Saltar ao contido

Xalisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXalisco
Jalisco (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Jalisco es México»
«Jalisco no te rajes» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°40′35″N 103°20′45″O / 20.6764, -103.3458
EstadoMéxico Editar o valor en Wikidata
CapitalGuadalaxara Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Acatlán de Juárez (pt) Traducir
Amacueca (pt) Traducir
Amatitán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 62+
Poboación
Poboación7.844.830 (2015) Editar o valor en Wikidata (99,82 hab./km²)
Lingua usadaLingua tepecana
Lingua huichol
purépecha do oeste das Serras
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie78.588 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.355 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1823 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Governor of Jalisco (en) Traducir Editar o valor en WikidataEnrique Alfaro Ramírez (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongress of Jalisco (en) Traducir Circunscrición: 20, (Escano: 39) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal44-49 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2MX-JAL Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webjalisco.gob.mx Editar o valor en Wikidata
BNE: XX123415

Xalisco[1][2] (en castelánJalisco) é un dos 31 estados de México. Limita ó norte cos estados de Nayarit, Zacatecas e Aguascalientes, ó leste con Aguascalientes, Zacatecas, San Luis Potosí, Guanajuato e Michoacán, ó sur con Michoacán, Colima e o océano Pacífico e Nayarit.[3] A súa área é de 78.588 km²,[4] e a súa poboación era de 7.844.830 habitantes en 2050.[5] A capital do estado é a cidade de Guadalaxara, que tamén é a súa cidade máis habitada. En certas partes da capital o nivel de vida é comparábel ao de países como España e Italia, pero tamén ten desigualdades sociais e pobreza nos barrios periféricos. A súa zona metropolitana está formada polos municipios de Zapopan, Juanacatlan, El Salto, Tlaquepaque, Tonalá, Tlajomulco de Zúñiga e Ixtlahuacán del Río.

Xalisco é a cuarta entidade federativa máis poboada de México, e o cuarto estado máis desenvolvido en canto a actividades económicas, industriais, comerciais e culturais por debaixo de México Distrito Federal, Nuevo León e Baixa California.

O topónimo Xalisco identifícase co nome náhuatl de Xālīxco (cfr. náhuatl actual Xālli (area), īxtli (cara), e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "sobre a superficie da area".[6]

Os primeiros achados arqueolóxicos en Xalisco teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e á recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres.

Cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México e deron lugar a sociedades militaristas ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.

No occidente de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV. Os nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias como os caxcanes, tecos e tepehuanos (fillos dunha familia chamada uto-aztecana).

Durante a época colonial formou parte da rexión administrativa e política da Nova Galicia. Ao conquistar México a súa independencia de España, cambiouse o seu nome polo de Estado libre y soberano de Jalisco. En 1867 o Presidente Benito Juárez separou o territorio de Nayar. Anos despois este territorio constituíuse como o estado de Nayarit.

Imaxe de Porto Vallarta, Xalisco.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación no Estado de Xalisco era de 6.753.113 habitantes en 2005, dos cales na zona Metropolitana de Guadalaxara vivían 4.000.000 segundo o INEGI do ano 2000.

A taxa de crecemento de poboación xeral para Xalisco foi de 1,8% no período 2000-2005, e estimouse que a poboación economicamente activa era de 1.756.501 persoas en 2002.[7]

  1. Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.
  2. Ver entrada de «tequila». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2024. ISBN 9788482893600. 
  3. Enciclopedia de los municipios y delegaciones de México. Estado de Jalisco. Arquivado 25 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. "Resumen". Cuentame INEGI. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 
  5. Información por entidad (en castelán)
  6. Información por entidad. Superficie (en castelán)
  7. Consejo Nacional de Población (CONAPO) 2002.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.