La Molina, Xirona
La Molina é unha entidade de poboación do municipio de Alp, na provincia de Xirona. Atópase á saída do túnel ferroviario de Toses, xunto á cabeceira do río de Alp, a unha altitude de entre 1.400 e 1.700 metros sobre o nivel do mar. En 2005 tiña unha poboación de 424 habitantes.
A localidade naceu grazas aos precursores da práctica de deportes de inverno e creceu ao redor da estación de esquí de La Molina, na que ademais de practicarse actividades como esquí, snowboard e outras relacionadas coa neve, tamén pódense pasar unhas vacacións de verán na montaña. A neve que cobre a paisaxe boa parte do ano é o principal recurso económico, comportando unha afluencia importante de turistas durante o inverno.
La Molina está formada por dous núcleos principais. O primeiro, coñecido como L'Estació, atópase a 1.500 metros de altitude xunto á estación de tren da liña que une Ripoll e Puigcerdà. Trátase dunha zona residencial sen instalacións para o esquí. O outro núcleo é a urbanización Super Molina, formada por apartamentos, hoteis e comercios. Atópase na cota 1.700, onde comezan as pistas e remontadores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do concello de Alp
- Sitio web da estación de esquí Arquivado 04 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.