Encoro da Castellana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°10′47.72″N 8°0′42.99″O / 43.1799222, -8.0119417

Encoro da Castellana
Encoro da Castelhana (3).jpg
Localización administrativa
EstadoEspaña
DivisiónGaliza Galiza
Localización xeográfica
ContinenteEuropa
CuncaGaliza-Costa
Características
Capacidade90.000 m³
Outros datos
ProvinciaA Coruña
ConcellosAranga e Curtis
ParroquiasVilarraso e Curtis
Tipo e usoPantano artificial
Produción de enerxía hidroeléctrica
Mapa
Encoro da Castellana
La Coruña-loc.svg

O encoro da Castellana áchase no curso alto do río Mandeo, entre as parroquias de Vilarraso e Curtis, dos concellos de Aranga e Curtis, na provincia da Coruña, asolagando tamén terras da parroquia de Foxado (Curtis).[1] Próximo ó lugar da Castellana (Vilarraso), foi construído para aproveitamento hidroeléctrico.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A súa capacidade é duns 90.000 . De estrutura recta e perfil de gravidade, posúe 7,5 metros de alto e 20 de longo. A auga é canalizada até a cámara de carga, que a descarga na minicentral mediante tres tubos de formigón armado de 37 m de lonxitude.[2] Non posúe dispositivo ningún para o remonte dos peixes e ten estabelecido un caudal ecolóxico de 0,85 m³/s durante todo o ano.[3] Nas augas represadas, cuxas ribeiras conforman un bosque de bidueiros e amieiros, pódense observar diferentes aves acuáticas como o lavanco e o mergullón pequeno durante todo o ano, mentres durante as épocas de invernada a cerceta, a garza real, o corvo mariño real e a narcexa. Entre as especies ictiolóxicas destaca a reñosa.[4]

O encoro comezou a funcionar en 1944[5] e foi o 13 de agosto de 1945 cando o Ministerio de Obras Públicas autorizou a derivación dun caudal de 1,5 m³/s para a produción de electricidade.[2] Estivo en funcionamento até 1970, xerando enerxía para lugares próximos como Teixeiro, Vilardois, Vilarraso, A Reborica e Estraviz.[5]

Entrou de novo en funcionamento en 1991.[6] Orixinalmente concedida a Fenosa, foi xestionada por Minicentrales M.N., o que fixo que a asociación de pesca Río Mandeo denunciase a compañía por captación ilícita de auga e delito ecolóxico. Tamén denunciou o escaso caudal ecolóxico, que non atinxía os 0,05 m³/s.[7]

Posteriormente, a empresa Navarro Generación levou a explotación do encoro.[6][a] O grupo Eufer, alianza de Enel e Unión Fenosa, e disolvido en 2010, foi o titular da concesión cun caudal de 6 m³/s e unha potencia instalada de 1300 kW.[3][9]

O 4 de xullo de 1999, dous excursionistas morreron após a abertura das comportas da central e a subida repentina do caudal do río.[10] Doce anos despois, o xuízo contra os acusados, o monitor da excursión e os encargados da central, finalizou sen condena.[11]

En 2016 rematou a concesión hidráulica e entrouse nunha fase de información de compatibilidade co plan hidrolóxico da bacía.[12]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navarro Generación xurdiu como escisión da fusión de Minicentrales M.N. con outras empresas no ano 2000.[8]
Referencias
  1. "Santa María de Foxado". Concello de Curtis. 
  2. 2,0 2,1 García Roldán, Alberto (xaneiro de 2017). "Embalse de la Castellana, Curtis". Galicia Pueblo a Pueblo (en castelán). 
  3. 3,0 3,1 "Apéndice III.2 Características de las centrales hidroeléctricas" (PDF). Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa (Informe técnico). Plan Hidrológico (en castelán). Augas de Galicia. Xullo de 2010. pp. 159–160. 
  4. González Prieto, Serafín J. (31 de xaneiro de 2012). Alegacións, comentarios e suxestións á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 elaborada en 2011 e sometida a información pública (PDF) (Informe). Sociedade Galega de Historia Natural. p. 12. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Cabanas López, Fernando D. (2018). Territorio de Aranga (en castelán). p. 30. ISBN 978-84-09-07272-9. 
  6. 6,0 6,1 "Listaxe de minicentrais de Galiza (menos de 10 kW)" (PDF). Inega. p. 1. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  7. "A sociedade Río Mandeo esixe unha compensación social ás minicentrais denunciadas". La Voz de Galicia (A Coruña). 21 de outubro de 2006. 
  8. "El Consejo de Administración de la Comisión Nacional de Energía…" (PDF). Comisión Nacional de Enerxía de España (en castelán). 6 de novembro de 2000. 
  9. R. Cuba, Laura; Dobaño, Erik (21 de decembro de 2018). "O poder dos ríos para o pobo". adiante.gal. Compostela. 
  10. B. A. (30 de abril de 2010). "Arranca, once años después, el juicio por la muerte de dos deportistas en el río Mandeo". La Voz de Galicia (en castelán). 
  11. Barbadillo, A. (20 de xuño de 2011). "Cierran sin condena el proceso por la muerte de dos jóvenes en el Mandeo". Diario de Arousa (en castelán) (A Coruña). 
  12. Dobaño, Erik (16.outubro.2019). "Augas da Galiza non dá prazos para a reversión dos saltos de Ponte Inferno, Güimil, Castellana e Fervenzas". Nós Diario. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]