Mesoplodon layardii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zifio de Layard»)

Mesoplodon layardii
Zifio de Layard

Zifio de Layard fotografado na pasaxe de Drake,
entre Chile e a Antártida

Comparación co tamaño dun humano medio
Comparación co tamaño dun humano medio

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. layardii
Nome binomial
Mesoplodon layardii
(Gray, 1865)
Área de distribución de Mesoplodon layardii
Área de distribución de Mesoplodon layardii

Área de distribución de Mesoplodon layardii
Sinonimia
Véxase o texto
Cranio dun macho adulto. Obsérvese a lonxitude dos seus dous dentes

Mesoplodon layardii, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como zifio de Layard, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2] unha das quince integradas no xénero Mesoplodon.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1865 polo naturalista británico John Edward Gray, baixo o nome de Ziphius layardii, no seu traballo "Notes on the whales of the Cape; by E. L. Layard, Esq., of Cape-Town, Corr. Memb. with descriptions of two new species". Proceedings of the Zoological Society of London, 1865: 357-359.[2]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Mesoplodon.

O epíteto específico, layardii, foi unha homenaxe ao seu colega e compatriota Edgar Leopold Layard, que escribiu a primeira descrición dun cranio desta especie.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmete válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Dolichodon layardii Gray, 1871
  • Mesoplodon floweri Haast, 1876
  • Mesoplodon guentheri Krefft, 1871
  • Mesoplodon layardi Flower, 1878
  • Mesoplodon longirostris Gray, 1873
  • Mesoplodon thomsoni Ogilby, 1892
  • Ziphius layardii Gray, 1865 (basónimo)

Características[editar | editar a fonte]

As principais características desta especie son:

  • Corpo, coa cabeza pequena e fociño ben definido, e cun melón lixeiramente prominente.
  • En canto á dentadura, destaca a presenza de dous dentes longos e curvados que sobresaen da boca e crecen por riba da mandíbula, duns 30 cm, nun ángulo estimado de 45°. Só son visíbeis nos machos adultos. Ao creceren e cruzarse por riba do maxilar superior impídenlle aos machos abriren ben a boca. Nos animais inmaturos os dentes son triangulares e de menor tamaño. Non se coñece exactamente para que serven estes dentes, pero algúns científicos cren que son para loitar.
  • As aletas pectorais son pequenas e delgadas. A aleta dorsal está situada no terzo posterior do dorso. A aleta caudal é de forma triangular e cos extremos acabados en punta, sen comisura central.
  • Alcanza até uns 6 m de lonxitude, sendo o maior de todos os zifios. Pesa de 3 a 4 t.[4]

Distribución, hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Distribución[editar | editar a fonte]

Aparentemente teñen unha distribución continua nas augas temperadas e frías do hemisferio sur, entre os 35° e os 63° S.[1] Ocasionalmente avístanse en augas antárticas,[5][6] e, recentemente, avistouse un epécime no hemisferio norte en augas preto de Myanmar, e suponse claramente que etaba perdido.[7] Encontrárnse espécimes varados en Namibia, Suráfrica, Australia, Tasmania, Nova Zelandia, a illa Heard, Arxentina, Uruguai, Brasil e as illas da Xeorxia do Sur e as Malvinas[6][8]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Como todos os zifíidos, o zifio de Layard habita principalmente en augas profundas máis alá do noiro continental. A estacionalidade dos varamentos fóra de Suráfrica suxire que esta especie é migratoria.[9]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hai algunha evidencia de segregación sexual entre os grupos (Pitman et al. 2019). Os tamaños dos grupos normalmente oscilan entre os 2 e os 5 individuos, pero rexistráronse grupos de até 10 (Pitman et al. 2019).

A dieta de Mesoplodon layardii está composta case na súa totalidade por luras oceánicas (fóra de Suráfrica, principalmente Cranchiidae, como Taonius pavo e Histioteuthidae), e tamén Vampyroteuthis infernalis, que se atopa a profundidades de 600 a 900 m ou incluso maiores; tamén se alimentan dalgúns peixes e crustáceos.[10]

As candorcas son os seus depredadores máis coñecidos .[11]

Poboación[editar | editar a fonte]

Hai pouca información dispoñible sobre o estado da poboación ou das tendencias na abundancia global desta especie, pero, con base en máis de 200 varamentos, principalmente en Australia, Nova Zelandia e Suráfrica, probabelmente non sexa tan rara como algunhas das súas conxéneres.[1]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Hai pouca información específica dispoñíbel sobre ameazas antropoxénicas para Mesoplodon layardii.[12]

Nunca houbo unha pesca para esta especie. As redes de enmalle e os palangres á deriva (tanto activas como abandonadas) son abundantes e estendidas no océano, e sábese que os zifios se enredan e afogan debido a capturas accidentais.[13][14][15] Descoñécese o alcance desta ameaza para esta especie.

Nos últimos anos houbo evidencias crecentes de que os sons subacuáticos fortes, como o sonar activo e operacións sísmicas, poden ser prexudiciais para Mesoplodon layardii.[16] En particular, o uso de sonar activo de buques militares estivo implicado en numerosos varamentos de zifios, incluíndo varias especies de Mesoplodon.[17][18][19][20] Descoñécese a causa exacta dos varamentos, pero ás veces os individuos varados sofren danos nos tecidos, agudos e crónicos, debido á formación in vivo de burbullas de gas, posibelmente resultantes dunha enfermidade de descompresión.[21][22][23]

A inxestión de plásticos no océano por parte dos organismos mariños é un problema xeneralizado e crecente, e posibelmente unha causa importante de mortalidade entre os cetáceos, especialmente os zifios.[24][25] As ameazas específicas inclúen elementos macroplásticos que poden bloquear fisicamente o tracto dixestivo e levar á morte,[26] e microplásticos (de menos de 5 mm),[27][28] que poden lixiviar produtos químicos tóxicos.[29]

Residuos de organoclorados identificáronse noutras especies de zifios,[30] que é un perigo potencial para a saúde de importancia descoñecida. Porén, en todos os casos rexistrados, os residuos de organoclorados que se encontran nos pequenos cetáceos do hemisferio sur son máis baixos que os seus homólogos do hemisferio norte.[31][32] Os zifios son pequenos cetáceos que normalmente viven moi lonxe; as mortes por ataques de buques serían difíceis de documentar, pero informáronse dalgúns casos posíbeis.[15][33]

Os impactos previstos do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza e a magnitude destes impactos descoñécese neste momento.[34]

Aínda que, individualmente, ningún dos factores anteriores pode representar unha ameaza fundamental para Mesoplodon layardii, os seus efectos acumulativos poderían ser insostíbeis para esta especie relativamente pouco común.[1]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que non hai informacións sobre a abundancia ou as tendencias da poboación desta especie, foi clasificada como DD (datos insuficientes) na súa Lista vermella en 2008. O status DD considerouse aínda potencialmente aplicábel nesta avaliación. A linguaxe clarificadora nas directrices (versión 14, 2019) afirma que: «se os datos son tan incertos que tanto CR como LC son categorías plausíbeis, o taxon pode figurar como DD». Aínda que a información é escasa, esta especie parece presentarse amplamente en augas temperadas e frías do hemisferio sur e a categoría de CR non se pode aplicar de forma plausíbel. Polo tanto, concluíuse que a especie non pertence á categoría DD. Crese que é raro, pero non tan raro en base a máis de 200 varamentos documentados. As categorías plausibles van desde NT até LC. A LC considérase máis plausíbel tendo en conta a gran variedade de augas onde todas as ameazas coñecidas son probabelmente de niveis relativamente baixos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Pitman, R. L. & Brownell Jr., R. L. (2020): Mesoplodon layardii na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 11 de xaneiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Mesoplodon layardii (Gray, 1865) no WoRMS. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
  3. Mesoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
  4. "Mesoplodon layardii". International Union for Conservation of Nature and Natural Resources. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2008. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  5. Van Waerebeek et al. (2010): "Odontocetes of the Southern Ocean Sanctuary". Journal of Cetacean Research and Management 11: 315-346.
  6. 6,0 6,1 MacLeod et al. (2006): "Known and inferred distributions of beaked whale species (Ziphiidae: Cetacea)". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 271-286.
  7. Chit, A. M. et al. (2011): "An extreme extra-limital record of a strap-toothed beaked whale Mesoplodon layardii from the northern Indian Ocean in Myanmar". Marine Biodiversity Records 5 (3) doi:10.1017/S1755267211001060.
  8. Otley, H. et al. (2012): "Beaked whale strandings on the Falkland Islands and South Georgia, South Atlantic, between 1866 and 2008". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 92: 1851-1864.
  9. Findlay, K. P. et al. (1992): "The distribution of small odontocete cetaceans off the coasts of South Africa and Namibia". South African Journal of Marine Science 12: 237-270.
  10. Sekiguchi, K. et al. (1996): "The diet of strap-toothed whales (Mesoplodon layardii)". Journal of Zoology (London) 239: 453-463.
  11. Wellard, R.et al. (2016): "Killer Whale (Orcinus orca) predation on beaked whales (Mesoplodon spp.) in the Bremer Sub-Basin, Western Australia". PLoS One: DOI: 10.1371/journal.pone.0166670.
  12. Reeves, R. R. et al. (2003): Dolphins, Whales and Porpoises: 2002-2010. Conservation Action Plan for the World's Cetaceans Arquivado 04 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. IUCN/SSC Cetacean Specialist Group. Gland, Switzerland and Cambridge, UK.: IUCN. ISBN 0-2-8317-0656-4.
  13. Nishimura, S. & Nishiwaki, M. (1964): "Records of the beaked whale Mesoplodon from the Japan Sea". Publications of the Seto Marine Biological Laboratory 1964: 12-10.
  14. Julian, F. & Beeson, M. (1998): "Estimates of marine mammal, turtle, and seabird mortality for two California gillnet fisheries: 1990-95". Fishery Bulletin 96: 271-284.
  15. 15,0 15,1 Waring, G. T. et al. (2009): U.S. Atlantic and Gulf of Mexico marine mammal stock assessments-2009. NOAA Technical Memorandum NMFS-NE-213.
  16. Cox, T. M. et al. (2006): "Understanding the impacts of anthropogenic sound on beaked whales". Journal of Cetacean Research and Management 7 (3): 177-187.
  17. Balcomb, K. C. & Claridge, D. (2001): "A mass stranding of cetaceans caused by naval sonar in the Bahamas". Bahamas Journal of Science 8 (2): 2-12.
  18. Wang, J. Y. & Yang, S. C. (2006): "Unusual cetacean stranding events of Taiwan in 2004 and 2005". Journal of Cetacean Research and Management 8: 283-292.
  19. D'Amico, A. et al. (2009): "Beaked whale strandings and naval exersices". Aquatic Mammals 35 (4): 452-472.
  20. Filadelfo, R. et al. (2009): "Correlating Military Sonar Use with Beaked Whale Mass Strandings: What Do the Historical Data Show?" Aquatic Mammals 35 (4): 435-444.
  21. Frantzis, A. (1998): "Does acoustic testing strand whales?" Nature 392 (5): 29.
  22. Jepson, P. D. et al. (2003): "Gas-bubble lesions in stranded cetaceans". Nature 425: 575-576.
  23. Fernández, A. et al. (2005): "Gas and fat embolic syndrome involving a mass stranding of beaked whales (family Ziphiidae) exposed to anthropogenic sonar signals". Veterinary Pathology 42: 446-457.
  24. Simmonds, M. P. (2012): "Review article: Cetaceans and marine debris: the great unknown". Journal of Marine Biology e684279: doi:10.1155/2012/684279.
  25. Fossi, M. C. et al. (2018): "Impacts of marine litter on cetaceans: a focus on plastic pollution". En: M. C. Fossi & C. Panti (eds), Marine Mammal Ecotoxicology: Impacts of Multiple Stressors on Population Health, pp. 147-184. London: Academic Press.
  26. Secchi, E. R. & Zarzur, S. (1999): "Plastic debris ingested by a Blainville's beaked whale, Mesoplodon densirostris, washed ashore in Brazil". Aquatic Mammals 25 (1): 21-24.
  27. Baulch, S.& Perry, C. (2014): "Evaluating the impacts of marine debris on cetaceans". Marine Pollution Bulletin 80: 210-221.
  28. Lusher, A. L. et al. (2015): "Microplastic and macroplastic ingestion by a deep diving, oceanic cetacean: the True's beaked whale Mesoplodon mirus". Environmental Pollution 199: 185-191.
  29. Baini, M. et al. (2017): "First detection of seven phthalate esters (PAEs) as plastic tracers in superficial neustonic/planktonic samples and cetacean blubber". Analytical Methods 9: 1512-1520.
  30. Miyazaki, N. et al. (1987): "A stranding of Mesoplodon stejnegeri in the Maizuru Bay, Sea of Japan". Scientific Reports of the Whales Research Institute 38: 91-105.
  31. O'Shea, T, J. et al. (1980): "Organochlorine pollutants in small cetaceans from the Pacific and South Atlantic Oceans, November 1968-June 1976". Pesticide Monitoring Journal 14: 35-46.
  32. Reijnders,P. J. H. et al. (2018): "Pollution". En: B. Wursig, J. G. M. Thewissen & K. M. Kovacs (eds), Encyclopedia of Marine Mammals, 3rd edition, pp. 746-752. London: Academic Press.
  33. Dalebout, M. L. et al. (2004): "Observations of live Gray's beaked whales (Mesoplodon grayi) in Mahurangi Harbour, North Island, New Zealand, with a summary of at-sea sightings". Journal of the Royal Society of New Zealand 34: 347-356.
  34. Learmonth. J. A. et al. (2006): "Potential effects of climate change on marine mammals". Oceanography and Marine Biology: An Annual Review 44': 431-464.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]