Florence Nightingale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Florence Nightingale
Florence Nightingale (H Hering NPG x82368).jpg
AlcumeThe Lady with the Lamp
Nacemento12 de maio de 1820
 Florencia
Falecemento13 de agosto de 1910
 Londres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónIgrexa Anglicana
Ocupaciónenfermeira, estatístico, escritora, política e mestra
PaiWilliam Nightingale
NaiFrances Smith
IrmánsFrances Parthenope Verney
PremiosOrdem de Mérito, Fellow of the Royal Statistical Society e Real Cruz Vermelha
Florence Nightingale Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Florence Nightingale, nada o 12 de maio de 1820 en Florencia e finada o 13 de agosto de 1910 en Londres, foi unha enfermeira británica famosa por ser a pioneira no tratamento a feridos de guerra, durante a Guerra de Crimea. Tamén contribuíu no campo da estatística, especialmente na creación de sistemas de representación gráfica como o gráfico sectorial (comunmente coñecido como diagrama polar ou Rosa Nightingale).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia, rica e ben relacionada, vivía en Florencia, en Italia.[1] Por iso, Florence recibiu o nome en inglés da cidade en que naceu, como a súa irmá máis vella Parthenope nacida en Partenope. Recibiu unha importante formación en humanidades e tamén en matemáticas, aritmética, álxebra, xeometría (o que non resultaba usual no seu tempo) nun primeiro momento dedicase a ensinar estas disciplinas a nenos. Moza brillante e impetuosa, rebelouse contra o papel convencional para as mulleres do seu status, que sería o dunha esposa exemplar, e decidiu dedicarse á enfermaría.[2]

Enfermería[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, o papel de enfermeira era exercido por mulleres axudantes en hospitais ou acompañando exércitos. Florence Nightingale estaba particularmente preocupada coas condicións de tratamento médico dos máis pobres e indixentes. Ela anunciou a súa decisión á súa familia en 1845, provocando rabia e ruptura, particularmente da súa nai.

Aparentemente, Florence sufría de esquizofrenia.[Cómpre referencia] En decembro de 1844, en resposta á morte dun mendigo nunha enfermaría en Londres, que rematou nun escándalo público, ela foi a principal defensora de mellorías no tratamento médico. Inmediatamente, obtivo o apoio de Charles Villiers, presidente do Poor Law Board (Comité de Lei para os Pobres). Isto a levou a ter un papel activo na reforma das Leis dos Pobres, estendendo o papel do Estado máis alén do fornecemento dos tratamentos médicos.

En 1850, visitou en Kaiserwerth ( Düsseldorf) un hospital pioneiro, fundado e dirixido polo pastor Theodor Fliedner, no que prestaban os coidados de enfermaría as Diaconisas de Kaiserwerth, formadas na propia escola do hospital. Nightingale quedou impresionada pola calidade do tratamento médico e polo compromiso e prácticas das diaconisas.[2]

En 1853, asume o cargo de Superintendente no Instituto para o Coidado de Señoras Enfermas en Londres.

Teórica[editar | editar a fonte]

Conseguiu que se reformasen os coidados médicos militares británicos. No ano 1860 funda a primeira Escola de Enfermaría laica, no Saint Thomas Hospital de Londres.[3]

Considerada coma unha das pioneiras da enfermaría moderna, acadou o nivel de profesional. Loitou por fundamentar os coidados en evidencias científicas e por afianzar o corpo de coñecementos dos profesionais da saúde. Creadora do primeiro modelo conceptual da enfermaría. Modelo naturista. Considerase a primeira teórica a partir da que se fundamenta a enfermaría como disciplina académica.

Escritora[editar | editar a fonte]

Ditou conferencias e realizou diversos escritos, os máis coñecidos: Notas sobre enfermería. Que é e que non é? en 1859. Notas sobre Hospital. 1859. Notas en cuestións que afectan a Saúde, a Eficiencia e a Administración Hospitalaria do Exército Británico. Suxestións para pensar para os buscadores das verdades relixiosas. 1860.

Guerra de Crimea[editar | editar a fonte]

A contribución máis famosa de Florence foi durante a Guerra de Crimea, que se tornou o seu principal foco cando os relatos da guerra comezaran a chegar a Inglaterra contando sobre as condicións horríbeis para os feridos. En outubro de 1854, Florence cun equipo de 38 enfermeiras voluntarias educadas por ela, inclusive a súa tía Mai Smith, partiron para Crimea.[3] Faise cargo da organización do hospital de Scutari, mellorando as condicións das instalacións, no que se refire ó amoreamento dos soldados feridos, falta de ventilación, deficientes desaugadoiros e outras cuestións de hixiene e máis da deficiente alimentación que se estaban a dar.

Regreso a Inglaterra[editar | editar a fonte]

Florence Nightingale volveu para Inglaterra como unha heroína en agosto de 1857 e, de acordo coa BBC, era probabelmente a persoa máis famosa da Era Vitoriana alén da propia Raíña Vitoria.

En 1883, a Raíña Vitoria concedeu a Florence Nightingale a Cruz Vermella Real e en 1907 converteuse na primeira muller en acadar a Orde do Mérito.[4]

Estatística[editar | editar a fonte]

Diagrama polar ou Rosa de Nightingale.

Dende moi nova salienta en matemáticas. Aplicou os seus coñecementos estatísticos á epidemioloxía e á estatística sanitaria. Foi innovadora na recolleita, tabulación, interpretación e representación das estatísticas descritivas. Demostrou de xeito práctico que a estatística ofrece un marco de organización para controlar e aprender coa finalidade última de mellorar a praxe médica e maila cirúrxica. Desenvolveu unha Fórmula Modelo de Estatística Hospitalaria, coa finalidade de que nos hospitais se xerasen e recollesen datos e se elaborasen estatísticas consistentes. Idea unha representación gráfica coñecida como diagrama de área polar o Rosa de Nightingale.[5]

O diagrama de área polar empregouno para representar o número de mortes durante a Guerra de Crimea (1853-1856). Consiste nun círculo dividido en sectores co mesmo ángulo.

Cada sector ten diferente radio en función da casuística. Dentro dun mesmo sector pódense representar varios datos. No gráfico que vemos a dereita da imaxe representa o número de éxitus: nas áreas azuis, os finados por enfermidade infecciosas; nas vermellas, os mortos por feridas; nas negras, os que pasaron por outras causas.

Recoñecemento científico[editar | editar a fonte]

O mundo científico realizoulle varios recoñecementos entre os máis salientables encontramos os seguintes: Primeira muller admitida na Royal Statistical Society Británica en 1860. Membro honorario da American Statistical Association 1874. Recibiu a Cruz vermella do Mérito. A Orde do Mérito Británico.

Dende o ano 1974 celébrase o Día Internacional da Enfermería, promovido polo Consello Internacional de Enfermaría, celébrase cada 12 de maio, para conmemorar o seu nacemento.

A súa memoria continuaba viva cen anos despois do seu pasamento.

Loitadora nata[editar | editar a fonte]

Florence Nightingale en 1910.

A súa figura aínda, cen anos despois, resultaba moi controvertida. Sendo unha muller vitoriana convencida loitou por librarse do estereotipo do rol feminino. Tamén estivo contra a imaxe caritativa asociada ás coidadoras, tendo sempre presente o carácter humano dos coidados. Defendendo así unha profesión emerxente.

Se ben é certo que non é unha feminista, temos que enmarcala dentro do contexto social no que se desenvolveu, si contribuíu á causa da emancipación da muller.

Non inventa a enfermaría como profesión, pero o seu traballo, si resulta ser un punto de inflexión na profesionalización da enfermaría moderna e mesmo coloca os primeiros alicerces na consideración dos coidados como unha disciplina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Florence Nightingale: Her Birthplace". www.countryjoe.com. Consultado o 2021-05-12. 
  2. 2,0 2,1 "Attewell, Alex (marzo de 1998). «Florence Nightingale (1820-1910)». Perspectivas: revista trimestral de educación comparada (UNESCO: Oficina Internacional de Educación) XXVIII (1): 173-189" (PDF). Wayback Machine. 2012-01-17. Consultado o 2021-05-12. 
  3. 3,0 3,1 "King's College London - History". web.archive.org. 2013-02-24. Consultado o 2021-05-12. 
  4. "Florence Nightingale The final years". web.archive.org. 2011-10-08. Consultado o 2021-05-12. 
  5. "Brasseur, Lee (2005). «Florence Nightingale’s Visual Rhetoric in the Rose Diagrams» (pdf) (en inglés). Illinois State University." (PDF). web.archive.org. 2012-08-16. Consultado o 2021-05-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nigthingale, Florence. Notes on nursing : what it is, and what it is not. Londres : Harrison, 1859.
  • Pollard, Eliza F. Florence Nigthingale: La amiga del soldado herido. [Bilbao] : Colegio de Enfermería de Bizkaia, Academia de Ciencias de Enfermería de Bizkaia, 2011. (aparentemente inédito)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]