Jean-Claude Van Damme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Claude Van Damme
Van Damme Cannes 2010 (cropped).jpg
Nome completoJean-Claude Camille François Van Varenberg
Alcume/outrosJean-Claude Van Damme
Nacemento18 de outubro de 1960
LugarBerchem-Sainte-Agathe
NacionalidadeBélxica
EtniaBelgian Jews
Cónxuxe(s)María Rodríguez 1980-1984
Cynthia Derderian 1985-1986
Darcy LaPier 1994-1997
Gladys Portugues 1987-1992
(1999–presente)
FillosKristopher Van Varenberg
Bianca Bree
Nicholas Van Varenberg
ProfesiónActor, artista marcial, director
Na rede
https://www.jcvdworld.com/
IMDB: nm0000241 Allocine: 9081 Rottentomatoes: celebrity/jeanclaude_van_damme Allmovie: p72739 TCM: 196681 Metacritic: person/jean-claude-van-damme TV.com: people/jean-claude-van-damme
Facebook: JCVDworld Twitter: jcvd Instagram: jcvd Youtube: UCeIXvKs4HbvnVD9aTN90rEw Discogs: 2184102 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jean-Claude Camille François Van Varenberg, nado o 18 de outubro de 1960 en Berchem-Sainte-Agathe, Bruxelas, é un artista marcial e actor belga máis coñecido profesionalmente como Jean-Claude Van Damme[1] famoso polos seus filmes de acción.[2] Entre os seus filmes máis exitosos figuran Bloodsport (1988), Kickboxer (1989), Universal Soldier (1992), Hard Target (1993), Timecop (1994), Sudden Death (1995), JCVD (2008) e The Expendables 2 (2012).[3]

Biografía[editar | editar a fonte]

Van Damme obtivo a súa primeira fama gañando unha serie de campionatos europeos de karate. A súa primeira aparición na pantalla e na película de 1984 Monaco Forever. Porén, o seu primeiro papel importante e na película de 1985 No Retreat, No Surrender, na que interpretaba a Ivan Krushensk, protagonizada tamén por Kurt McKinney. Foi contratado para interpretar o monstro en Predator. Vestir un traxe moi pesado na xungla era moi duro e Van Damme estaba descontento co seu papel.[Cómpre referencia] Non esta claro como deixou a película, algúns din que marchou, outros din que foi substituído cando foi revisado o personaxe.[Cómpre referencia] Van Damme di que se despediu intencionadamente para poder facer outras películas. O papel de Van Damme en Bloodsport valeulle un nomeamento como "Peor Nova Estrela" nos Golden Raspberry Awards de 1988 nos que perdeu.[Cómpre referencia]

Van Damme fixo o seu camiño primeira liña de Hollywood nos anos 90, acotío traballando con afamados directores estranxeiros. Filmes memorables inclúen Double Impact (1991), Universal Soldier (1992), Nowhere to Run (1993), Hard Target (1993), e o seu filme máis apreciado pola crítica, Timecop (1994). Na maioría dos seus filmes, interpreta a un loitador, policía ou soldado.

A finais dos anos 90, a súa carreira comezou a decaer, con todo continuou facendo películas menores, a miúdo estreadas directamente en vídeo. As súas películas recadaron ó redor de 650 millóns de dólares en todo o mundo,[Cómpre referencia] dándolle un lugar no cinema de acción con outros coma Steven Seagal e Chuck Norris.

Tivo problemas coa cocaína e tamén se lle asume un trastorno bipolar.[Cómpre referencia] Casou cinco veces incluíndo dúas veces coa súa esposa actual Gladys Portugues.

No 1998, Van Damme e o seu antigo gardacostas Chuck Zito víronse envoltos nunha loita a puñadas nun bar de striptease de Nova York chamado Scores. Ao parecer, Van Damme dixo algo negativo sobre Zito mentres estaba borracho, e Zito enfrontóuselle e empezou a golpear ao seu xefe.[Cómpre referencia] Este suceso volveuse notorio nas noticias e resultou un escándalo para o actor.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1984 Monaco Forever Gay Karate Man
1984 Breakin' Espectador na primeira secuencia de danza Sen acreditar
1986 No Retreat, No Surrender Ivan Krushensky Tamén coñecido como Karate Tiger (Europa)
1987 Bloodsport Frank Dux Coreógrafo de loita
Guionista
Montaxe do filme
Primeiro filme con Bolo Yeung.
1988 Black Eagle Andrei
1989 Cyborg Gibson Rickenbacker Editor
1989 Kickboxer Kurt Sloane Guionista
Tamén coñecido como Karate Tiger 3 (Europa)
1990 Death Warrant Louis Burke
1990 Lionheart Lyon Gaultier Coreógrafo de loita
Guionista
1991 Double Impact Alex Wagner/Chad Wagner Produtor
Guionista
Segundo traballo con Bolo Yeung
1992 Universal Soldier Luc Deveraux/GR44 Primeiro traballo con Dolph Lundgren.
1993 O derradeiro grande heroe El mesmo Cameo
1993 Nowhere to Run Sam Gillen
1993 Hard Target Chance Boudreaux
1994 Timecop Max Walker
1994 Street Fighter Coronel William F. Guile
1995 Sudden Death Darren McCord
1996 Maximum Risk Alain Moreau/Mikhail Suverov
1996 The Quest Christopher Dubois Director
Guionista
1997 Double Team Jack Quinn
1998 Knock Off Marcus Ray
1998 Legionnaire Alain Lefevre Guionista
Produtor
1999 Universal Soldier: The Return Luc Devereaux Produtor
1999 Inferno Eddie Lomax Tamén coñecido como Desert Heat
Produtor
2001 The Order Rudy Cafmeyer/Charles Le Vaillant Escritor
2001 Replicant Edward "The Torch" Garrotte/Replicant
2002 Derailed Jacques Kristoff
2003 In Hell Kyle LeBlanc
2004 Wake of Death Ben Archer
2004 Narco Pantasma de Jean
2006 The Hard Corps Phillip Sauvage
2006 Second in Command Sam Keenan
2006 The Exam Charles
2007 Until Death Anthony Stowe
2008 The Shepherd: Border Patrol Jack Robideaux Primeiro traballo con Scott Adkins.
2008 JCVD JCVD Produtor executivo
2009 Universal Soldier: Regeneration Luc Deveraux Segundo traballo con Dolph Lundgren.
Primeiro traballo con Andrei Arlovski.
2011 Kung Fu Panda 2 Mestre Croc Voz
2011 Assassination Games Vincent Brazil
2011 Beur sur la ville Coronel Merot
2012 Rzhevskiy vs. Napoleon El mesmo
2012 Dragon Eyes Jean-Luis Tiano Primeiro traballo con Cung Le e Peter Weller.
2012 The Expendables 2 Jean Vilain Cuarto traballo con Scott Adkins e Dolph Lundgren.
2012 Universal Soldier: Day of Reckoning Luc Deveraux Terceiro traballo con Scott Adkins e Dolph Lundgren.
Segundo traballo con Andrei Arlovski.
2012 Six Bullets Samson Gaul
2012 U.F.O. George
2013 Welcome to the Jungle Storm Rotchild
2013 Enemies Closer Xander
2014 The Expendables 3 Claude Vilain

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cagle, Jess (22 January 1993). "The Career Makeover of Jean-Claude Van Damme". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 25 November 2010. 
  2. Wallace, David (20 August 1991). "Will Van Damme Have Schwarzenegger's Kick?". Los Angeles Times. Consultado o 23 August 2010. 
  3. Richards, David (4 September 1994). "FILM; Jean-Claude Van Damme, the, uh, Actor?". The Nova York Times. Consultado o 8 August 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]