Conversa usuario:Mmaneiros

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Editei a páxina de Tomás Batuecas dentro da xornada do Editatón de Lugo. Desgrazadamente o traballo non puido ser presencial.--Mmaneiros (conversa) 8 de novembro de 2014 ás 17:34 (UTC)[responder]

Editar artigos[editar a fonte]

Ola Mmaneiros! Benvido á Galipedia! Unhas recomendacións para editar nos artigos:

  • Non é necesario que nos títulos das seccións poñas os títulos en negras, xa se destacan sen necesidade de facelo.
  • Non inclúas ligazóns a páxinas web no corpo dos artigos, se queres engadir algunha podes poñer unha sección "véxase tamén" e dentro desta outra chamada "ligazóns externas" (podes velo no artigo de Carlos Pajares, por exemplo)

Aquí podes ver as modificacións que fixen no teu artigo sobre Tomás Batuecas Marugán para ver ao que me refiro.

Finalmente debes engadir algunha categoría no artigo (neste caso por exemplo poderías engadir a Categoría:Químicos de España.

Grazas polas túas aportacións! Se tes calquer pregunta non dubides en escribirme na miña páxina de conversa. Un saúdo!! Piquito (conversa) 8 de novembro de 2014 ás 18:18 (UTC)[responder]