Edgar Leopold Layard
Edgar Leopold Layard | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de xullo de 1824 |
Lugar de nacemento | Florencia, Italia |
Falecemento | 1 de xaneiro de 1900 |
Lugar de falecemento | Budleigh Salterton, Devon, Inglaterra |
Nacionalidade | británica |
Ocupación | diplomático, naturalista, ornitólogo |
Pai | Henry Peter John Layard |
Nai | Marianne Austen |
Cónxuxe | Barbara Anne Layard e Jane Catherine Blackhall |
Fillos | Edgar Leopold Calthrop Layard |
Irmáns | Sir Austen Henry Layard |
Premios | Companion of the Order of St Michael and St George |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Edgar Leopold Layard, nado en Florencia o 23 de xullo de 1824, e finado en Budleigh Salterton, Devon, Inglaterra, foi un diplomático e naturalista británico, especializado en ornitoloxía.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Layard pasou dez anos en Ceilán onde etudou a fauna local con Robert Templeton.
En 1854 desprazouse como funcionario á colonia do Cabo onde traballou ao servizo do gobernador Sir George Grey.
Pronto pasou ao Brasil, a Fidxi e a Nova Caledonia. Seu fillo, Leopold Layard, vicecónsul en Numea, axudouno nas súas expedicións ornitolóxicass nss Novas Hébridas e nas illas da Lealdade.
En 1855, durante o seu tempo libre, ocupou o posto de conservador no Museo de Suráfrica.
No Brasil recolectou numerosas aves para o conde d’Arthur Hay, noveno marqués de Tweeddale.
Layard publicou en 1867 o libro The Birds of South Africa, no que descrbiu 702 especies. Esta obra sería posteriormente actualizada por Richard Bowdler Sharpe.[1]
Epónimos[editar | editar a fonte]
- Periquito de Layard (Psittacula calthrapae)
- Lepidocolaptes fuscicapillus layardi
- Zifio de Layard (Mesoplodon layardii)
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Layard emprégase para recoñecer a Edgar Leopold Layard como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Christine E. Jackson (2004): "Sharpe, Richard Bowdler (1847–1909)", no Oxford Dictionary of National Biography.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edgar Leopold Layard ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Edgar Leopold Layard |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bo Beolens & Michael Watkins (2003): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-3001-0359-X).
- Barbara Mearns & Richard Mearns (1998): The Bird Collectors. San Diego e Londres: Academic Press. ISBN 0-1248-7440-1.