Jesús Andreu Lázaro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 |
Morte | 2 de novembro de 1962 (79/80 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro agrónomo |
Jesús Andreu Lázaro, finado en Madrid o 2 de novembro de 1962[1], foi un enxeñeiro agrónomo español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro agrónomo. Destinado a Lleida en 1908. Cara 1910 foi axudante do Servizo Agronómico Provincial de Pontevedra e ao pouco tempo pasou a xefe do mesmo Servizo, no que permaneceu até 1925. Iniciou programas de mellora gandeira, do vacún e do porcino en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A memoria elaborada polo Servizo Agronómico Provincial para o comité de mellora pecuaria da Deputación foi a orixe do seu opúsculo La mejora de la ganadería. En 1927 publicou Sobre la mejora del ganado bovino en relación coa mellora xenética. Colaborou en Agricultura Práctica e publicou artigos de divulgación en El Pueblo Gallego.
Puxo en práctica un programa para a mellora xenérica do porcino, baseado no cruzamento xeneralizado da raza do país coa Large-White. Considera ao porco como o animal máis importante da economía labrega xa que a relación entre o que produce e o que gasta é favorable ao produtor. Mide a cantidade idónea de alimentos que o animal debía inxerir para establecer unha relación adecuada entre peso e tempo de mantenza. Tamén establece a relación entre alimentación e patoloxías do porco. Aplica a mesma experimentación ao gando bovino, establecendo unha relación entre a alimentación dos animais e a carne que produce.
En 1925 pasou a ocupar un cargo na Dirección xeral de Agricultura do Ministerio de Fomento[2], en 1933 foi nomeado enxeñeiro xefe do corpo de enxeñeiros agrónomos do Ministerio[3]. Apoiou ao asentamento da Misión Biolóxica de Galicia en Salcedo, animando á Deputación de Pontevedra. Mantivo unha colaboración fluída con Cruz Gallástegui. Mentres estivo en Pontevedra, traballou nos diferentes proxectos da Misión e colaborou no Boletín do Sindicato de Productores de Semillas. Desde o ministerio procurou apoio orzamentario para a Misión e os seus proxectos. No franquismo foi presidente do Consello Superior Agronómico.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Pontevedra con Carmen Peón Carrera en 1922[4]. Carmén Peón era mestra, foi tamén enfermeira, e despois aprobou as oposicións a contador do Estado, obtendo un posto na delegación de Facenda de Pontevedra[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Diario de Pontevedra, 29-10-1925, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-12-1933, p. 2.
- ↑ Diario de Pontevedra, 16-6-1922, p. 2.
- ↑ "Hacienda hace mudanza" Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernández Prieto, Lourenzo (2012): “Jesús Andreu Lázaro”, no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- "Jesús Andreu Lázaro". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.