Burj Khalifa
Burj Khalifa | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | rañaceos, atracción turística e punto de referencia ![]() | |||
Epónimo | Khalifa bin Said bin Sultan Al-Nahian ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Estilo | arquitectura high-tech e neo-futurismo (pt) ![]() ![]() | |||
Inspirado en | Grande Mesquita de Samarra (pt) ![]() ![]() | |||
Material usado | formigón armado, aceiro, aluminio e vidro ![]() | |||
Custo | 1.500.000.000 $ ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Emaar Properties (en) ![]() ![]() | |||
Arquitecto/a | Aduan Smithy, Marshall Strabala (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 2010 ![]() | |||
Inauguración | 4 de xaneiro de 2010 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
6 de xaneiro de 2004 – 2 de decembro de 2009 | construción ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 828 m, 829,8 m e 584,5 m ![]() | |||
Pisos sobre o solo | 163 ![]() | |||
Pisos subterráneos | 1 ![]() | |||
Superficie | 344.000 m² ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Emiratos Árabes Unidos | |||
Emirato | Dubai | |||
Cidade | Dubai ![]() | |||
Enderezo | 1 Sheikh Mohammed bin Rashid Boulevard e 1 بوليفارد الشيخ محمد بن راشد ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | burjkhalifa.ae ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Burj Khalifa (en árabe, برج خليفة) é un rañaceos da cidade de Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos. Con 828 metros de altura, é dende 2010 a construción máis alta realizada polo ser humano.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]A súa construción comezou o 21 de setembro de 2004 e a súa inauguración oficial foi o 4 de xaneiro de 2010. O arquitecto redactor principal do proxecto foi Adrian Smith, que traballou xunto á firma Skidmore, Owings and Merrill (SOM) de Chicago ata 2006. A construción do Burj Khalifa contou cun orzamento estimado de máis de 4.000 millóns de dólares, que se incrementou ata os 20.000 millóns para o desenvolvemento completo do Downtown Burj Khalifa. Parte do custo do edificio foi financiado pola familia do emir Mohammed bin Rashid Al Maktoum, entre os que destaca o seu sobriño Fuad bin Rashid Al Maktoum de tan só 20 anos, que financiou 25 millóns de dólares do proxecto.
O 21 de xullo de 2007 o Burj Dubai superou ó que era ata entón o edificio máis alto do mundo, o Taipei 101 de 509 metros. O 17 de xaneiro de 2009 o edificio acadou a súa altura máxima, 828 metros.
Localización
[editar | editar a fonte]O edificio forma parte dunha zona en desenvolvemento de 2 km² chamada Downtown Burj Dubai nas proximidades do distrito de negocios de Dubai, onde tamén está o Burj al-Arab. O presuposto da obra é de 4 mil millóns de dólares para o rañaceos e 20 mil millóns para todo o centro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Burj Khalifa en Street View: así es la vista desde el edificio más alto del mundo". Hipertextual (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Burj Khalifa ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)