Saltar ao contido

Chicago Blackhawks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chicago Blackhawks
Fundación1926
Cidade Chicago,
Illinois
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioUnited Center
(20.500 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónCentral
Campionatos6
Propietario(s)Wirtz Corporation
Danny Wirtz, presidente
Director Kyle Davidson
Adestrador Luke Richardson
Afiliado(s)Rockford IceHogs (AHL)
Indy Fuel (ECHL)
CoresVermello, negro, branco
                 
Na rede
http://blackhawks.nhl.com/
Facebook: nhlblackhawks Twitter: nhlblackhawks Instagram: nhlblackhawks Youtube: UC-eEFwGhQy3BGHYKp92KG1A Editar o valor en Wikidata

Os Chicago Blackhawks (escrito Black Hawks ata 1986, e coñecidos coloquialmente como Hawks) son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Chicago (Estados Unidos) que compite na National Hockey League (NHL) como membro da Central Division na Conferencia Oeste. Foi fundado en 1926 e gañou seis Stanley Cups (1933-34, 1937-38, 1960-61, 2009-10, 2012-13 e 2014-15), catro títulos de conferencia (1991-92, 2009-10, 2012-13 e 2014-15), dous Presidents' Trophies (1990–91, 2012–13) e 15 títulos de división. Entre 1926 e 1986 era denominado Chicago Black Hawks, trocando a súa denominación pola actual en 1986. Son un dos denominados "Original Six" da NHL, xunto cos Detroit Red Wings, os Montreal Canadiens, os Toronto Maple Leafs, os Boston Bruins, e os New York Rangers. Dende a tempada 1994-95 o equipo xoga os seus partidos como local no United Center, que comparte cos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA); previamente ambos equipos xogaron no actualmente demolido Chicago Stadium.[1]

O propietario orixinal dos Blackhawks foi Frederic McLaughlin, un propietario moi intervencionista que despediu a moitos adestradores mentres tivo a franquía e levou o equipo a gañar dous títulos da Stanley Cup en 1934 ee 1938. Logo da morte de McLaughlin en 1944, o equipo pasou a ser propiedade familia Norris, que actuaron como arrendadores como donos do Chicago Stadium, e tamén tiñan participación en varios equipos da NHL. Inicialmente, a propiedade dos Norris exercíase a través dun sindicato encabezado polo veterano executivo Bill Tobin, e o equipo quedou relegado en favor do Detroit Red Wings, tamén propiedade dos Norris. Logo da morte de James E. Norris pai en 1952, os bens da familia Norris repartíronse entre os seus membros, e James D. Norris converteuse no propietario dos Blackhawks. O mozo Norris amosou un interese activo no equipo, que gañou outra Stanley Cup baixo a súa xestión en 1961. Logo da morte de James D. Norris en 1966, a franquía pasou ás mans da familia Wirtz. En 2007, o control do equipo pasou ás mans de Rocky Wirtz, a quen se lle atribúe a transformación da organzación, que perdera tanto o interese da afección como a competitividade; baixo a xestión de Wirtz, os Blackhawks gañaron tres veces a Stanley Cup en 2010, 2013 e 2015.[2][3] Rocky morreu en xullo de 2023, e o seu fallo, Danny Wirtz, foi nomeado presidente dos Blackhawks.

Máis de 800 xogadores vestiron a camisola da franquía, incluíndo a uns corenta membros do Hockey Hall of Fame. De todos eles, Stanley Mikita xogou no equipo entre as tempadas 1958-59 e 1979-1980. É o máximo puntuador e pasador da historia da franquía, así como o xogador máis empregado, tanto en liga regular como nos play-offs. É superado só por Robert Hull en número de goles tanto nas series como na liga regular, os dous xogadores compartiron case toda a súa carreira.

Identidade do equipo

[editar | editar a fonte]
O xefe amerindio Falcón Negro.

O nome imaxinado por Laughlin para a franquía e que fai referencia ao xefe amerindio Falcón Negro escribiuse en dúas palabras dende o seu debut na NHL. Durante o verán de 1986, o descubrimento do contrato orixinal do equipo amosou que o nome escribírase Blackhawks nunha soa palabra. O daquela propietario, Bill Wirtz, decidiu formalizar este nome para axustarse ao documento orixinal.[4]

Tommy Hawk en outubro de 2021.

Como a maior parte dos equipos profesionais americanos, os Blackhawks posúen a súa propia mascota. A mascota dos Blackhawks é Tommy Hawk, un buteogallus anthracinus antropomorfo que leva as catro plumas dos Blackhawks na súa cabeza, xunto cunha camisola do equipo e pantalóns de hóckey sobre xeo. O seu nome é un xogo de palabras que fai referencia ao tomahawk, un arma empregada polos nativos norteamericanos.[5]

Tommy Hawk participa frecuentemente no lanzamento de camisolas no United Center.[5] Camiña ao redor da pista antes e durante o partido.[5] O equipo presentou a Tommy Hawk na tempada 2001–02.[6] Tommy Hawk foi introducido no Mascot Hall of Fame en 2019.[7]

Pavillóns

[editar | editar a fonte]

Dende 1994, os Chicago Blackhawks xogan os seus partidos como locais no United Center, se ben anteriormente xogou algunhas tempadas no Chicago Coliseum, e a maior parte da súa historia no Chicago Stadium (entre 1929 e 1994). Dende a primeira tempada da franquía, o equipo de Chicago empregou os tres pavillóns para os seus partidos como local nos seguintes períodos:

Pavillóns empregados polos Boston Bruins
Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada Capacidade[a] Usos futuros
Chicago Coliseum1926-19271928-19296 000Demolido en 1983
Chicago Stadium1929-19301993-199417 317Demolido en 1995
United Center1995-1996Actualmente en uso19 717

Chicago Coliseum

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Chicago Coliseum.

Chicago Stadium

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Chicago Stadium.

United Center

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: United Center.

Asistencia ao United Center

[editar | editar a fonte]

Os Blackhawks levan conseguido o récord de asistencia as cinco últimas tempadas de xeito consecutivo.[8]

TempadaAsistenciaMedia
2000–2001 614.875 14.996
2001–2002 638.324 15.568
2002–2003 606.580 14.794
2003–2004 543.374 13.253
2005–2006 546.075 13.318
2006–2007 521.809 12.727
2007–2008 689.377 16.814
2008–2009 871.337 21.783
2009–2010 854.267 21.356
2010–2011 878.356 21.423
2011–2012 882.874 21.533
2012–2013 522.619 21.775

Equipos afiliados

[editar | editar a fonte]
Ben Smith coa camisola dos Rockford IceHogs, equipo afiliado a Chicago na American Hockey League (AHL).

As franquías da NHL teñen un cadro de xogadores limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto permítelles recrutar xogadores novos na repesca anual, posibilitándolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a mercé das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxelan no tempo. Dende os seus inicios, os Blackhawks tiveron as seguintes afiliacións:[9]

Equipos afiliados dos Chicago Blackhawks
Período Equipo Liga
1937-1938 Saint-Louis Flyers AHA
1939-1941 Providence Reds AHL
1940-1942 Kansas City Americans AHA
1946-1948 Kansas City Pla-Mors USHL
1947-1948 Pittsburgh Hornets AHL
1949-1950 Kansas Mohawks USHL
1950-1951 Milwaukee Sea Gulls USHL
1951-1953 Saint-Louis Flyers AHL
1953-1954 Calgary Stampeders WHL
1953-1954 Québec As LHQ
1954-1966 Buffalo Bisons AHL
1963-1967 Saint-Louis Braves CHL
1967-1978 Dallas Black Hawks CHL
1967-1973 Portland Buckaroos WHL
1978-1982 New Brunswick Hawks AHL
1982-1984 Springfield Indians AHL
1984-1985 Milwaukee Admirals IHL
1985-1987 Nova Scotia Oilers AHL
1987-1989 Saginaw Hawks IHL
1989-1998 Indianapolis Ice IHL
1998-1999 Portland Pirates AHL
1999-2000 Cleveland Lumberjacks IHL
2000-2007 Norfolk Admirals AHL
Dende 2007 Rockford IceHogs AHL

Afiliacións secundarias

[editar | editar a fonte]

Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Ao longo da súa historia, os Blackhawks tiveron as seguintes afiliacións secundarias:[9]

Outras afiliacións dos Chicago Blackhawks
Período Equipo Liga
1967-1968 Columbus Checkers IHL
1967-1971 Greensboro Generals EHL
1969-1982 Flint Generals IHL
1982-1984 Peoria Prancers IHL
1985-1987 Saginaw Generals IHL
1993-1994 Columbus Chill ECHL
1993-1994 St. Thomas Wildcats UHL
1993-1995 Flint Generals UHL
1995-1999 Columbus Chill ECHL
2001-2002 Jackson Bandits ECHL
2002-2003 Roanoke Express ECHL
2004-2006 Greenville Grrrowl ECHL
2007-2008 Pensacola Ice Pilots ECHL
2008-2009 Fresno Falcons ECHL
2009-2014 Toledo Walleye ECHL
Dende 2014 Indy Fuel ECHL

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Capitáns do equipo

[editar | editar a fonte]
Jonathan Toews, capitán do equipo de 2008 a 2023.

Dende os inicios da franquía, 35 xogadores tiveron o honor de ostentar a capitanía do equipo. Jonathan Toews, que foi nomeado na tempada 2008-09 con 20 anos e 79 días, é o capitán máis novo na historia da franquía e o terceiro da NHL por detrás de Sidney Crosby dos Pittsburgh Penguins e Vincent Lecavalier do Tampa Bay Lightning.[10] De todos os xogadores que levaron o "C" na súa camisola, o porteiro Charlie « Chuck » Gardiner é o único que levou o seu equipo á Copa Stanley. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[11]

Capitáns entre 1926 e 1968
Nome(s) Período
James Dickinson « Dick » Irvin1926 a 1929
Duke Dukowski1929-1930
Ty Arbour1930-1931
Marvin « Cy » Wentworth1931-1932
Helge Bostrom1932-1933
Charlie « Chuck » Gardiner1933-1934
Ningún capitán1934-1935
Johnny Gottselig1935 a 1940
Earl Seibert1940 a 1942
Doug Bentley1942 a 1944
Clint Smith1944-1945
John Mariucci1945-1946
Red Hamill1946-1947
John Mariucci1947-1948
Gaye Stewart1948-1949
Doug Bentley1949-1950
Jack Stewart1950 a 1952
Bill Gadsby1952 a 1954
Gus Mortson1954 a 1957
Ningún capitán1957-1958
Ed Litzenberger1958 a 1961
Pierre Pilote1961 a 1968
Capitáns dende 1968
Nome(s) Período
Ningún capitán1968-1969
Pat Stapleton1969-1970
Ningún capitán1970 a 1975
Hubert Martin1975-1976
Stan Mikita, Hubert Martin e Keith Magnuson1976-1977
Keith Magnuson1977 a 1979
Keith Magnuson e Terry Ruskowski1979-1980
Terry Ruskowski1980 a 1982
Darryl Sutter1982 a 1985
Darryl Sutter e Bob Murray1985-1986
Darryl Sutter1986-1987
Ningún capitán1987-1988
Denis Savard1988-1989
Dirk Graham1989 a 1995
Chris Chelios1995 a 1999
Doug Gilmour1999-2000
Tony Amonte2000 a 2002
Alekseï Jamnov2002 a 2004
Aucun capitaine, tempada cancelada2004-2005
Adrian Aucoin e Martin Lapointe2005 a 2007
Jonathan Toews2008 a 2023
Nicholas Foligno2024-

Eleccións na primeira rolda do draft

[editar | editar a fonte]
Patrick Kane (esquerda) e Connor Bedard foron as únicas eleccións na primeira posición do draft da historia da franquía.

Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Ao longo da súa historia, os Blackhawks escolleron dúas veces en primeira posición, seleccionando a Connor Bedard (2023) e Patrick Kane (2007). A continuación móstranse as eleccións na primeira rolda do draft da NHL dos Chicago Blackhawks:[12]

1963 a 1981
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga)
1963Art HampsonTrenton Midgets
1964Richie BayesDixie Midgets
1965Andy CulliganSt. Michael's Jr. B (Toronto)
1966Terry CafferyToronto Marlboros (OHA)
1967Bob TombariSault Ste. Marie
1968John MarksU. of North Dakota (WCHA)
1969J.P. Bordeleau13ºMontreal Junior Canadiens (OHA)
1970Dan Maloney14ºLondon Knights (OHA)
1971Dan Spring12ºEdmonton Oil Kings (WCHL)
1972Phil Russell13ºEdmonton Oil Kings (WCHL)
1973Darcy Rota13ºEdmonton Oil Kings (WCHL)
1974Grant Mulvey16ºCalgary Centennials (WCHL)
1975Greg VaydikMedicine Hat Tigers (WCHL)
1976Real CloutierQuebec Nordiques (WHA)
1977Doug WilsonOttawa 67's (OHA)
1978Tim Higgins10ºOttawa 67's (OHA)
1979Keith BrownPortland Winter Hawks (WHL)
1980Denis Savard
Jerome Dupont

15º
Montreal Juniors (QMJHL)
Toronto Marlboros (OHA)
1981Tony Tanti12ºOshawa Generals (OHL)
1982Ken YaremchukPortland Winter Hawks (WHL)
1983Bruce Cassidy18ºOttawa 67's (OHL)
1984Ed OlczykU.S. National Team
1985Dave Manson11ºPrince Albert Raiders (WHL)
1986Everett Sanipass14ºVerdun Junior Canadiens (QMJHL)
1987Jimmy WaiteChicoutimi Sagueneens (QMJHL)
1988Jeremy RoenickThayer Academy (Mass.)
1989Adam BennettSudbury Wolves (OHL)
1990Karl Dykhuis16ºHull Olympiques (QMJHL)
1991Dean McAmmond22ºPrince Albert Raiders (WHL)
1992Sergei Krivokrasov12ºCSKA Moscova (Rusia)
1993Eric Lecompte24ºHull Olympiques (QMJHL)
1994Ethan Moreau14ºNiagara Falls Thunder (OHL)
Dende 1995
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga)
1995Dmitri Nabokov19ºKrylja Sovetov (Rusia)
1997Daniel Cleary
Ty Jones
13º
16º
Belleville Bulls (OHL)
Spokane Chiefs (WHL)
1998Mark BellOttawa 67's (OHL)
1999Steve McCarthy23ºKootenay Ice (WHL)
2000Mikhail Yakubov
Pavel Vorobiev
10º
11º
Tolyatti-2 (Rusia)
Yaroslavl Torpedo (Rusia)
2001Tuomo Ruutu
Adam Munro

29º
Jokerit (Finlandia)
Erie Otters (OHL)
2002Anton Babchuk21ºKristall Elektrostal (Rusia)
2003Brent Seabrook14ºLethbridge Hurricanes (WHL)
2004Cam BarkerMedicine Hat Tigers (WHL)
2005Jack SkilleU.S. Junior National Team
2006Jonathan ToewsU. of North Dakota (WCHA)
2007Patrick KaneLondon Knights (OHL)
2008Kyle Beach11ºEverett Silvertips (WHL)
2009Dylan Olsen28ºCamrose Kodiaks (AJHL)
2010Kevin Hayes24ºNobles School (Mass.)
2011Mark McNeill
Phillip Danault
18º
26ª
Prince Albert Raiders (WHL)
Victoriaville Tigres (QMJHL)
2012Teuvo Teravainen18ºJokerit (Finlandia)
2013Ryan Hartman30ºPlymouth Whalers (OHL)
2014Nick Schmaltz20ºGreen Bay Gamblers (USHL)
2017Henri Jokiharju29ºPortland Winterhawks (WHL)
2018Adam Boqvist
Nicolas Beaudin

27º
Brynäs IF (Suecia)
Drummondville Voltigeurs (QMJHL)
2019Kirby DachSaskatoon Blades (WHL)
2020Lukas Reichel17ºEisbären Berlin (Alemaña)
2021Nolan Allan32ºPrince Albert Raiders (WHL)
2022Kevin KorchinskiSeattle Thunderbirds (WHL)
2023Connor BedardRegina Pats (WHL)

Líderes históricos

[editar | editar a fonte]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Esta sección presenta os diferentes récords da franquía. A táboa refírese a anotadores na historia da franquía e os puntos contabilizados fan referencia só aos anotados coa franquía de Chicago.[13]

Líderes históricos dos Chicago Blackhawks
Liga regular Play-offs
Xogador PX G A Pts Xogador PX G A Pts
1Stan Mikita1.3945419261.467Mikita, Stan1555991150
2Bobby Hull1.0366045491.153Savard, Denis1316184145
3Denis Savard8813777191.096Hull, Bobby1166267149
4Steve Larmer891406517923Larmer, Steve1074566111
5Doug Wilson938225554779Wilson, Doug95196180
6Dennis Hull904298342640Roenick, Jeremy82354277
7Pit Martin740243384627Hull, Dennis97333467
8Jeremy Roenick524267329596Pilote, Pierre8285260
9Tony Amonte627268273541Lysiak, Tom65233356
10Bill Mosienko710258282540Murray, Bob112193756

Números retirados

[editar | editar a fonte]
Números retirados dos Chicago Blackhawks
No. Xogador Posición Carreira Retirada do número
1Glenn HallP1957–6720 de novembro de 1988
3Keith Magnuson 1D1969–8012 de novembro de 2008
Pierre Pilote 1D1955–6812 de novembro de 2008
7Chris CheliosD1990–199925 de febreiro de 2024
9Bobby HullLW1957–7218 de decembro de 1983
18Denis SavardC1980–90, 1995–9719 de marzo de 1998
21Stan MikitaC1958–8019 de outubro de 1980
35Tony EspositoP1969–8420 de novembro de 1988
81Marian HossaRW2009–1720 de novembro de 2022
99 2Wayne GretzkyC-6 de febreiro de 2000 [14]
Notas:
  • 1 Os dous xogadores que levaron o #3 foron homenaxeados.
  • 2 Gretzky nunca xogou para a franquía. O seu dorsal #99 foi retiradode toda a Liga pola NHL.

Membros do Hockey Hall of Fame

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Xogadores incluídos no Hockey Hall of Fame
Xogador Nacionalidade Posición Ano de entrada
Sid AbelC1969
Lionel ConacherD1994
Tony EspositoG1988
Glenn HallG1975
Ted LindsayLW1966
Bert OlmsteadLW1985
Allan StanleyD1981
Ed BelfourG2011
Roy ConacherLW1998
Phil EspositoC1984
George HayLW1958
Harry LumleyG1980
Bobby OrrD1979
John StewartD1964
Doug BentleyLW1964
Chris CheliosD2013
Bill GadsbyD1970
Bobby HullLW1983
Mickey MacKayC1952
Pierre PiloteD1975
Harry WatsonLW1994
Max BentleyC1966
Paul CoffeyD2004
Charlie GardinerEscociaG1945
Marian HossaRepública ChecaRW2020
Dick IrvinC1958
Stan MikitaEslovaquiaC1983
Denis SavardC2000
Georges BoucherD1960
Art CoulterD1974
Doug GilmourC2011
Duke KeatsC1958
Howie MorenzC1945
Earl SeibertD1963
Doug WilsonD2020
Frank BrimsekG1966
Babe DyeRW1970
Michel GouletLW1998
Hugh LehmanG1958
Bill MosienkoRW1965
Clint SmithC1991

Trofeos da NHL e internos

[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos

[editar | editar a fonte]
Os Chicago Blackhawks na Casa Branca xunto co presidente Barack Obama logo de gañar a Copa Stanley en 2013.
Copa Stanley

O trofeo final para un equipo na NHL, a Stanley Cup é entregada ao campión das series eliminatorias dende a tempada 1926-27.[15][b] Os Blackhawks son o quinto equipo que máis veces inscribiu o se noma na Copa Stanley cun total de seis vitorias.[16]

Presidents' Trophy

O Presidents' Trophy é entregado ao equipo que máis puntos sumou na clasificación xeral da NHL durante a liga regular. O trofeo é outorgado dende a tempada 1985-86. Dende que se creou o trofeo, os Blackhawks gañaron o trofeo en dúas ocasións.[17]

Prince of Wales Trophy

Dende a tempada 1993-1994, entrégase o Prince of Wales Trophy ao equipo gañador da final da Conferencia Leste durante os play-offs. O Prince of Wales Trophy é o trofeo que máis veces mudou o seu significado ao longo da historia da NHL.[18][19] Os Blackhawks gañaron en dúas ocasións este trofeo cos seguintes significados:

  • Campións da liga regular: 1967
  • Campións da división Leste: 1970
Clarence S. Campbell Bowl
O Clarence S. Campbell Bowl.
O Clarence S. Campbell Bowl foi entregado por primeira vez en 1968 e é entregado anualmente ao equipo campión dos play-offs na Conferencia Oeste. Os Chicago Blackhawks gañaron sete veces este galardón:
Campións de división
  • East Division: 1970
  • West Division: 1971, 1972, 1973
  • Smythe Division: 1976, 1978, 1979, 1980
  • Norris Division: 1983, 1986, 1990, 1991, 1993
  • Central Division: 2010, 2013, 2017
  1. A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
  2. Antes da tempada 1926-27, outros equipos non afiliados á NHL estaban autorizados a competir pola Stanley Cup.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Horn, Toby (2002). "Blackhawks". Stadiums (en inglés) 2 (1). pp. 56–80.
  2. Mather, Victor (4 de xuño de 2015). "When Ownership Changed in 2007, So Did the Blackhawks". The New York Times (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2025.
  3. Belson, Ken (16 de xuño de 2015). "With Blackhawks' 3 Stanley Cups in 6 Years, Chicago Runneth over". The New York Times (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2025.
  4. The Big Book of Hockey Trivia, p. 242
  5. 1 2 3 "TOMMY HAWK" (en inglés). National Hockey League. 9 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2023.
  6. O'Brien, Katie (17 de setembro de 2013). "The origins of Chicago's sports mascots" (en inglés). WBEZ. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2023.
  7. Wogenrich, Mark (16 de xuño de 2019). "Penn State's Nittany Lion mascot is a Hall of Famer". The Morning Call (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2019. Consultado o 24 de agosto de 2023.
  8. ESPN NHL attendance report
  9. 1 2 www.hockeydb.com (ed.). "Chicago Blackhawks Farm Teams" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2025.
  10. "Toews Named 34th Captain In Team History" (en inglés). Chicago Blackhawks. 18 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2025.
  11. "All-Time Blackhawk Team Captains" (en inglés). Chicago Blackhawks. Arquivado dende [blackhawks.nhl.com/club/page.htm?id=46621 o orixinal] |url= incorrecto (Axuda) o 12 de xullo de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2025.
  12. hockeydb.com (ed.). "Chicago Blackhawks Draft History" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2023.
  13. Chicago Blackhawks (ed.). "Career and Single-Season Leaders" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2015. Consultado o 19 de xuño de 2015.
  14. "Gretzky's number retired before All-Star Game" Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine., Sports Illustrated, 7 de febreiro de 2000
  15. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "The Stanley Cup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2025.
  16. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Stanley Cup Winners" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2025.
  17. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Presidents' Trophy Winners" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2025.
  18. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Prince of Wales Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2025.
  19. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Prince of Wales Trophy Winners" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]