Prince of Wales Trophy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Prince of Wales Trophy no Hockey Hall of Fame.

O Prince of Wales Trophy,[1] tamén coñecido como Wales Trophy, é un trofeo entregado pola National Hockey League (NHL) ao campión da Conferencia Leste (anteriormente Conferencia Wales) nos play-offs, antes dos partidos das series finais pola Stanley Cup. Chamado así en honor ao Príncipe Eduardo, Príncipe de Gales (posteriormente Rei Eduardo VIII, e logo Duque de Windsor), o trofeo foi entregado por primeira vez na tempada 1925-26 ao campión do primeiro partido no Madison Square Garden e logo entregouse ao campión dos play-offs da NHL (incluíndo as dúas tempadas anteriores); con todo, o trofeo foi entregado atendendo a oito distintos significados ao longo da súa historia, entre eles ao campión na liga regular da American Division, o campión da liga regular da NHL, o campión da tempada na East Division, o campión da Conferencia Wales na liga regular, o campión da Conferencia Wales nos play-offs, e o campión da Conferencia Leste nos play-offs. O actual defensor do título do Prince of Wales Trophy son os Washington Capitals, logo de gañar o título da Conferencia Leste na tempada 2017-18.

Historia[editar | editar a fonte]

O Prince of Wales Trophy foi anunciado por primeira vez en decembro de 1925. O trofeo, patrocinado polo Príncipe de Gales e co escudo de armas real custou 2.500$, e estaba destinado a ser posesión do campión da liga.[2] Foi orixinalmente entregado ao gañador do primeiro partido xogado no Madison Square Garden, que tivo lugar o 15 de decembro de 1925 (Montreal Canadiens 3 vs New York Americans 1). O trofeo foi entón retido polos Canadiens ata o final da tempada.[3][4] Os Canadiens inscribiron o seu nome no trofeo dúas veces, na tempada 1924–25, e na tempada precedente, a 1923–24, por ser os campións de liga.

Posteriormente foi entregado ao campión dos play-offs da NHL nas tempadas 1925–26 e 1926–27 (xunto coa O'Brien Cup), antes de que o equipo pasara a enfrontarse ao campión da Western Hockey League (WHL) pola Stanley Cup ao final das dúas ligas. Dende a tempada 1927-28, o trofeo foi entregado ao campión da American Division da NHL, mentres que a O'Brien Cup foi entregada ao campión da Canadian Division, ata 1938, cando, logo de que a NHL voltara a unha soa división, o Wales Trophy converteuse no trofeo ao campión da liga regular.[5]

Coa expansión da NHL en 1967, e a creación da West Division, o Wales Trophy pasou a ser entregado ao equipo que finalizaba na primeira posición da East Division, durante a liga regular. Cando a liga creou dúas conferencias en 1974, o trofeo mudou de novo o seu significado, sendo entregado ao equipo que finalizara co mellor rexistro da liga regular na Wales Conference, ata 1981. A NHL mudou o seu formato de play-offs para que os dous campións de conferencia nos play-offs se puideran enfrontar pola Stanley Cup. O Prince of Wales Trophy foi presentado aos campións da Wales Conference nos play-offs. No verán de 1993 a Wales Conference foi renomeada Conferencia Leste. O Prince of Wales Trophy ten sido entregado ao campión da Conferencia Leste nos play-offs dende a tempada 1993-94.[5]

Existe unha superstición tradicional que permanece en moitos dos xogadores actuais da NHL pola que ningún xogador debe tocar ou erguer os trofeos Campbell (campión da Conferencia Oeste) ou o Prince of Wales (campión da Conferencia Leste) despois de ter gañado os play-offs de conferencia; eses xogadores senten que a Stanley Cup é o verdadeiro trofeo de campión e a causa diso debe ser o único o único trofeo que ergan. En lugar de tocar o trofeo de conferencia, o capitán do equipo gañador simplemente posa (habitualmente de forma solemne) co trofeo, e ás veces, todo o equipo posa con el. Con todo, houbo outros equipos que ignoraron a superstición e ergueron os trofeos de conferencia, e logo conseguiu gañar a Stanley Cup de todos xeitos.[6]

O capitán dos Tampa Bay Lightning, Steven Stamkos, levou a superstición a un nivel extremo durante os play-offs de 2015. Logo da vitoria de Lightning por 2 goles a 0 fronte aos New York Rangers no Madison Square Garden, Stamkos negouse a darlle a man ao Deputy Commissioner da NHL Bill Daly e negouse a mirar o trofeo antes de posar para a fotografía obrigatoria. O equipo de Tampa tamén se negou a posar para unha fotografía de equipo co trofeo.[7]

Campións[editar | editar a fonte]

Títulos totais por equipo
Vitorias Equipo
25 Montreal Canadiens
18 Boston Bruins
13 Detroit Red Wings
5 New Jersey Devils
4 New York Rangers
Pittsburgh Penguins
Philadelphia Flyers
3 Buffalo Sabres
New York Islanders
2 Chicago Black Hawks
Carolina Hurricanes
Tampa Bay Lightning
Toronto Maple Leafs
1 Florida Panthers
Montreal Maroons
Ottawa Senators
Ottawa Senators[nb 1]
Washington Capitals
Lenda
  • * Equipo desaparecido
  • ^ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias
  • ¤ = Ano no que afianzou o seu liderado en vitorias consecutivas
  • † = Eventuais campións da Stanley Cup
  • a = Gravado en 1925-26.[3]

Gañador orixinal[editar | editar a fonte]

Gravados entre 1923-1925 (antes da dazón)[editar | editar a fonte]

Os Canadiens foron os campións de liga esas dúas tempadas.

Tempada Campión Vitoria #
1923-24 Montreal Canadiensa 1
1924-25 Montreal Canadiens 2

Campións dos play-offs da NHL (1925–1926)[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Vitoria #
1925-26 Montreal Maroons * † 1
1926-27 Ottawa Senators[nb 1] *† 1

Campión na liga regular da American Division (1927–38)[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Vitoria #
1927-28 Boston Bruins 1
1928-29 Boston Bruins 2
1929-30 Boston Bruins 3
1930-31 Boston Bruins 4
1931-32 New York Rangers 1
1932-33 Boston Bruins 5
1933-34 Detroit Red Wings 1
1934-35 Boston Bruins 6
1935-36 Detroit Red Wings 2
1936-37 Detroit Red Wings 3
1937-38 Boston Bruins 7

Campión da liga regular (1938–67)[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Vitoria #
1938-39 Boston Bruins 8
1939-40 Boston Bruins 9
1940-41 Boston Bruins 10
1941-42 New York Rangers 2
1942-43 Detroit Red Wings 4
1943-44 Montreal Canadiens 3
1944-45 Montreal Canadiens 4
1945-46 Montreal Canadiens 5
1946-47 Montreal Canadiens 6
1947-48 Toronto Maple Leafs 1
1948-49 Detroit Red Wings 5
1949-50 Detroit Red Wings 6
1950-51 Detroit Red Wings 7
1951-52 Detroit Red Wings 8
1952-53 Detroit Red Wings 9
1953-54 Detroit Red Wings ¤ † 10
1954-55 Detroit Red Wings 11
1955-56 Montreal Canadiens 7
1956-57 Detroit Red Wings 12
1957-58 Montreal Canadiens 8
1958-59 Montreal Canadiens 9
1959-60 Montreal Canadiens 10
1960-61 Montreal Canadiens 11
1961-62 Montreal Canadiens 12
1962-63 Toronto Maple Leafs 2
1963-64 Montreal Canadiens 13
1964-65 Detroit Red Wings 13
1965-66 Montreal Canadiens 14
1966-67 Chicago Black Hawks 1

Campión da liga regular na East Division (1967–74)[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Vitoria #
1967-68 Montreal Canadiens 15
1968-69 Montreal Canadiens 16
1969-70 Chicago Black Hawks 2
1970-71 Boston Bruins 11
1971-72 Boston Bruins 12
1972-73 Montreal Canadiens ^ † 17
1973-74 Boston Bruins 13

Campión da liga regular na Wales Conference (1974–81)[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Vitoria #
1974-75 Buffalo Sabres 1
1975-76 Montreal Canadiens 18
1976-77 Montreal Canadiens 19
1977-78 Montreal Canadiens 20
1978-79 Montreal Canadiens 21
1979-80 Buffalo Sabres 2
1980-81 Montreal Canadiens 22

Campión da Wales Conference nos play-offs (1981–93)[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Vitoria #
1981-82 New York Islanders 1
1982-83 New York Islanders 2
1983-84 New York Islanders 3
1984-85 Philadelphia Flyers 1
1985-86 Montreal Canadiens 23
1986-87 Philadelphia Flyers 2
1987-88 Boston Bruins 14
1988-89 Montreal Canadiens 24
1989-90 Boston Bruins 15
1990-91 Pittsburgh Penguins 1
1991-92 Pittsburgh Penguins 2
1992-93 Montreal Canadiens 25

Campión da Conferencia Leste nos play-offs (1993–presente)[editar | editar a fonte]

Os Boston Bruins, campións da Conferencia Leste, posan co Prince of Wales Trophy.
Tempada Campión Vitoria #
1993-94 New York Rangers 3
1994-95 New Jersey Devils 1
1995-96 Florida Panthers 1
1996-97 Philadelphia Flyers 3
1997-98 Washington Capitals 1
1998-99 Buffalo Sabres 3
1999-00 New Jersey Devils 2
2000-01 New Jersey Devils 3
2001-02 Carolina Hurricanes 1
2002-03 New Jersey Devils 4
2003-04 Tampa Bay Lightning 1
2004-05 Non houbo campión a causa do lockout da NHL 2004–05 Tempada cancelada
2005-06 Carolina Hurricanes 2
2006-07 Ottawa Senators 1
2007-08 Pittsburgh Penguins 3
2008-09 Pittsburgh Penguins 4
2009-10 Philadelphia Flyers 4
2010-11 Boston Bruins 16
2011-12 New Jersey Devils 5
2012-13 Boston Bruins 17
2013-14 New York Rangers 4
2014-15 Tampa Bay Lightning 2
2015-16 Pittsburgh Penguins 5
2016-17 Pittsburgh Penguins 6
2017-18 Washington Capitals 2
2018-19 Boston Bruins 18

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Refírese á franquía orixinal dos Ottawa Senators (1917–1934)
Referencias
  1. "Prince of Wales Trophy" (en inglés). NHL.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  2. "Prince of Wales Sponsors New Cup: Trophy Costing $2,500 Will Be Emblematic of National Hockey League Title". The New York Times (en inglés). 7 de decembro de 1925. p. 26. 
  3. 3,0 3,1 McCarthy, Dave, ed. (2008). The National Hockey League Official Guide & Record Book 2009 (en inglés). Dan Diamond & Associates, Inc. p. 241. 
  4. "New York Beaten by Canadiens 3–1". The Globe (en inglés). 16 de decembro de 1925. p. 10. 
  5. 5,0 5,1 "History of the Prince of Wales Trophy". Hockey Hall of Fame (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  6. Kaplan, Emily (28 de maio de 2011). "Conference trophies: to touch, or not to touch?" (en inglés). NHL.com. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  7. "LOOK: Lightning's Steven Stamkos doesn't touch Prince of Wales Trophy". cbssports.com (en inglés). 29 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]