Servando Pérez Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaServando Pérez Barreiro
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Cuspedriños, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 2014 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
San Xurxo de Sacos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Servando Pérez Barreiro, nado en Cuspedriños (San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade) o 17 de febreiro de 1940 e finado na mesma parroquia o 1 de xaneiro de 2014[1], foi un lingüista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrático de lingua inglesa, estudou nas universidades de Santiago de Compostela, Oviedo, Complutense de Madrid e Cambridge (Inglaterra). Exerceu de docente na Royal Liberty School de Romford (Londres) e nos institutos Severo Ochoa de Luarca, Ramón Cabanillas de Cambados e Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

Fundou os centros de ensino de inglés The English Centre de Vilagarcía, The English Studio de Pontevedra e The London Centre das Pontes de García Rodríguez. Foi cofundador da APIGA (Asociación de Profesores de Inglés de Galicia) e colaborou con AEDEAN (Asociación de Profesores de Inglés a nivel nacional), impartindo conferencias sobre a metodoloxía do ensino do Inglés.

Asemade, foi tradutor do inglés ao galego de ensaios sobre Rosalía de Castro e participou no Padroado Rosalía de Castro.

O dicionario[editar | editar a fonte]

Da súa autoría foi primeiramente en 2008 o Dicionario completo galego-inglés inglés-galego (Vigo: Ediciones Cardeñoso; ISBN 978-84-8190-524-3) ten 1.122 páxinas, con máis de 55.000 entradas en cada unha das linguas e especifica a etimoloxía das palabras que en galego e inglés teñen orixe común. En novembro de 2010 publicouse unha nova versión co título de Dicionario galego-inglés inglés galego con ISBN 978-84-8190-619-6 de 617 páxinas con arredor de 33.000 entradas por cada idioma (total 66.000)

Comprende a transcrición fonética internacional do inglés, sinónimos, explicacións gramaticais etc. Asemade, nalgúns casos facilítanse palabras en castelán (coa abreviatura: cast) para facer notar o contraste ou para axudar á comprensión.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]