Dicionario bilingüe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vocabulario castellano - gallego de las Irmandades da Fala (1933).

Denomínase dicionario bilingüe a un dicionario que presenta as relacións léxicas de equivalencia entre dúas linguas.

Características e tipos[editar | editar a fonte]

Os dicionarios bilingües poden ser simples listas a dúas columnas ou produtos máis elaborados, coa marca da categoría gramatical das entradas e das palabras equivalentes, equivalencias de locucións, de fraseoloxía e mesmo cadros, gráficos e deseños. Normalmente fanse para relacionar as dúas linguas nos dous sentidos (bidireccionais), aínda que existen dicionario bilingües monodireccionais. As relacións sociolingüísticas entre as linguas comparadas poden servir coma motivación para a creación do dicionario (non esquezamos que normalmente son produtos comerciais): para relacionar dúas linguas cuxos falantes aínda están afastados entre si, outras cuxos usuarios comezan a manter intercambios socioeconómicos nos que se aprecian dificultades de intercomprensión, outras que teñen igual status legal e polo tanto deben ser respectadas polas entidades nacionais ou internacionais correspondentes (por exemplo a EFTA, a OTAN, a Unión Europea, a FAO, a UNESCO ou directamente a ONU) ou outras que manteñen unha relación de diglosia onde o dicionario serve para dignificar a lingua B.

Caso galego: Dicionarios bilingües galegos que non combinan co castelán[editar | editar a fonte]

Dicionarios bilingües[editar | editar a fonte]

A abafadora maioría de dicionarios bilingües que combinan o galego con outra lingua fano co castelán. Os poucos exemplos que son excepción deste panorama son:

Dicionarios multilingües[editar | editar a fonte]

Guías de conversa e dicionarios básicos[editar | editar a fonte]

Por outra banda, hai tamén varios textos que permiten introducirse nas competencias comunicativas do galego, dos que os tres primeiros formando unha colección realizada por Edith Pazó e Fernando de Castro con ilustracións de Kiko da Silva e editados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia no ano 2007:

  • Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Elkarrizketa gida galegoa - Guía de conversa en gallec. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4470-5 (135 páxinas)
  • Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Galician conversation guide - Guía de conversación en gallego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4447-6 (135 páxinas)
  • Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Guide de conversation en galicien - Sprachführer Galicisch. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4469-9 (135 páxinas)
  • Juan de Dios Ramírez-Heredia, Juan (2001) Primeiro Manual de Conversación en Romanò-Kalò - Angluno pustik pa vakeripen romanò-kalo. Barcelona: Xunta de Galicia - DXPL & Unión Romaní - Unión del pueblo gitano. ISBN 84-931086-9-3 (63 páxinas, 4 de dicionario)
  • Elvira de Moragas (coord.) & Dominic Currin & Valerie Collins & Anxo M. Lorenzo (1996) Diccionario ilustrado VOX inglés-español-gallego. Barcelona: Biblograf. ISBN 84-7153-666-8 (1105 páxinas en 6 volumes, 30 páxinas de dicionario bilingüe)

Dicionarios en proceso[editar | editar a fonte]

Existen noticias tamén de dous dicionarios en proceso de creación, inéditos (aínda que parece ser que poderían estar circulando versións dixitais) e actualmente[cando?] a un nivel de progreso descoñecido. As linguas que se combinan co galego son:

Dicionarios en liña[editar | editar a fonte]

Coma casos excepcionais, hai especificamente seis dicionarios en liña:

Comparación[editar | editar a fonte]

Aínda que a cantidade de palabras non é sinónimo de calidade, a seguinte lista ordenada é indicativa da situación actual da lexicografía bilingüe en galego:

"Dicionario completo galego-inglés,inglés-galego", Servando Pérez Barreiro 110.000
"Dicionario trilingüe de Ir Indo" 66.000
Galizionario, multilingüe (a 19-04-2017) 49.827 varios
Diccionario trilingüe (unidireccional), de Villar Cameselle 30.000?
Dicionario CLUVI inglés-galego (a data de setembro de 2008) 20.000
Vocabulario temático ilustrado, de Galaxia 13.000
Diccionario italiano-galego (unidireccional) < 10.383
Galician-English dictionary, de Joe Vikin 8.000
Diccionario elemental inglés-galego 3.000
Vocabulario básico da lingua galega 2.600
Dicionario tetralingüe da EOI de Santiago 2.484
Vocabulario galego-valenciano 1.200
Lenguas de la Península Ibérica 1.100

www.galego.org 226

Vocabularios técnicos[editar | editar a fonte]

Ademais, están outros dicionarios especializados, normalmente plurilingües, como poden ser por exemplo:

Estes textos poden ocupar un volume propio e enteiro ou ben introducirse dentro dunha revista con diferentes tipos de artigos, especialmente en revistas filolóxicas:

Noutros textos pódense dar tamén indicacións sobre equivalencias, coma por exemplo en:

Edicións literarias bilingües[editar | editar a fonte]

Por outra banda, existe literatura bilingüe, como se pode comprobar nesta selección Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. É ben coñecida por este aspecto a colección Clásicos do mundo froito dun convenio entre Editorial Galaxia e a Xunta de Galicia, que editou por exemplo Metamorfoses de Ovidio en galego e latín (ISBN 84-8288-775-0).

Dicionarios multilingües en liña[editar | editar a fonte]

Para rematar quedan os léxicos multilingües que hai en Internet, que relacionan moitas linguas, tanto en temas específicos (coma este para o xadrez) coma xerais ou mesmo de citas (era coñecida no ámbito das linguas románicas minorizadas a páxina de verba volant, agora situada en logosquotes Arquivado 02 de setembro de 2006 en Wayback Machine. e que conta tamén cun dicionario Arquivado 25 de xullo de 2008 en Wayback Machine.). Os catro últimos exemplos son produtores masivos de combinacións galegas con outras linguas de moi diverso tipo:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Características". Dicionario de Galego. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]