World Trade Center 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «WTC 7»)
World Trade Center 7
O novo World Trade Center 7 dende o sueste (2008)
Edificio
Enderezo250 Greenwich Street
LocalizaciónManhattan, Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Coordenadas40°42′48″N 74°00′43″O / 40.7133, -74.012Coordenadas: 40°42′48″N 74°00′43″O / 40.7133, -74.012
Uso(s)Oficinas
Construción
Inicio7 de maio de 2002
Remate2006
Dimensións
Altura226 m[1]
Superficie156.181 m2
Altura da última planta207 m
Plantas52[2][3][4]
Número de ascensores29
Equipo
Arquitecto(s)David Childs (SOM)
Enxeñeiro estruturalWSP Cantor Seinuk
PromotorSilverstein Properties
editar datos en Wikidata ]

O World Trade Center 7, ou WTC 7,[5] é un edificio de Nova York situado no complexo do World Trade Center, no Baixo Manhattan. O nome 7 World Trade Center refírese a dous edificios: a estrutura orixinal, completada en 1987 e destruída o 11 de setembro de 2001, e a estrutura actual, inaugurada en 2006. Os dous edificios construíunos Larry Silverstein, arrendatario do soar, que é propiedade da Autoridade Portuaria de Nova York e Nova Jersey.

O WTC 7 orixinal, de planta trapezoidal e con fachada de granito vermello, tiña unha altura de corenta e sete pisos. Un paso elevado de peóns conectaba o edificio coa praza do World Trade Center. O WTC 7 construíuse sobre unha subestación de enerxía da Consolidated Edison (Con Ed), o cal implicou unha xeira de restriccións infrecuentes no deseño da súa estrutura. Cando finalmente se inaugurou en 1987, Silverstein tivo dificultades para atraer alugueiros. En 1998, Salomon Brothers asinou un alugamento a longo prazo, e converteuse no principal arrendatario do edificio. O 11 de setembro de 2001, o edificio quedou danado polo derrubamento das Torres Xemelgas, e a súa integridade estrutural ficou comprometida polos lumes que se declararon ese mesmo día. O WTC 7 orixinal derrubouse ás 17:20 do 11 de setembro a causa do efecto combinado dos dous factores.

A construción do novo WTC 7 comezou no ano 2002 e rematou no 2006. Ten cincuenta e dúas plantas de altura e continúa sobre a subestación eléctrica de Con Ed, pero agora ocupa unha superficie que ocupaba o edificio orixinal para non interromper o paso de Greenwich Street, que vai de TriBeCa («Triangle Below Canal Street») até Battery Park atravesando a zona do World Trade Center; no espazo que antigamente ocupaba o WTC 7 hoxe tamén hai un pequeno parque. O novo edificio está limitado polas rúas de Greenwich, Vesey, Washington e Barclay. O deseño actual do WTC 7 pon máis énfase na seguridade, cun núcleo de formigón armado, escaleiras máis amplas e uns alicerces de aceiro máis resistentes ó lume.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Council on Tall Buildings and Urban Habitat (ed.). "7 World Trade Center - The Skyscraper Center". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2014. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  2. 7 World Trade Center, Skidmore, Owings & Merrill
  3. Building Tenants, Silverstein Properties
  4. World Trade Center Tour Arquivado 29 de outubro de 2016 en Wayback Machine., Council on Tall Buildings and Urban Habitat (CTBUH)
  5. "Emprego das siglas WTC". 07-10-2005. Arquivado dende o orixinal o 19-12-2005. Consultado o 30.3.2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]