Volta a Cataluña 2017
A 97ª edición da Volta a Cataluña disputouse en Cataluña entre o 20 e o 26 de marzo de 2017. Foi a novena proba do UCI WorldTour 2017. Deu comezo na vila de Calella da mesma maneira que o fixera na edición 2016 e acabou no clásico circuíto que se realiza en Montjuïc, Barcelona.
A carreira venceuna por segunda ocasión na súa carreira deportiva o murciano do Movistar Team, Alejandro Valverde. Nunha volta épica, o exitoso ciclista español venceu na clasificación da montaña, quedou segundo nunha etapa ao sprint e gañou outras 4: 2 de montaña con final en alto, a final ao sprint e unha contra o reloxo por equipos, que posteriormente lles quitaron e penalizaron con 1 minuto por un presunto empuxón entre corredores de equipo. Aínda con esta penalización dun minuto quitoulle outro ao segundo clasificado, Alberto Contador. Detrás súa rematou a xove promesa catalá e compañeiro de equipo do murciano Marc Soler que venceu na clasificación dos xoves e dos cataláns.
En canto ao resto das clasificacións secundarias, o francés Pierre Rolland levou a das metas volantes e o Movistar Team a dos equipos.
Equipos
[editar | editar a fonte]Nesta proba tomaron parte 25 conxuntos distintos con 8 corredores: os 18 do UCI WorldTour (de participación obrigada), máis 7 convidados de categoría Profesional Continental, dos cales o Team Manzana Postobón e o Soul Brasil Pro Cycling se estreaban nunha carreira da categoría WorldTour.
Etapas
[editar | editar a fonte]| Etapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
| 1.ª | 20 de marzo | Calella-Calella |
178,9 | ||
| 2.ª | 21 de marzo | Banyoles-Banyoles |
41,3 (CRE) | ||
| 3.ª | 22 de marzo | Mataró-La Molina |
188,3 | ||
| 4.ª | 23 de marzo | La Seu d'Urgell-Igualada 2 | 136,1 | ||
| 5.ª | 24 de marzo | Valls-Lo Port |
182 | ||
| 6.ª | 25 de marzo | Tortosa-Reus |
189,7 | ||
| 7.ª | 26 de marzo | Barcelona-Barcelona | 138,7 | ||
| Total | 1.055 | ||||
|---|---|---|---|---|---|
1Estes foron os premiados da etapa, logo da sanción de 1 minuto imposta ao Movistar Team
2A etapa 4 foi acurtada dende os 194,3 km planeados debido ao mal tempo
Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa os dez mellores clasificados da xeral á fin da carreira:
| Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| Movistar Team | 25h 27' 15" | ||
| 2 | Trek-Segafredo | + 1' 03" | |
| 3 | Movistar Team | + 1' 16" | |
| 4 | Orica-Scott | + 1' 31" | |
| 5 | BMC Racing Team | + 1' 34" | |
| 6 | Quick-Step Floors | + 2' 29" | |
| 7 | Team LottoNL-Jumbo | + 2' 56" | |
| 8 | Orica-Scott | + 3' 00" | |
| 9 | Team LottoNL-Jumbo | + 3' 01" | |
| 10 | AG2R La Mondiale | + 3' 05" |
Outras clasificacións
[editar | editar a fonte]Clasificación da montaña
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
|---|---|---|---|
| Movistar | 105 | ||
| 2 | Sky | 50 | |
| 3 | Movistar | 49 |
Clasificación das metas voantes
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
|---|---|---|---|
| Cannondale | 13 | ||
| 2 | Quick-Step | 5 | |
| 3 | Lotto | 3 |
Clasificación dos xoves
[editar | editar a fonte]| Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
|---|---|---|---|
| Movistar | 30h 51' 20" | ||
| 2 | Orica | + 15" | |
| 3 | Orica | + 1' 44" |
Clasificación por equipos
[editar | editar a fonte]| Pos. | Equipo | Tempo |
|---|---|---|
| 76h 29' 25" | ||
| 2 | + 13' 28" | |
| 3 | + 16' 27" |