María del Pilar de Torres Luna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
María del Pilar de Torres Luna
Nome completo María del Pilar de Torres Luna
Nacemento 28 de outubro de 1937
  Bayarque
Nacionalidade España
Educada en Universidade de Zaragoza e Universidade de Navarra
Ocupación catedrática e investigadora
editar datos en Wikidata ]

María del Pilar de Torres Luna, nada en Bayarque (Almería) o 28 de outubro de 1937, é unha xeógrafa e profesora española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza (1961) e doutora en Xeografía pola Universidade de Navarra (1967). En 1968 foi profesora da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1981 é catedrática de Xeografía de España nesta universidade. As súas liñas de investigación son a xeografía rexional do mundo, a xeografía de Galicia, a xeografía social e das relixións e a xeografía dos asentamentos humanos. É membro do comité científico de varias revistas (Estudios Migratorios, Nimbus e A Estrada) e socia da Real Sociedade Xeográfica de España. En 1981 recibiu o premio á mellor investigadora catedrática da universidade de Deputación de Pontevedra.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Navarra húmeda del noroeste. Estudio geográfico de la ganadería, 1971.
  • Un modelo de encuesta rural para Galicia, 1981.
  • A montaña galega. O home e o medio, 1993.
  • Parroquias y arciprestazgos de Galicia, 1994.
  • Geografía de Galicia, 2000-2002.
  • Estudio geográfico del Atlas de Lázaro Luis del año 1563. Códice de la Academia das Ciencias de Lisboa, 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]