Vegas Golden Knights

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vegas Golden Knights
Fundado en 2016
Sede Las Vegas,
Flag of Nevada.svg Nevada
Estados Unidos de América Estados Unidos
Cancha T-Mobile Arena
(17.500 espectadores)
Cores Gris aceiro, dourado, vermello e negro
                       
Liga National Hockey League
Conferencia Oeste
División Pacific
Director Flag of Canada.svg George McPhee
Propietario Flag of the United States.svg Bill Foley
Flag of the United States.svg Familia Maloof
Sitio Web https://www.nhl.com/goldenknights

Os Vegas Golden Knights son un futuro equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Las Vegas (Nevada, Estados Unidos). Fundados en 2016 como equipo de expansión, competirán na National Hockey League (NHL) a partir da tempada 2017-18, quedando encadrados na Pacific Division da Conferencia Oeste. O equipo xogará os seus partidos como locais no T-Mobile Arena, situado no suburbio de Paradise.

Personalidades[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Números retirados[editar | editar a fonte]

Aínda que a franquía non ten ningún número retirado, o equipo non pode empregar o número 99 para ningún dos seus xogadores, xa que este foi retirado de todos os equipos da liga en honor a Wayne Gretzky o 6 de febreiro do ano 2000 durante o Partido das Estrelas celebrado na cidade de Toronto (Canadá).[1]

Adestradores[editar | editar a fonte]

O 13 de abril de 2017 o director xeral dos Vegas Golden Knights, George McPhee, anunciaba ao canadense Gerard Gallant como primeiro adestrador da franquía. Gallant chegou aos Golden Knights logo de adestrar durante máis de dúas tempadas (entre 2014 e 2016) aos Florida Panthers,[2] de onde foi cesado o 27 de novembro de 2016 logo dun mal inicio de tempada.[3]

Adestradores dos Vegas Golden Knights
Nome Tempadas Liga regular Play-offs
PA V D E OT Pts % PA V D  % V
1 Gerard Gallant 13 de abril de 2017 Adestrador actual

Directores xerais[editar | editar a fonte]

O primeiro director xeral da franquía é o canadense George McPhee, nomeado o 13 de xullo de 2016. McPhee xa fora director xeral dos Washington Capitals entre 1997 e 2014,[4][5] e ocupara outros cargos directivos nos Vancouver Canucks e os New York Islanders.[6]

Directores xerais dos Vegas Golden Knights
Nome Período Notas
1 George McPhee 13 de xullo de 2016- [7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gretzky's number retired before All-Star Game". Sports Illustrated (en inglés). 7 de febreiro de 2000. Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  2. "Golden Knights Name Gerard Gallant Head Coach". Vegas Golden Knights (en inglés). 13 de abril de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  3. "Panthers fire coach Gerard Gallant". NHL.com (en inglés). 28 de novembro de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  4. "Three N.H.L. Teams Fill Coaching Vacancies". The New York Times (en inglés). 10 de xuño de 1997. Consultado o 25 de novembro de 2016. 
  5. "Capitals Announce Changes to Front Office and Coaching Staff" (en inglés). Washington Capitals. 26 de abril de 2014. Consultado o 25 de novembro de 2016. 
  6. "GEORGE MCPHEE" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 25 de novembro de 2016. 
  7. Burnside, Scott (14 de xullo de 2016). "Las Vegas NHL team announces George McPhee as GM". espn.com (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]