueni Malkine Metallurg Magnitogorsk (Superliga)
2005 Sidney Crosby Rimouski Oceanic (LHJMQ)
2006 Jordan Staal Peterborough Petes (OHL)
2007 Angelo Esposito 20º Quebec Remparts (LHJMQ)
2008 Ningunha elección na primeira rolda
2009 Simon Després 30º Saint-Jean Sea Dogs (LHJMQ)
2010 Beau Bennett 20º Penticton Vees (BCHL)
2011 Joe Morrow 23º Portland Winterhawks (WHL)
2012 Derrick Pouliot Portland Winterhawks (WHL)
2013 Ningunha elección na primeira rolda
2014 Kasperi Kapanen 22º KalPa (Liiga)
2015 Ningunha elección na primeira rolda
2016

Líderes históricos[editar | editar a fonte]

Esta sección presenta as estatísticas dos xogadores dos Penguins que superaron os 500 puntos nas súas carreiras, se ben o líder en partidos xogados, goles, asistencias e puntos da franquía é Mario Lemieux, tan só o propio Lemieux e Jaromír Jágr teñen superado os 1.000 puntos, mentres que tan só Lemieux superou os 500 goles e as 1.000 asistencias. As estatísticas refírense só aos puntos conseguidos cos Pittsburgh Penguins, os mellores rexistros en cada campo son sinalados en letra grosa e os xogadores aínda en activo na franquía están resaltados en verde:[37]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricos dos Pittsburgh Penguins
Xogador Pos  PX  G   A  Pts
Mario Lemieux C 915 690 1.033 1.723
Jaromír Jágr RW 806 439 640 1.079
Sidney Crosby C 627 302 551 853
Evgeni Malkin C 587 268 434 702
Rick Kehoe RW 722 312 324 636
Ron Francis C 533 164 449 613
Jean Pronovost RW 753 316 287 603
Kevin Stevens LW 522 260 295 555
Syl Apps, Jr. C 495 151 349 500

Polo que respecta aos porteiros, Marc-Andre Fleury é o que máis partidos defendeu a portería dos Pens cun total de 595 partidos. Fleury domina tamén en vitorias, cun total de 322 na súa carreira na franquía de Pittsburgh, e en shootouts, tendo rexistrado 38 partidos sen encaixar ningún gol ata a tempada 2015-16.[37]

Números retirados[editar | editar a fonte]

Números retirados dos Pittsburgh Penguins
Xogador Posición Carreira Data da retirada
66[38] Mario Lemieux 1 C 1926–40 19 de novembro de 1997
21[39] Michel Brière C 1925–34 5 de xaneiro de 2001
Notas:
  • 1 O número 66 de Lemieux foi retirado entre o 19 de novembro de 1997 ata o 27 de decembro de 2000. O dorsal de Lemieux foi retirado oficialmente o 24 de xaneiro de 2006 e for reelevado durante a tempada 2006-07.[40]
  • 2 O número 21 de Brière estivo fóra de circulación despois da morte de Brière en 1971, mais non foi oficialmente retirado ata o 5 de xaneiro de 2001.
  • 3 O número 99 de Wayne Gretzky foi retirado de todos os equipos pola NHL; nunca xogou nos Penguins.

Adestradores[editar | editar a fonte]

Michel Therrien, antigo adestrador do equipo.
Dan Bylsma adestrador campión da Stanley Cup en 2009.

Os Penguins tiveron 22 adestradores diferentes dende o seu debut na NHL. Ken Schinkel, Craig Patrick e Eddie Johnston adestraron a franquía en dúas etapas.[41]

Bob Johnson, Scotty Bowman e Dan Bylsma son os tres adestradores que dirixiron a franquía cara a vitoria na final da Stanley Cup. Bob Johnson tivo que deixar o seu posto a Scotty Bowman pouco despois do título a causa dun tumor cerebral. Despois da súa morte, a súa frase mítica de 1991 e da vitoria - It’s a great day for hockey! (É un gran día para o hóckey!) - está inscrita baixo o xeo do Mellon Arena dende a tempada 1991-92.

Lista de adestradores da franquía[42]
Nome Primeiro partido Derradeiro partido PX V D E
[nota 7]
DPr
[nota 7]
1 George Sullivan 6 de xuño de 1967 31 de marzo de 1969 150 47 79 24 -
2 Red Kelly 2 de xullo de 1969 13 de xaneiro de 1973 274 90 132 52 -
3 Ken Schinkel 13 de xaneiro de 1973 6 de febreiro de 1974 86 29 49 8 -
4 Marc Boileau 6 de febreiro de 1974 17 de xaneiro de 1976 151 66 61 24 -
5 Ken Schinkel 17 de xaneiro de 1976 19 de maio de 1977 117 54 43 20 -
6 Johnny Wilson 13 de xuño de 1977 8 de maio de 1980 240 91 105 44 -
7 Eddie Johnston 15 de xullo de 1980 20 de xullo de 1983 240 79 126 45 -
8 Lou Angotti 20 de xullo de 1983 4 de xuño de 1984 80 16 58 6 -
9 Bob Berry 4 de xuño de 1984 13 de abril de 1987 240 88 127 25 -
10 Pierre Creamer 4 de xuño de 1987 14 de xuño de 1988 80 36 35 9 -
11 Gene Ubriaco 28 de xuño de 1988 5 de decembro de 1989 106 50 47 9 -
12 Craig Patrick 5 de decembro de 1989 12 de xuño de 1990 54 22 26 6 -
13 Bob Johnson 12 de xuño de 1990 1 de outubro de 1991 80 41 33 6 -
14 Scotty Bowman 1 de outubro de 1991 28 de maio de 1993 164 95 53 16 -
15 Eddie Johnston 22 de xuño de 1993 3 de marzo de 1997 276 153 98 25 -
16 Craig Patrick 3 de marzo de 1997 26 de abril de 1997 20 7 10 3 -
17 Kevin Constantine 14 de xuño de 1997 9 de decembro de 1999 189 86 67 35 4
18 Herb Brooks 9 de decembro de 1999 9 de maio de 2000 57 29 24 5 2
19 Ivan Hlinka 21 de xuño de 2000 14 de outubro de 2001 86 42 32 9 3
20 Rick Kehoe 14 de outubro de 2001 15 de abril de 2003 160 55 81 14 0
21 Ed Olczyk 11 de xuño de 2003 15 de decembro de 2005 113 31 64 14 4
22 Michel Therrien 15 de decembro de 2005 15 de febreiro de 2009 272 135 105 - 27
23 Dan Bylsma 15 de febreiro de 2009 6 de xuño de 2014 401 252 117 - 32
24 Mike Johnston 25 de xuño de 2014 12 de decembro de 2015 28 15 10 - 3
25 Mike Sullivan 12 de decembro de 2015 Adestrador actual

Propietarios[editar | editar a fonte]

Dende a creación da franquía foron sucedéndose distintos propietarios:[43]

Propietarios dos Pittsburgh Penguins
Propietario(s) Inicio Fin
Jack McGregor e Peter Block Xuño de 1965 Marzo de 1968
Donald Parsons Marzo de 1968 Abril de 1971
Peter Block, Elmore Keen e Peter Burchfield Abril de 1971 13 de xuño de 1975
National Hockey League 13 de xuño de 1975 11 de xullo de 1975
Al Savill, Otto Frenzel e Wren Blair 11 de xullo de 1975 Febreiro de 1976
Al Savill e Otto Frenzel Febreiro de 1976 Febreiro de 1977
Edward J. DeBartolo sénior Febreiro de 1977 Novembro de 1991
Howard Baldwin, Moris Belzberg e Thomas Ruta Novembro de 1991 Maio de 1997
Howard Baldwin, Moris Belzberg, Thomas Ruta e Roger Marino Maio de 1997 Setembro de 1999
Mario Lemieux (Lemieux Group LP) e Ron Burkle Setembro de 1999

Membros do Hall of Fame[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

10 xogadores dos Pens forman parte do Hall of Fame:[44]

Xogadores incluídos no Hockey Hall of Fame
Nome(s) Posición Período nos Penguins Ano de entrada
Andy Bathgate RW 1967–68, 1970–71 1978
Leo Boivin D 1967–69 1986
Paul Coffey D 1987–92 2004
Ron Francis C 1990–98 2007
Tim Horton D 1971–72 1977
Mario Lemieux C 1984–97, 2000–06 1997
Joe Mullen RW 1990–95, 1996–97 2000
Larry Murphy D 1990–95 2004
Luc Robitaille LW 1995 2009
Bryan Trottier C 1990–94 1997

Outras personalidades no Hall of Fame[editar | editar a fonte]

As seguintes personalidades son membros do Hockey Hall of Fame na categoría de Builders, que inclúen presidentes, propietarios de franquías, adestradores ou membros dos medios de comunicación. O primeiro introducido foi o adestrador Scotty Bowman en 1991. Os xornalistas relacionados coa franquía Mike Lange e Dave Molinari recibiron o Foster Hewitt Memorial Award e o Elmer Ferguson Memorial Award respectivamente en 2001 e 2009.[45][46]

Xogadores incluídos no Hockey Hall of Fame
Nome(s) Posto Período de relación cos Penguins Ano de entrada
Scotty Bowman Adestrador 1990–93 1991
Bob Johnson Adestrador 1990–91 1992
Craig Patrick Xerente xeral
Adestrador
1989–06 2001
Mike Lange Xornalista 1974–75, 1976–presente 2001 – Foster Hewitt Memorial Award
Herb Brooks Adestrador
Scout xefe
1999–00
1994–99, 2000–03
2006
Dave Molinari Xornalista do Pittsburgh Post-Gazette 2009

Honores do equipo[editar | editar a fonte]

Pittsburgh Penguins Hall of Fame[editar | editar a fonte]

O 22 de outubro de 1992, na tempada seguinte á consecución da segunda Stanley Cup consecutiva dos Pens consagráronse os primeiros membros do Hall of Fame da franquía de Pittsburgh. Dende aquela foron homenaxeadas 18 personalidades relacionadas co equipo, tanto xogadores, como adestradores, directivos, ou outros membros do persoal do equipo.[47]

Membros do Pittsburgh Penguins Hall of Fame
Nome Posto (período) Ano de entrada
Bob Johnson Adestrador (1990–91) 1992
Jean Pronovost RW (1968–78) 1992
Rick Kehoe RW (1974–85) 1992
Syl Apps, Jr. C (1970–78) 1994
Edward J. DeBartolo Sr. Propietario (1977–91) 1996
Dave Burrows D (1971–78, 1980–82) 1996
Elaine Heufelder Asistente executiva (1967–03) 1996
Mario Lemieux C (1984–97, 2000–06)
Propietario (1999–presente)
1999
Jack Riley Xerente xeral (1967–70, 1972–74) 1999
Joe Mullen RW (1990–95, 1996–97) 2000
Craig Patrick Xerente xeral (1989–06) 2001
Mike Lange Locutor (1974–75, 1976–presente) 2001
Anthony "A.T." Caggiano Asistente de vestiario (1967–00) 2001
Les Binkley G (1967–72) 2003
Ulf Samuelsson D (1991–95) 2003
Vince Lascheid Organista (1970–03) 2003
Paul Coffey D (1987–92) 2007
Frank Sciulli Asistente de vestiario (1967–07) 2007

Ring of Honour[editar | editar a fonte]

O Ring of Honour é un mural que honra aos membros do "Millennium Team" da franquía, foi despreado por primeira vez o 26 de setembro de 2003.[48] Inspirado libremente no Ring of Honour do Texas Stadium,[47] foi un despregable permanente no Mellon Arena ata a súa demolición, deseñado para homenaxear ás personalidades máis destacadas da franquía sen ter retirado o seu número. Os membros actuais son:[47]

Trofeos da NHL e internos[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]

O equipo da tempada 2008-09 dos Penguins inscrito na Stanley Cup.
Copa Stanley
Premio final da National Hockey League, coroa ao mellor equipo das series eliminatorias. Os Pittsburgh Penguins gañaron o trofeo en cinco ocasións ao longo da súa historia, tendo chegado en seis ocasións á final da Stanley Cup:
Presidents' Trophy
A primeira vez que se entregou este trofeo ao mellor equipo da liga regular foi na tempada 1985-86. Dende aquela os Penguins gañaron tan só unha vez o Presidents' Trophy:
Prince of Wales Trophy
O Prince of Wales Trophy é o trofeo da NHL qué máis veces mudou o seu significado. Os Penguins gañaron en numerosas ocasións este trofeo como campións da Conferencia Leste (anteriormente Conferencia Prince of Wales):
Campións de división
Na maioría dos títulos citados, a franquía rematou na primeira posición da súa división na liga regular:

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Art Ross Trophy

O trofeo Art Ross é outorgado ao xogador que máis puntos conseguiu na liga regular. Foi entregado por primeira vez na tempada 1947-48, e catro xogadores dos Penguins teñen recibido este trofeo:[49]

Trofeo Bill Masterton

O trofeo Bill Masterton é un premio outorgado ao xogador que mellor exemplifica os valores de perseveranza e espírito de equipo. O trofeo é decidido por votación dos membros da asociación de xornalistas de hóckey profesional. Dous xogadores dos Penguins conseguiron este galardón:[50]

Trofeo Calder

O trofeo Calder premia o mellor rookie da tempada.[nota 8] Para ser elixible, un xogador non debe ter xogado máis de 25 partidos na tempada regular anterior á cal foi elixido e non máis de seis partidos durante as dúas tempadas anteriores en calquera liga profesional. O xogador non pode ter máis de 26 anos. Ao longo da súa historia dous xogadores dos Penguins teñen conseguido este galardón:[51]

Trofeo Conn Smythe

O trofeo Conn Smythe é outorgado dende 1964 ao mellor xogador dos play-offs (MVP). Ao longo da súa historia dous xogadores dos Penguins conseguiron este galardón:[52]

Trofeo Frank J. Selke

O trofeo Frank J. Selke é outorgado pola NHL ao mellor atacante que demostrara máis competencias defensivas dende a tempada 1977-1978. Tan só un xogador da franquía de Pittsburgh, Ron Francis, conseguiu o galardón:[53]

Trofeo Hart

Creado en 1923, o trofeo Hart é entregado anualmente ao xogador considerado polos membros da asociación de xornalistas de hóckey profesional como o máis valioso para o seu equipo. En total, catro xogadores dos Penguins teñen gañado este trofeo en sete ocasións:[54]

Trofeo James Norris

Cada ano dende 1954, os membros da Professional Hockey Writers' Association votan o mellor defensor da liga. O único defensa dos Penguins que ten conseguido o título foi Randy Carlyle en 1981:[55]

Trofeo Lady Byng

O trofeo Lady Byng é outorgado ao xogador que se considera que ten o mellor espírito deportivo, mantendo un rendemento excepcional no xeo; a Professional Hockey Writers' Association outorga os votos para atribuír o trofeo tendo en conta tanto o rendemento no xeo como o número de minutos de penalización acumulados. Os seguintes xogadores teñen conseguido o galardón cando xogaban na franquía de Pittsburgh:[56]

Lester B. Pearson/Ted Lindsay Award

Entregado por primeira vez en 1971 baixo o nome de trofeo Lester B. Pearson, o trofeo Ted Lindsay é outorgado cada ano ao mellor xogador da NHL por votación dos membros da National Hockey League Players' Association:[57]

Trofeo Lester Patrick

O Trofeo Lester Patrick foi un trofeo que se entregaba anualmente á personalidadeque máis destacara polo seu servizo ao hóckey sobre xeo nos Estados Unidos. O campión é elixido por un comité formado polo Presidente da NHL, un Gobernador da NHL, un representante dos New York Rangers, un membro da sección de "Construtores" do Hockey Hall of Fame, un xogador do Hockey Hall of Fame, un membro do Hockey Hall of Fame dos Estados Unidos, un membro da NHL Broadcasters' Association, e un membro da Professional Hockey Writers' Association. Todos os membros do comité ían rotando anualmente, coa excepción do presidente da NHL. Catro xogadores dos Penguins conseguiron este galardón na historia da franquía:[58]

Trofeo Mark Messier

Entregado ao xogador que liderou coas súas actuacións no xeo, a motivación aos membros do equipo, e a súa adicación ás actividades da comunidade e obras de caridade, só Sidney Crosby gañou o Mark Messier Leadership Award:[59]

Trofeo Maurice Richard

O trofeo Maurice Richard premia o xogador que marcou máis goles durante a liga regular. Tan só un xogador dos Penguins conseguiu facerse co galardón.[60]

Trofeo Jack Adams

Outorgado dende a tempada 1973-74, o trofeo Jack Adams premia anualmente o adestrador que máis contribuíu ao éxito do seu equipo. O gañador é elixido por votación dos membros da NHL Broadcasters' Association. Un adestrador dos Penguins conquistou o galardón:[61]

NHL General Manager of the Year Award

Dende que se creou na tempada tempada 2009-10, un director xeral da franquía gañou o NHL General Manager of the Year Award:[62]

NHL Plus/Minus Award

O premio Plus/Minus da NHL foi concedido entre 1983 e 2007 ao xogador con mellor rexistro de plus/minus. Os seguintes xogadores dos Penguins teñen conseguido o galardón na historia da franquía:[63]

MVP All Star Game

Dende que se creou en 1947, tres xogadores dos Penguins foron nomeados MVP do All-Star Game da NHL:[64][nota 9]

Trofeos internos[editar | editar a fonte]

Como outros moitos equipos da NHL, os Pittsburgh Penguins outorgan cada ano a finais da liga regular trofeos aos xogadores máis destacados do equipo.

Os trofeos máis antigos outorgados pola franquía de Pittsburgh a un xogador foron os que premian ao xogador máis valioso do equipo (MVP) ao finalizar a tempada, sendo Les Binkley o primeiro xogador en recibilo tras finalizar a tempada 1967-68. Esa mesma tempada foron entregados o Michel Briere Memorial Trophy ao mellor rookie da tempada (foi entregado tamén a Les Binkley), e o Players' Player Award ao mellor xogador elixido polos propios xogadores e que foi presentado esa tempada, mais non outorgado.[65]

Posteriormente a franquía presentou o A.T. Caggiano Booster Club Award entregado ao xogador estrela do equipo dende a tempada 1974-75, na tempada 1983-84 o Baz Bastien Memorial - Good Guy Award ao xogador máis cooperativo coa prensa, o The Edward J. DeBartolo Community Service Award ao xogador que máis participara na vida extradeportiva e caritativa dende a tempada 1991-92, o Bob Johnson Memorial ou Badger Bob Award apareceu na tempada 1994-95 para premiar aos xogadores que personalicen o espírito do antigo adestrador do equipo Bob Johnson, e na tempada 2008-09 o Defensive Player of the Year ao mellor defensor do equipo na tempada.[65]

Ademais destes trofeos, dende a tempada 1982-83, os Penguins presentan a un dos seus xogadores como candidato ao Bill Masterton Memorial Trophy, galardón que é outorgado ao xogador que mellor exemplifica os valores de perseveranza e espírito de equipo.[65]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O primeiro equipo dos Estados Unidos en competir na NHL foron os Boston Bruins, que se fundaron en 1924 e comezaron a súa andaina na liga na tempada 1924-25.
  2. A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
  3. Os Amarillo Wranglers xogaron dúas tempadas na CHL antes do cesamento das súas actividades. O equipo finalizou na cuarta posición da división sur na tempada 1968-69 e no último lugar na 1970-71.
  4. Estas dúas franquías xogaron unha soa tempada nas súas respectivas ligas e finalizaron ambas na última posición.
  5. Os Vancouver Canucks estiveron asociados aos Syracuse Crunch ao mesmo tempo que os Penguins.
  6. Durante a tempada 1983-84, Brian Bellows converteuse en capitán dos Minnesota North Stars sendo máis novo que Crosby; tiña 19 anos e 131 días pero foi nomeado capitán interino.
  7. 7,0 7,1 As derrotas na prolongación apareceron a partir da tempada 1999-00, os partidos empatados desapareceron a principios da tempada 2005-06.
  8. O termo «rookie» designa aos xogadores que debutan como profesionais esa tempada.
  9. As siglas MVP veñen da expresión en inglés Most Valuable Player, que quere dicir "Xogador Máis Valioso".
Referencias
  1. "Penguins Make The Move to “Pittsburgh Gold”" (en inglés). Pittsburgh Penguins. Consultado o 3 de agosto de 2016. 
  2. "Pittsburgh Penguins all-time player roster" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  3. Sandomir, Richard (2 de setembro de 1999). "HOCKEY; Lemieux Is Finally the Emperor of the Penguins". The New York Times (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  4. "Roy Schooley is Dead After Long Illness". Pittsburgh Post-Gazette (en inglés). 14 de novembro de 1933. pp. C1,C3. Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  5. "St. Paul Athletic Club (1914-1926)". Vintage Minnesota Hockey (en inglés). Minnesota Hockey Heritage. Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Pirates (1925-1930)" (en inglés). sportsecyclopedia.com. Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  7. 7,0 7,1 "Pittsburgh Pirates Statistics and History" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  8. "1925-26 NHL Playoff Results" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  9. "1927-28 NHL Playoff Results" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  10. "Philadelphia Quakers Statistics and History [NHL]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  11. 11,0 11,1 Moldovanyi, Rick (20 de decembro de 2009). "Pittsburgh Penguins vs. Philadelphia Flyers: The Best Rivalry in the NHL Today?" (en inglés). The Hockey Writers. Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  12. "Pittsburgh Penguins Head-to-Head Results". Hockey-Reference (en inglés). Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2016. 
  13. "Pittsburgh Penguins Playoff Game-by-Game Results" (en inglés). PittsburgHockey.net. Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  14. 14,0 14,1 "Ranking the NHL's 10 Best Rivalries" (en inglés). Sports Illustrated. Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  15. Mirtle, James (24 de abril de 2016). "Capitals and Penguins open a new chapter in Ovechkin-Crosby rivalry". The Globe and Mail (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  16. Crosby, Wes (10 de maio de 2016). "Penguins eliminate Capitals with Game 6 OT win" (en inglés). NHL Enterprise, L.P. Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  17. El-Bashir, Tarik (3 de xaneiro de 2011). "2011 Winter Classic: Capitals star Alex Ovechkin works on ending offensive slump". The Washington Post (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2016. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 280
  19. Starkey 2006, p. 6
  20. 20,0 20,1 20,2 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 281
  21. 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 282
  22. 22,0 22,1 22,2 "Pittsburgh Penguins Mascots" (en inglés). pittsburghhockey.net. Consultado o 29 de mais de 2016. 
  23. 23,0 23,1 Starkey 2006, p. 2
  24. 24,0 24,1 24,2 "1961-2012 The Civic Arena (Mellon Arena) History" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2016. 
  25. 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 274
  26. Lovering, Daniel (14 de marzo de 2007). "Penguins, government officials agree on new arena". usatoday.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2016. 
  27. 27,0 27,1 "2015.16 Pittsburgh Penguins Media Guide" (en inglés). pp. 310–312. 
  28. 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 277
  29. 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 8-9
  30. "Trib Total Media All-Time Team - Pittsburgh Penguins - Fan Zone" (en inglés). Pittsburgh Penguins. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 6 de xullo de 2016. 
  31. Seidling, Jason (10 de maio de 2010). "Penguins Unveil "Mario Mosaic" At CONSOL Energy Center" (en inglés). Pittsburgh Penguins. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 6 de xullo de 2016. 
  32. (2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 278)
  33. pittsburghhockey.net (ed.). "Pittsburgh Penguins Farm Team Affiliations" (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  34. 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 276
  35. 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 209
  36. hockeydb.com (ed.). "Pittsburgh Penguins Draft History" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2016. 
  37. 37,0 37,1 "2015.16 Pittsburgh Penguins Media Guide" (en inglés). Pittsburgh Penguins. pp. 225–228. Consultado o 6 de xullo de 2016. 
  38. Alan Robinson (20 de novembro de 1997). Pittsburgh Post-Gazette, ed. "Lemieux Teary as His Jersey Retired" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 8 de outubro de 2014. 
  39. Dejan Kovacevic (6 de xaneiro de 2001). Pittsburgh Post-Gazette, ed. "Penguins Report: 01/06/01" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2012. Consultado o 8 de outubro de 2014. 
  40. pittsburghhockey.net (ed.). "Pittsburgh Penguins All-time Uniform Numbers" (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2014. 
  41. 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 202
  42. 2013.14 Pittsburgh Penguins Media Guide, p. 203-208
  43. pittsburghhockey.net (ed.). "Pittsburgh Penguins All-Time Ownership" (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2014. 
  44. "Legends of Hockey - Team: Pittsburgh Penguins". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  45. "Elmer Ferguson Memorial Award" (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  46. "Foster Hewitt Memorial Award" (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  47. 47,0 47,1 47,2 "Pittsburgh Penguins Hall of Fame" (en inglés). Pittsburgh Penguins. Consultado o 28 de maio de 2016. 
  48. Molinari, Dave (27 de setembro de 2003). "Penguins Notebook: Patrick undecided on whether to sign No. 1 pick Fleury". Pittsburgh Post-Gazette (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2016. 
  49. "Art Ross Trophy". National Hockey League. 
  50. "Bill Masterton Memorial Trophy". National Hockey League. 
  51. "Calder Memorial Trophy". National Hockey League. 
  52. "Conn Smythe Trophy". National Hockey League. 
  53. "Frank J. Selke Trophy". National Hockey League. 
  54. "Hart Memorial Trophy". National Hockey League. 
  55. "James Norris Memorial Trophy". National Hockey League. 
  56. "Lady Byng Memorial Trophy". National Hockey League. 
  57. "Ted Lindsay Award". National Hockey League. 
  58. "Lester Patrick Trophy". National Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 09 de xuño de 2016. 
  59. "Bridgestone Messier Leadership Award". National Hockey League. 
  60. "Maurice Richard Trophy". National Hockey League. 
  61. "Jack Adams Award". National Hockey League. 
  62. "NHL General Manager of the Year Award". National Hockey League. 
  63. NHL.cz (ed.). "Bud Light Plus-Minus Award" (en checo). Archived from the original on 06 de outubro de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  64. "NHL All-Star Game MVPs". National Hockey League. [Ligazón morta]
  65. 65,0 65,1 65,2 "2015.16 Media Guide" (en inglés). Pittsburgh Penguins. pp. 314–317. Consultado o 14 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]