San Jose Sharks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Jose Sharks
Fundación1991
Cidade San Jose,
California
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioSAP Pavilion at San Jose
(17 496 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónPacific
Campionatos0
Propietario(s)San Jose Sports & Entertainment Enterprises
DirectorDoug Wilson
AdestradorPeter DeBoer
Afiliado(s)San Jose Barracudas (AHL)
Allen Americans (ECHL)
CoresTurquesa, laranxa escuro, negro, branco
                       
Na rede
http://sharks.nhl.com/
Facebook: SanJoseSharks Twitter: SanJoseSharks Instagram: sanjosesharks Pinterest: sanjosesharks Editar o valor em Wikidata

San Jose Sharks (do inglés: Quenllas de San Jose) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo dos Estados Unidos situado en San Jose, California. O equipo xoga na National Hockey League encadrado na División Pacífico.

Historia[editar | editar a fonte]

Patrick Marleau, co equipamento dos Sharks en 2008.

Antes dos Sharks, a zona onde se albergaría a franquía xa contou cun equipo na NHL. Os California Golden Seals, que xogaron desde 1967 até 1976, trasladáronse a Cleveland para fusionarse en 1978 cos Minnesota North Stars. Durante a década de 1980 Howard Baldwin, o antigo propietario dos Hartford Whalers, liderou un grupo que meteu presión á NHL para obter unha nova franquía en San José, California. Tras varios acordos comerciais cos propietarios dos North Stars, San José conseguiu unha franquía de expansión da NHL para a tempada 1991-92. O nome da franquía pasou a ser San Jose Sharks, en referencia aos quenllas do océano Pacífico.

Nos seus dúas primeiras tempadas, os Sharks xogaron no Cow Palace de Daly City, nos arredores de San Francisco. O equipo debutou cunha marca negativa de 71 derrotas, cun refacho de 17 derrotas consecutivas, e non callou boas actuacións. A partir de 1993 os Sharks trasladáronse ao San Jose Area e, baixo o liderado de Kevin Constantine, comezaron a remontar o voo logrando a súa primeira clasificación para os playoff. A serie positiva durou até 1996, cando terminaron en última posición da División Pacífico dúas tempadas seguidas.

En 1998 chega ao equipo Darryl Sutter como técnico xeral, e baixo a súa dirección melloran os seus resultados regresando aos playoff. O seu primeiro campionato de división chegou en 2001-02, e no mesmo ano véndese o equipo a un grupo de investidores locais liderado por Greg Jamison. O equipo volveu reforzarse con xogadores procedentes de equipos como os Canadiens ou Boston Bruins, pero ao non poder avanzar nos playoff Sutter foi cesado. En 2004 lógrase o campionato de división.

Tras afrontar unha nova renovación a partir de 2005 con Ron Wilson como técnico, Sharks volveu vencer o campionato de división na tempada de 2007-08. A pesar do cambio de adestrador por Todd McLellan, San Jose gañou o Trofeo dos Presidentes e revalidou o título de división en 2009.

Estadio[editar | editar a fonte]

Bandeira e mascota dos Sharks.

A area principal de San José é o HP Pavilion, que conta con capacidade para 17.500 persoas. Este campo é un pavillón multiúsos, e albergou a Golden State Warriors de 1995 a 1997. Inaugurado en 1993, o equipo xogou temporalmente en Cow Parade ata que se concluíu a construción do novo pavillón.

Equipamento e imaxe[editar | editar a fonte]

O equipamento tradicional dos Sharks é verde mariño (local) e branco (visitante), e foi renovada durante sucesivas tempadas. O escudo do club é un quenlla que esnaquiza un stick de hockey dunha dentada, e este animal é tamén a súa mascota oficial. Os Sharks contan con apoio na área da Baía de California.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Joe Thornton, o capitán dos Sharks gañou o premio Hart Memorial.
  • Presidents' Trophy: 1 (2008-09)

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Art Ross Trophy

Bill Masterton Memorial Trophy

Calder Memorial Trophy

Hart Memorial Trophy

Maurice 'Rocket' Richard Trophy

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]