O Museo Americano de Historia Natural,[1] en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca.
As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.[2]
Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano,[3] e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.[4]
O museo foi fundado en 1869. A fundación do museo realizou o soño do naturalista Albert S. Bickmore, alumno do zoólogo de HarvardLouis Agassiz, que meteu presión incansabelmente durante anos para o establecemento dun museo de historia natural en Nova York. A súa proposta, respaldada por poderosos patrocinadores, ganou o apoio do gobernador do estado de Nova York, John Thompson Hoffman, que asinou un proxecto de lei creando oficialmente o Museo Americano de Historia Natural o 6 de abril de 1869.
En 1909, científicos do museo realizaron unha reconstrución da mandíbula dun tiburón, pero os expertos modernos demostraron que era demasiado grande e que estaba baseada en presuncións incorrectas.[7]
O Museo Americano de Historia Natural é o principal escenario da comedia estadounidense Night at the Museum (protagonizada por Ben Stiller), así como o da súa secuela Night at the Museum: Battle of the Smithsonian. O museo tamén é o escenario habitual nas novelas de Douglas Preston e Lincoln Child.
↑Sala, Ángel (2005). "I. Bases fácticas y artísticas para una idea". En M. Tangir, Osvaldo. Tiburón ¡Vas a necesitar un barco más grande! El filme que cambió Hollywood. Hombres y tiburones: de la leyenda al estudio científico (2005 ed.). Barcelona, España: Círculo Latino, Sociedad Limitada. p.9. ISBN8496129721.|data-acceso= require |url= (Axuda)