Saltar ao contido

Transbordador espacial Endeavour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Transbordador espacial Endeavour
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Operador/a
 Colección
Produción
 Fabricante
Dimensión
Duración25.586.287 s Editar o valor en Wikidata
Altura17,86 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude37,237 m Editar o valor en Wikidata
Masa78.000 kg e 70.329,5 kg Editar o valor en Wikidata
Envergadura23,79 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Primeiro voo
7 de maio de 1992 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
docking (en) Traducir (Mir)
docking (en) Traducir (Estación Espacial Internacional)
deployment (en) Traducirsatélite artificial
31 de xullo de 1987adxudicación de contratos
28 de setembro de 1987construción (Planta 42 da Força Aérea dos Estados Unidos (pt) Traducir)
25 de abril de 1991lanzamento
7 de maio de 1991entrega ao cliente (Centro Espacial John F. Kennedy)
7 de maio de 1992primeiro voo
16 de maio de 2011ultimo voo
30 de outubro de 2012exposição permanente (pt) Traducir (California Science Center (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Lugar de creación
 Colección
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/06_v4 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O transbordador espacial Endeavour, designación OV-105 (OV de Orbital Vehicle) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Foi o quinto e último transbordador da frota, construído para substituír o Challenger, destruído en 1986, e fixo 25 misións nos seus 20 anos de servizo. Fixo a súa última aterraxe o 21 de setembro de 2012, ó regreso da misión STS-133.[1][2]

Endeavour foi nomeado polo primeiro buque comandado por James Cook. Puido ser construído grazas a que, durante a construción dos transbordadores Discovery e Atlantis, a NASA encargou pezas de substitución para facilitar a reparación en caso de dano, entre elas partes da fuselaxe anterior, posterior e media e o temón. Eventualmente estas pezas, xunto con outras novas, serían usadas para ensamblar o Endeavour como substitución do Challenger. O Endeavour foi deseñado para mellorar as súas capacidades con respecto dos transbordadores previos, sendo máis lixeiro, usando por primeira vez un paracaídas durante a aterraxe para frear antes, levando equipamento para estender as súas misións no espazo, con aviónica nova a bordo e outras melloras.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Tripulación máxima: 8
  • Lonxitude: 37,24 m
  • Envergadura: 23,79 m
  • Carga útil: 24.990 kg
  • Impulso: 53,37 kN
  • Masa cheo: 116.277 kg
  • Masa baleiro: 103.865 kg
  • Impulso específico: 316 s
  • Tempo máxima en órbita: 30 días
  • Volume habitable: 71,5 m3
O transbordador Endeavour engalando.
  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "Endeavour" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]