Metamorfoses

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «As Metamorfoses»)

Se procura pola obra de Apuleio, Metamorfoses vexa O asno de ouro
Virgil Solis (1514-1562). Metamorfoses

Metamorfoses[1] é un libro de Publio Ovidio Nasón escrito no século I a.C. que é un extenso poema de máis de 12.000 exámetros e reúne os relatos de numerosos mitógrafos gregos anteriores nunha colección de lendas etiolóxicas clasificadas cronoloxicamente dende o Caos orixinario ata a época de Augusto, incluíndo tamén a do propio César, metamorfoseado en astro.

Partes[editar | editar a fonte]

Clásicos en Galego 24. Metamorfoses, vol. 2 de 2.

As súas cinco partes históricas son:

O relato destaca pola súa densidade narrativa, a relación entre as súas partes e a conformación de sagas e ciclos familiares. Os temas máis recorrentes son o amor, a ira, a guerra, o humor, a vinganza e sobre todo a transformación metamórfica, sempre baixo o designio dos catro elementos (aer, terra, unda e ignis). Máis adiante, abandonando estas metáforas etiolóxicas, aparecen a morte, a piedade, a eternidade (Roma aeterna) e a xustificación do sistema monárquico-imperial establecido mediante a xenealoxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Existe tradución ao galego feita por Xosé Antón Dobarro Posada (ed. Galaxia, 2004).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martin, René (1992) Dictionnaire culturel de la mithologie gréco-romaine. París: Éditions Nathan.
  • Ovidio (2005) [edición bilingüe; trad. José Antonio Dobarro Posada & Estrella Fernández Graña] Metamorfoses. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo da Xunta de Galicia & Editorial Galaxia: Vigo.
  • Palés Castro, Marisol & Villar Rodríguez, Celia (1998) Diccionario de mitología clásica. Madrid: Editorial Espasa.