Calculadora
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
Definición
[editar | editar a fonte]Unha calculadora é unha dispositivo que se emprega para realizar cálculos aritméticos.
Aínda que as calculadoras modernas incorporan a miúdo un ordenador de propósito xeral, deséñanse para realizar certas operacións máis que para ser flexíbeis. Por exemplo, existen calculadoras gráficas especializadas en campos matemáticos gráficos como a trigonometría e a estatística. Tamén adoitan ser máis portátiles que a maioría dos computadores, se ben algunhas PDAs teñen tamaños semellantes ós modelos típicos de calculadora.
No pasado, empregábanse como apoio ó traballo numérico ábacos, comptómetros, ábacos neperianos, táboas matemáticas, regras de cálculo e máquinas de sumar. O termo «calculador» úsase para facer referencia á persoa que exercía este traballo, axudándose tamén de papel e lapis. Este proceso de cálculo semimanual era tedioso e proclive a erros. Actualmente, as calculadoras son electrónicas e son fabricadas por numerosas empresas en tamaños e formas variados. Pódense atopar dende modelos moi baratos do tamaño dunha tarxeta de crédito ata outros máis custosos cunha impresora incorporada.
Unha das primeiras calculadoras mecánicas é o mecanismo de Anticitera.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes da calculadora foron os ábacos, normalmente construídos de madeira e cordas deslizantes con arames. Foron empregados antes da adopción dos numerais árabes e hoxe en día seguen sendo empregados por mercadores e oficinistas de distintas partes do mundo.
No 1622 William Oughtred inventou a regra de cálculo, sendo revelada polo seu alumno Richard Delamain no 1630 e Wilhelm Shickard construíu a primeira calculadora automática. A primeira máquina sumadora foi unha estrutura mecánica inventada no 1642 por Blaise Pascal e só servía para sumar e restar. Estaba formada por rodas cos seus bordos mascados, cando a dereita que representaba as unidades daba unha volta completa engrenaba coa que estaba á súa esquerda que constituía as unidades e adiantaba unha moca. Patentou o seu produto no 1649, aínda que supuxo un fracaso comercial debido ao seu elevado custo.
Anos máis tarde no 1693 o alemán Gotfried Whilelm Leibniz (1646-1716) deseñou unha nova calculadora con mellores prestacións que a anterior, xa que a maiores podía multiplicar e dividir.
En 1865, tras unha breve estancia en Porto Rico, Ramón Verea transladouse a Nova York, onde traballou como tradutor. Alí, creou a "Agencia industrial para la compra de maquinaria y efectos de moderna invención" e enxeñou a súa máquina de calcular: a Verea Direct Multiplier, primeira que realizaba multiplicacións de forma directa, en vez de empregar múltiples voltas de manivela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calculadora |