Mario Lemieux
Mario Lemieux | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de outubro de 1965 |
Lugar de nacemento | Montreal |
Nacionalidade | Canadá e Estados Unidos de América |
Ocupación | xogador de hóckey sobre xeo |
Irmáns | Alain Lemieux |
Premios | Oficial da Ordem do Canadá, Knight of the National Order of Quebec, IIHF Hall of Fame, Canada's Walk of Fame, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Hart Memorial Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Art Ross Trophy, Troféu Bill Masterton, Calder Memorial Trophy, Conn Smythe Trophy, Conn Smythe Trophy, Lester B. Pearson Award, Lester B. Pearson Award, Lester B. Pearson Award, Lester B. Pearson Award, NHL Plus-Minus Award, Quebec Sports Hall of Fame, Canada's Sports Hall of Fame, Hockey Hall of Fame e Lester Patrick Trophy |
Na rede | |
http://www.mariolemieux.org/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mario Lemieux, nado en Montreal o 5 de outubro de 1965, é un xogador de hóckey sobre xeo retirado canadense. Xogou dezasete temporadas na National Hockey League (NHL) cos Pittsburgh Penguins entre 1984 e 2006, dos que asumiu a propiedade en 1999. Alcumado "The Magnificent One" ou "Le Magnifique" así como "Super Mario", está recoñecido como un dos mellores xogadores de todos os tempos.[1] Dotado para crear xogo e patinador rápido a pesar do seu gran tamaño, Lemieux adoitaba bater os defensas con fintas e dekes.[2]
Lemieux liderou os Pittsburgh na consecución de copas Stanley consecutivas en 1991 e 1992. Baixo a súa propiedade, os Penguins gañaron outros títulos adicionais en 2009, 2016 e 2017. É o único home que ten o seu nome na copa como xogador e como propietario.[3] Tamén liderou a selección canadense que gañou a medalla e ouro nos Xogos Olímpicos de Salt Lake City, o campionato do mundo de 2004 e a Copa do Canadá de 1987. Gañou o Lester B. Pearson Award como xogador máis destacado votado polos xogadores en catro ocasións, o Hart Trophy como xogador máis valioso da NHL en tres ocasións, o Art Ross Trophy como líder por puntos seis veces e o Conn Smythe Trophy como xogador máis valioso dos playoffs en 1991 e 1992. É o único xogador que marcou un gol en cada unha das cinco posibles situacións nun único partido, o que logrou en 1988. No momento da súa retirada era o sétimo xogador que marcou máis puntos durante a súa carreira, con 690 goles e 1033 asistencias.[4] É segundo na historia da NHL cunha media de goles por partido de 0.754, só detrás de Mike Bossy (0.762).[5] En 2004, foi incluído no Canada's Walk of Fame.
A carreira de Lemieux estivo cheo de problemas de saúde que o limitaron a 915 partidos dun total de 1430 posibles nunha tempada regular. O debut de Lemieux na NHL foi o 11 de outubro de 1984 e o seu último partido tivo lugar o 26 de decembro de 2005.[6][7] Retirouse en dúas ocasións debido aos problemas de saúde, primeiro en 1997 tras loitar cun linfoma antes de volver en 2000, e definitivamente en 2006 tras ser diagnosticado con fibrilación auricular. Lemieux tamén se perdeu a temporada 1994-95 debido a un linfoma de Hodgkin.[4] A pesar destas longas ausencias, o seu xogo permaneceu a alto nivel nas súas voltas ao xeo.
En 1999 comprou os Penguins, entón en bancarrota, e o seu afiliado na American Hockey League (AHL), os Wilkes-Barre/Scranton Penguins, e continúa a ser o dono principal e director.
Lemieux foi incluído no Hockey Hall of Fame xusto despois da súa primeira retirada en 1997, prescindíndose da aplicación da regra normal dos tres anos de espera; cando volveu en 2000 converteuse no terceiro Hall of Fame que xogou logo de ser incluído, despois de Gordie Howe e Guy Lafleur.[2] O impacto de Lemieux na NHL foi significativo: Andrew Conte do Pittsburgh Tribune-Review chamouno o salvador dos Pittsburgh Penguins, e despois de que se retirase, Wayne Gretzky comentou que "ti non substitúes xogadores como Mario Lemieux (...) O xogo botarao de menos".[8] Bobby Orr dixo que era "o xogador con máis talento que nunca vin". Orr, xunto con Bryan Trottier e moitos seguidores,[4] especulou que se Lemieux non sufrise tantos problemas de saúde, os seus logros sobre o xeo serían aínda maioresthat if Lemieux had not suffered so many issues with his health, his on-ice achievements would have been much greater.[8] En 2017, foi nomeado un dos "100 Greatest NHL Players".[9]
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Temporadas regulares e playoffs[editar | editar a fonte]
Grosa indica que liderou a liga
Temporada regular | Playoffs | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temporada | Equipo | Liga | GP | G | A | Pts | PIM | GP | G | A | Pts | PIM | ||
1980–81 | Montreal-Concordia | QAAA | 47 | 62 | 62 | 124 | 127 | 3 | 2 | 5 | 7 | 8 | ||
1981-82 | Laval Voisins | QMJHL | 64 | 30 | 66 | 96 | 22 | — | — | — | — | — | ||
1982-83 | Laval Voisins | QMJHL | 66 | 84 | 100 | 184 | 76 | 12 | 14 | 18 | 32 | 18 | ||
1983-84 | Laval Voisins | QMJHL | 70 | 133 | 149 | 282 | 97 | 14 | 29 | 23 | 52 | 29 | ||
1983-84 | Laval Voisins | MC | — | — | — | — | — | 3 | 1 | 2 | 3 | 0 | ||
1984-85 | Pittsburgh Penguins | NHL | 73 | 43 | 57 | 100 | 54 | — | — | — | — | — | ||
1985-86 | Pittsburgh Penguins | NHL | 79 | 48 | 93 | 141 | 43 | — | — | — | — | — | ||
1986-87 | Pittsburgh Penguins | NHL | 63 | 54 | 53 | 107 | 57 | — | — | — | — | — | ||
1987-88 | Pittsburgh Penguins | NHL | 77 | 70 | 98 | 168 | 92 | — | — | — | — | — | ||
1988-89 | Pittsburgh Penguins | NHL | 76 | 85 | 114 | 199 | 100 | 11 | 12 | 7 | 19 | 16 | ||
1989-90 | Pittsburgh Penguins | NHL | 59 | 45 | 78 | 123 | 78 | — | — | — | — | — | ||
1990-91 | Pittsburgh Penguins | NHL | 26 | 19 | 26 | 45 | 30 | 23 | 16 | 28 | 44 | 16 | ||
1991-92 | Pittsburgh Penguins | NHL | 64 | 44 | 87 | 131 | 94 | 15 | 16 | 18 | 34 | 2 | ||
1992-93 | Pittsburgh Penguins | NHL | 60 | 69 | 91 | 160 | 38 | 11 | 8 | 10 | 18 | 10 | ||
1993-94 | Pittsburgh Penguins | NHL | 22 | 17 | 20 | 37 | 32 | 6 | 4 | 3 | 7 | 2 | ||
1995-96 | Pittsburgh Penguins | NHL | 70 | 69 | 92 | 161 | 54 | 18 | 11 | 16 | 27 | 33 | ||
1996-97 | Pittsburgh Penguins | NHL | 76 | 50 | 72 | 122 | 65 | 5 | 3 | 3 | 6 | 4 | ||
2000-01 | Pittsburgh Penguins | NHL | 43 | 35 | 41 | 76 | 18 | 18 | 6 | 11 | 17 | 4 | ||
2001-02 | Pittsburgh Penguins | NHL | 24 | 6 | 25 | 31 | 14 | — | — | — | — | — | ||
2002-03 | Pittsburgh Penguins | NHL | 67 | 28 | 63 | 91 | 43 | — | — | — | — | — | ||
2003-04 | Pittsburgh Penguins | NHL | 10 | 1 | 8 | 9 | 6 | — | — | — | — | — | ||
2005-06 | Pittsburgh Penguins | NHL | 26 | 7 | 15 | 22 | 16 | — | — | — | — | — | ||
Totais QMJHL | 200 | 247 | 315 | 562 | 190 | 26 | 43 | 41 | 84 | 47 | ||||
Totais NHL | 915 | 690 | 1033 | 1723 | 834 | 107 | 76 | 96 | 172 | 87 |
Internacional[editar | editar a fonte]
Ano | Equipo | Competición | Resultado | GP | G | A | Pts | PIM | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1983 | Canadá | WJC | ![]() |
7 | 5 | 5 | 10 | 12 | |
1985 | Canadá | WC | ![]() |
9 | 4 | 6 | 10 | 2 | |
1987 | Canadá | CC | ![]() |
9 | 11 | 7 | 18 | 8 | |
2002 | Canadá | OLI | ![]() |
5 | 2 | 4 | 6 | 0 | |
2004 | Canadá | WCH | ![]() |
6 | 1 | 4 | 5 | 2 | |
Totais como júnior | 7 | 5 | 5 | 10 | 12 | ||||
Totais como sénior | 29 | 18 | 21 | 39 | 12 |
Xogos da NHL All-Star[editar | editar a fonte]
Ano | Lugar | G | A | P |
---|---|---|---|---|
1985 | Calgary | 2 | 1 | 3 |
1986 | Hartford | 0 | 0 | 0 |
1988 | St. Louis | 3 | 3 | 6 |
1989 | Edmonton | 0 | 1 | 1 |
1990 | Pittsburgh | 4 | 0 | 4 |
1992 | Philadelphia | 0 | 1 | 1 |
1996 | Boston | 0 | 2 | 2 |
1997 | San Jose | 2 | 1 | 3 |
2001 | Denver | 1 | 1 | 2 |
2002 | Os Ánxeles | 1 | 0 | 1 |
10 All-Star Games | 13 | 10 | 23 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mario Lemieux". Encyclopædia Britannica. Consultado o 30 de outubro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Mario Lemieux Biography". Legends of Hockey.net. Consultado o 21 de setembro de 2007.
- ↑ "Lemieux to receive Order of Quebec". CBC Sports. 16 de xuño de 2009. Consultado o 23 de xullo de 2009.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Lemieux leaves with a heavy heart". CBC Sports. 24 de xaneiro de 2006. Consultado o 19 de setembro de 2007.
- ↑ Player Season Finder Arquivado 06 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.. Hockey-Reference.com. Consultado o 23 de xullo de 2013.
- ↑ "First Goal: Mario Lemieux". National Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2015.
Mario Lemieux scored the first goal of his NHL career on his first shift in his first game on October 11, 1984.
- ↑ "Mario Lemieux – last five games". National Hockey League. Consultado o 28 de outubro de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 "What people are saying". CBC Sports. 25 de xaneiro de 2006. Consultado o 19 de setembro de 2007.
- ↑ "100 Greatest NHL Players". National Hockey League. 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Stewart, Mark (2002). Mario Lemieux: own the ice. Millbrook Press. ISBN 0-7613-2555-7.
- O'Shei, Tim (2002). Mario Lemieux. Chelsea House Publishers. ISBN 0-7910-6307-0.
Mario Lemieux.
- Nados en Montreal
- Nados en 1965
- Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos do Canadá
- Membros do Hockey Hall of Fame
- Xogadores da NHL
- Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo
- Medallistas olímpicos de ouro polo Canadá
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002
- Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 2002