Vatslav Nizhinskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vatslav Nizhinskii
Nacemento12 de marzo de 1889[1][2]/1890[3]
Lugar de nacementoKíiv, Ucraína
Imperio Ruso Imperio Ruso
Falecemento8 de abril de 1950
Lugar de falecementoLondres, Inglaterra
Reino Unido Reino Unido
Causainsuficiencia renal
SoterradoCemiterio de Montmartre
NacionalidadeRuso
Alma máterVaganova Academy of Russian Ballet
OcupaciónBailarín e coreógrafo
CónxuxeRomola de Pulszky (1913)
FillosKyra Nijinsky
IrmánsBronislava Nijinska
PremiosOrdem das Palmas Académicas
Na rede
IMDB: nm1166661 Discogs: 2269255 WikiTree: Nijinsky-1 Find a Grave: 4346 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vatslav Fomich Nizhinskii[4] (transliterado do ruso: Вацлав Фомич Нижинский; en polaco: Wacław Niżyński), nado en Kíiv (Ucraína, Imperio Ruso) o 12 de marzo de 1889[1][2]/1890[3] e finado en Londres (Reino Unido) o 8 de abril de 1950, foi un bailarín de ballet e coreógrafo ruso de ascendencia polaca, considerado o mellor bailarín de principios do século XX.[3] Chegou a ser famoso polo seu virtuosismo e pola profundidade e intensidade das súas caracterización. Podía bailar en pointe, unha habilidade rara entre os bailaríns da época,[5] e a súa capacidade para realizar saltos que desafiaban á gravidade foi lendaria.

Primeiros anos e obra[editar | editar a fonte]

Naceu en Kíiv nunha familia de bailaríns polacos rusificada; a pesar do seu pobre coñecemento do polaco, considerábase a si mesmo un polaco.[Cómpre referencia] En 1900 uniuse á Escola do Ballet Imperial, onde estudou con Enrico Cecchetti, Nicholas Legat e Pável Gerdt. Aos 18 anos tiña papeis principais no Teatro Mariinski.

Un momento decisivo para Nizhinskii foi o seu encontro con Sergei Diagilev, un membro da elite de San Petersburgo e importante patrón das artes, que promovía a arte visual e musical de Rusia no estranxeiro, particularmente en París. Nizhinskii e Diagilev fixéronse amantes, e Diagilev comezou a involucrase en dirixir a carreira de Nizhinskii. En 1909 Diagilev levou unha compañía a París, con Nizhinskii e Anna Pavlova nos papeis estelares. O espectáculo tivo grande éxito e incrementou as reputacións tanto dos papeis estelares como de Diagilev nos círculos artísticos de Europa. Diagilev creou os Ballets Rusos nos seus inicios, e co coreógrafo Michel Fokine, fixo unha das compañías máis coñecidas do seu tempo.

O talento de Nizhinskii mostrouse en traballos de Fokine como Le Pavillon d'Armide (música de Nikolai Tcherepnin), Cleopatra (música de Anton Arensky e outros compositores rusos) e un divertimento A Festa. A súa execución dun pas de deux en A Bela Dormente do Bosque de (Chaikovski) tivo un éxito inmenso; en 1910 brillou en Giselle, e os ballets de Fokine O Entroido e Scheherazade (baseado na suite orquestral de Rimskii-Korsakov). A súa parella con Tamara Karsavina, tamén no Teatro Mariinski, foi lendaria.

Nizhinskii en Scheherazade ( circa 1912)

Entón Nizhinskii regresou ao Teatro Mariinski, pero pronto foi despedido como resultado dun escándalo e fíxose membro regular do grupo de Diagilev, cuxos proxectos se centraban ao redor del. Tivo papeis principais nas novas producións de Fokine O espectro da rosa de Weber e Petrushka de Igor Stravinskii.

Co apoio de Diagilev, Nizhinskii comezou a traballar como coreógrafo, influído polas euritmias de Émile Jaques-Dalcroze, creando tres ballets, A sesta dun fauno con música de Claude Debussy (1912), Jeux (1913), Till Eulenspiegels lustige Streiche (As alegres travesuras de Till Eulenspiegel), con música de Richard Strauss (1916) e Le Sacre du printemps (A consagración da primavera), con música de Igor Stravinskii (1913). Nizhinskii creou movementos revolucionarios nos seus espectáculos, afastándose dos movementos fluídos tradicionais do ballet entón dominante. Os seus movementos angulares radicais combinados con matices cargadamente sexuais causaron un escándalo no teatro dos Campos Elíseos cando se estreou Le Sacre du printemps en París, e se masturba co pano das ninfas en A sesta dun fauno (Albright, 2004).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Joan Acocella (14 de xaneiro de 1999). New York Review of Books, ed. "Secrets of Nijinsky". Consultado o 25 de novembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Acocella, Joan (2006). University of Illinois Press, ed. The Diary of Vaslav Nijinsky. ISBN 978-0-252-07362-5. Consultado o 25 de novembro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Encyclopedia.com, ed. (2004). "Vaslav Nijinsky". Encyclopedia of World Biography. 
  4. Tamén transliterado como Vaslav Nijinski.
  5. Albright 2004, p. 19

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]